223 [= RM 43,19]
Se vos eu amo máis que outra ren

Se vos eu amo máis que outra ren,
sennor fremosa que sempre servi,
rog’[eu] a Deus, que ten en poder mí
e vós, sennor, que me dé vosso ben,
e, se assi non éste, mia sennor,
no’me dé vosso ben nen voss’amor!
Se vos eu amo máis d’outra moller
nen ca outr’om’e máis ca min nen al,
rog’eu a Deus, que muito pod’e val,
que El me dé vosso ben se quiser,
e, se assi non éste, mia sennor,
n[o]’m[e dé vosso ben, nen voss’amor!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


A 123, B 238bis

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 252); Spampinato Beretta (1987: 112-113 [= LPGP 298]); Littera (2016: I, 322-323).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 102); Carter (2007 [1941]: 74-75); Marques Braga (1945: 235); Machado & Machado (1949: I, 387-388); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 223).

Variantes manuscritas


1 vos] uus A; que] ca B   4 me] mj B   5 éste] hee B   6 no’me] non mj B; nen] neu B   7 vos] uus A   10 me] mj B   11 éste] ē B

Variantes editoriales


1 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   4 dé] dê Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera   5 éste] est’é Michaëlis, Spampinato Beretta   6 no’me dé] non me dê Michaëlis, Spampinato Beretta : nom me dê Littera   7 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta   8 om’e] ome Michaëlis, Spampinato Beretta : home Littera; min] mi Spampinato Beretta, Littera   10 me dé] me dê Michaëlis, Spampinato Beretta : mi dê Littera   11 éste] est’é Michaëlis, Spampinato Beretta   12 no’me dé] non me dê Michaëlis, Spampinato Beretta : nom me dê Littera

Paráfrasis


(I) Se eu vos amo máis que a outra cousa, señora fermosa que sempre servín, rogo eu a Deus, que ten poder sobre min e sobre vós, señora, que me dea o voso ben, e se non é así, miña señora, (que) non me dea o voso ben nin o voso amor!

(II) Se eu vos amo máis que a outra muller nin que a outro home e máis que a min e que a ningunha outra cousa, rogo eu a Deus, que ten moito poder e é auxiliador, que El me dea o voso ben se quixer, e se non é así, miña señora, (que) non me dea o voso ben nin o voso amor!

Métrica


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:55)

Notas


Texto
  • 1

    A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV): 66.6, 84.6 e 15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .

  • 3

    A reintegración de eu no verso, hipométrico na lección de AB, vén indicada pola súa presenza no verso 9, paralelo no seu contido e expresión, para alén da alta frecuencia desta construción ao longo do corpus trobadoresco.

  • 3-4

    O pronome (v. 3) e vós (v. 4), como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 5

    A segmentación que Michaëlis e Spampinato realizaron na forma verbal éste (evitada en B, igual que no v. 11, cunha lección defectuosa, véxase nota a 222.8) é incorrecta pola anomalía sintáctica que conleva a secuencia sintáctica non + demostrativo + é, que resulta agramatical (véxase Ferreiro 2008a: 64-65).

  • 6

    Nos textos transmitidos por A é frecuente a asimilación do adverbio non co pronome me ~ mi (> no’me ~ no’mi; cfr. a evolución regular -nm->-m-), face a BV que, en xeral, presentan a lección non me ~ non mi con manutención da integridade morfolóxica do adverbio negativo (66.13, 90.9, 239.7, 243.14, 258.9, 283.10, 285.13, 421.5, 423.20, 430.8). Na realidade, nos apógrafos italianos só se rexistra en tres ocasións (104.21, 906.12 e 1482.5). A diferenza dos demais editores, mantemos tal asimilación, que chega até hoxe (Ferreiro 1999: §101c).

  • 7-8

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 8

    De modo diferente ao que acontece no v. 5, neste caso a lóxica discursiva e a sintaxe esixe a presenza dunha copulativa, que deglutinamos en <ome>. Porén, sería posíbel unha outra edición alternativa cunha pausa forte despois de ome: nen ca outr’ome –máis ca min nen al–, /... Sería, deste xeito, unha especie de comentario conclusivo semanticamente moi coherente coa idea que se quere transmitir.

  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Buscar
    Sin resultados