232 [= RM 71,5]
Se soubess’ora mia senhor

Se soubess’ora mia senhor
que muit’a mí praz d’eu morrer
ante ca sa ira temer,
que ouvi, que sempre temi
máis ca morte des que a vi,
pesar-lh’-ia máis d’outra ren
d’eu morrer, pois a mí praz én.
Esto entend’eu do seu amor,
ca, des que a vi, vi-lh’aver
sempre pesar do meu prazer
e sempre sanha contra mí;
e por esto entend’eu assi:
que da morte, que m’ora ven,
pesar-lh’-á porque é meu ben.
Desto sõo ja sabedor
e ar prazer-mi-á de o saber:
[e] des que eu morte prender,
que[n] lhi sofrerá des ali
tantas coitas com’eu sofri?
Eu creo que lhi falra quen,
pero m’ela tev’en desden
des que a vi; e, se pavor
eu non ouvesse de viver
(o que Deus non leixe seer!),
diria quanto mal prendi
dela por ben que a servi,
e diria como errou o sén
contra mí, mais non mi conven.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


B 247

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 9-10 [= LPGP 466-467]); Littera (2016: I, 544).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 104-105); Machado & Machado (1950: II, 8-9); Rios Milhám (2018a: II, 232).

Variantes manuscritas


2 morrer] moirer B   7 morrer] moirer B   20 falra] falira B   27 errou] eirou B

Variantes editoriales


4 que ouvi] qual houvi Littera   8 Esto] Est(o) Nunes   12 esto] est(o) Nunes   16 prazer-mi-á] praz-mh Nunes : praz-mi Littera   17 [e] des que] des quando Nunes, Littera   18 que[n]] que Nunes; sofrerá] sofrerá Littera   24 o que ... non] ai ... non [o] Nunes   27 diria] de Nunes, Littera

Paráfrasis


(I) Se soubese agora a miña señora que moito me prace morrer eu antes que temer a súa ira, que (xa) sufrín, que sempre temín máis que a morte desde que a vin, pesaríalle máis que calquera outra cousa que eu morrese, porque iso me prace a min.

(II) Isto entendo eu do seu amor, porque, desde que a vin, vinlle sentir sempre pesar polo meu pracer e sempre (sentir) saña contra min; e por isto entendo eu así: que da morte que me agora vén lle ha pesar, porque é para o meu ben.

(III) Disto son xa coñecedor e tamén me pracerá sabelo: e desde que eu así reciba a morte, quen lle aturará desde entón tantas coitas como eu sufrín? Eu creo que lle faltará quen (o faga), aínda que ela me desdeñou (IV) desde que a vin; e se eu non tivese pavor de vivir –que Deus non deixe que isto aconteza!–, diría canto mal recibín dela polo ben que a servín, e diría como errou o xuízo contra min, mais non me convén.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8c 8d 8d (= RM 199:8)

Encontros vocálicos: 8 Estoentend(o); 12 estoentend(o); 16 -mi-‿á deo; 26-27 servi,/e

Notas


Texto
  • 15-21

    A emenda de <q̄> para quen no v. 181 , que sería facilmente explicábel por erro de copia, é clave para lle dar sentido á estrofa: ‘Estou seguro disto, e ademais gustarame sabelo: despois de eu morrer, quen lle vai aturar tantas coitas como eu aturei? Creo que lle vai faltar quen (o faga), aínda que ela a min me desdeñou...’.

  • 16

    Non existe xustificación ecdótica para a conversión do futuro prazerá, con pronome mesoclítico, nun presente praz, tal como os editores precedentes decidiron. Neste sentido, e contra a norma xeral de hiato da preposición de co pronome o/a cando se produce o encontro por mor da interpolación pronominal, feito moi frecuente no corpus trobadoresco, neste verso hai que considerar a sinalefa de‿o, necesaria para a contaxe octosilábica do verso.

  • 17

    Dun punto de vista ecdótico, resulta máis económico recuperar a copulativa inicial do verso antes que emendar que en quando (Nunes, Littera). Nesta posición é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).

  • 24

    Moi probabelmente, o erro de Nunes deriva da interpretación de <> como <j>, xa que o trazo da curva de <q> está case totalmente apagado no manuscrito, ao tempo que a escasa separación entre <o> e <> fai con que nunha primeira ollada se poida ler <a> con facilidade. Asemade, a lectura inicial de Nunes obriga o editor a suplementar o verso para conseguir a medida octosilábica.

  • 26-27

    A aparente hipermetría do perfecto verso transmitido por B, e diria como‿errou o sén, emendado por Nunes coa reconversión de diria na preposición de, resólvese mediante unha episinalefa servi,‿/‿e diria... Véxase nota a 4.4.

  1. ^

    Aínda que non é facilmente perceptíbel, parece que entre o <q> e o <l> o propio copista tentou introducir un pequeno <n>.

Buscar
    Sin resultados