I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 242 [= LPGP 893]); Cohen (2003: 328); Arias Freixedo (2010: XX); Littera (2016: II, 449).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 187); Braga (1878: 98); Machado & Machado (1953: IV, 292).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 289); Vasconcellos (1959: 27); Álvarez Blázquez (1975: 81-82); Beltrán (1987: 58); Magalhães (2007: 100).
1 Se] C e B 2 madr’, irei] ma dirrey V 7 filhe-xi-vos] ffilhermꝯ B : ssilhexiuꝯ V
(I) Se non vos pesa diso, madre, irei onde me espera o meu amigo, no monte.
(II) Irei, así Deus vos valla, para que non se sinta enganado o meu amigo, no monte.
(III) E tende dó de como me agarda só o meu amigo, no monte.
Esquema métrico: 3 x 6’a 6’a 6’B (= RM 26:127)
A expresión meter en falha (a alguén), sinónima de jazer en falha (véxase 1427.1) significa ‘enganar, desiludir’. Precisando un pouco máis, semella que meter en falha ten o significado de ‘facer (unha persoa) que (outra) sinta ou sufra a súa falta’ (na cantiga, non acudindo á cita concertada).