930 [= Tav 142,7]
Se vos non pesar ende

Se vos non pesar ende,
madr’, irei u m’atende
meu amigo, no monte.
Irei, se Deus vos valha,
por non meter en falha
meu amigo, [no monte].
E filhe-xi-vos doo
como m’atende soo
meu [amigo, no monte].
 
 
 
 
5
 
 
 
 

Manuscritos


B 927, V 515

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 242 [= LPGP 893]); Cohen (2003: 328); Arias Freixedo (2010: XX); Littera (2016: II, 449).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 187); Braga (1878: 98); Machado & Machado (1953: IV, 292).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 289); Vasconcellos (1959: 27); Álvarez Blázquez (1975: 81-82); Beltrán (1987: 58); Magalhães (2007: 100).

Variantes manuscritas


1 Se] C e B   2 madr’, irei] ma dirrey V   7 filhe-xi-vos] ffilhermꝯ B : ssilhexiuꝯ V

Paráfrasis


(I) Se vos non pesa diso, madre, irei onde me espera o meu amigo, no monte.
(II) Irei, así Deus vos valla, para que non se sinta enganado o meu amigo, no monte.
(III) E tende dó de como me agarda só o meu amigo, no monte.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 6’a 6’a 6’B (= Tav 26:127)

Notas


Texto
  • 5

    A expresión meter en falha (a alguén), sinónima de jazer en falha (véxase 1427.1) significa ‘enganar, desiludir’. Precisando un pouco máis, semella que meter en falha ten o significado de ‘facer (unha persoa) que (outra) sinta ou sufra a súa falta’ (na cantiga, non acudindo á cita concertada).

Buscar
    Sin resultados