1096 [= RM 116,33]
Sei ben que quantos eno mund’amaron

Sei ben que quantos eno mund’amaron
e aman, todo-los provou Amor,
e fez a mí amar ũa senhor
de quantas donas no mundo loaron
en todo ben, e des i mui coitado
me tev’Amor, pois que desenganado
fui dos que aman e dos que amaron.
E des enton, por quantos se quitaron
d’amar, por én travou en min Amor,
ca provou min por leal amador,
e, polos outros, que [ja] o leixaron,
quer matar min por esto, mal pecado,
ca sabe ja ca non sera vingado
nunca daqueles que se del quitaron.
E sabor [á] de min, que por seu ando,
pero ca[tivo] me tev’en poder
desta dona que mi fez ben querer,
e matar-mi-á por esto e non sei quando,
e prazer-m’-ia se Amor achasse,
depos mia morte, quen con el ficasse
com’eu fiquei muit’á, que por seu ando.
E matar-m’-á por esto, desejando
ben desta dona, pois non á poder
sobre-los outros de lhi mal fazer,
ca os outros foron-xi-lh’alongando,
e pero sei d’Amor, se lhis mostrasse
aquesta dona, pois que mi matasse:
mata-los-ia, seu ben desejando.
E non sei al per que s’Amor vingasse
nen per que nunca dereito filhasse
dos que se foron assi del quitando.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscripts


B 1094, V 685

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 465-467 [= LPGP 749]); Marroni (1968: 238-239); Littera (2016: II, 241).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 242); Braga (1878: 131); Machado & Machado (1956: V, 129-130).
III. Antoloxías: Ferreiro (2023a: 31-32).

Manuscript variants


1 quantos] quantus V   7 dos] ds̄ B; dos] ds̄ B   11 polos outros] polus outrus V   12 pecado] pe(**)\ca/do V   14 daqueles] (daq) daq̅les B : da q̅l os V; quitaron] q̄tarō B;   19 prazer-m’-ia] prazer mha B : prazermha V   20 depos] Depꝯ B : đ pus V   24 sobre-los outros] sobrelus outrus V; mal fazer] (f) mal fazer B   25 alongando] alongado B   26 d’] om. V; mostrasse] mōstrasse B   31 que se] qisse B

Editorial variants


1 quantos] quantus Marroni   2 los] lus Marroni   7 dos ... dos] dus ... dus Marroni   8 quantos] quantus Marroni   11 polos outros, que [ja] o leixaron] pelos outros, que o leixaron Nunes : polus outrus, que o leixaron Marroni : polos outros, que o leixarom Littera   16 pero ca[tivo] me tev’en poder] [matar], pero ca me tev’ en poder Nunes : ….. pero ca me ten en poder Marroni : pero [sabe] ca me teve’em poder Littera   18 esto] est(o) Nunes   20 depos] depus Marroni   24 sobre-los outros de lhi] sobre lus outrus de lhis Marroni : sobre los outros de lhis Littera   25 outros] outrus Marroni   26 mostrasse] monstrasse Marroni, Littera   29 per] por Nunes   31 dos] dus Marroni

Paraphrase


(I) Sei ben que cantos no mundo amaron e aman, todos eles foron probados por Amor, e fíxome a min amar unha señora entre todas cantas donas no mundo eles loaron polas súas cualidades, e desde ese momento moi coitado me tivo Amor, pois fiquei desenganado dos que aman e dos que amaron.
(II) E desde entón, por cantos deixaron de amar, por isto me trabou Amor, porque me probou a min como leal amador, e, por causa dos outros, que xa o deixaron, quere matarme por esto, infeliz de min!, porque (Amor) sabe que nunca se poderá vingar daqueles que o abandonaron.
(III) E séntese ben comigo, porque actúo como o seu servidor, aínda que me tivo infeliz en poder desta dona que me fixo amar, e matarame por isto, e non sei cando, e praceríame se Amor achase, despois da miña morte, quen ficase con el como eu fiquei desde o moito tempo que hai que por seu ando!
(IV) E matarame por isto, desexando ben desta dona, pois non ten poder para facer mal aos outros, porque os outros fóronse afastando del, aínda que sei o que acontecería se Amor lles mostrase esta dona despois da miña morte: mataríaos desexando ben dela.
(1) E non sei outra cousa por que Amor se vingase nin por que nunca fose xustamente resarcido dos que así o foron abandonando. 

Metrics


Esquema métrico: 4 x 10’a 10b 10b 10’a 10’c 10’c 10’a (= RM 161:186) + 10’c 10’c 10a’

Encontros vocálicos: 18 -mi͜, estoe

Notes


Text
  • *

    A cantiga presenta repetición sistemática do elemento rimante no primeiro e derradeiro verso de cada estrofa: I amaron, II quitaron, III por seu ando, IV desejando.

  • 1

    É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<quantus>, v. 1; <outrus>, v. 11; <đpus>, v. 20; <sobrelus outrus>, v. 24); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 2

    Fronte aos moitos encontros do indefinido todos co artigo (tōtōs illōs/as > todos-los/las > todo-los/las), é moito menos frecuente o encontro co pronome, que só se produce limitadamente no corpus.

  • 10

    A forma pronominal min, oblicua e tónica, é utilizada como CD sen preposición (provou min, v. 10; matar min, v. 12), feito frecuente no corpus trobadoresco.

  • 11

    Integramos o adverbio ja para completar a medida decasilábica do verso, aínda que existen outras posibilidades textuais.

  • 16

    Consideramos que cativo, solicitado pola presenza da súa primeira sílaba en BV, é perfectamente coherente do punto de vista semántico (cfr. teer en poder), para alén de compensar a métrica do decasílabo. Con todo, existen outras posibilidades verosímiles, cal a proposta por Littera.

  • 19

    É verdadeiramente extraordinario o erro de BV, coa grafía <h> en vez de <i> en <prazermha> (= prazer-mi-á, con tres sílabas), xa que o texto precisa dunha forma de copretérito (prazer-m’-ia) en consecutio temporum co pretérito de subxuntivo (achasse) e catro sílabas métricas.

  • 24

    O encontro da preposición latina super co artigo, sŭper+ĭllum, produciu un resultado con asimilación da secuencia [ɾ-l] que desembocou en sobe-lo, forma moi frecuente nas Cantigas de Santa Maria, fronte a unha única ocorrencia no corpus profano (723.1). No entanto, a forma sobre-lo(s)/a(s), con refacción por influencia de sobre ten máis rexistros nas cantigas trobadorescas (véxase tamén 1035.20, 1164.1 e 4, 1433.2, 1631.10, 1636.17, 1676.12), en liña coa súa alta frecuencia nos textos medievais1 .
    Marroni e Littera restaura a forma plural en lhi, sen dúbida condicionados pola súa presenza no v. 26. No entanto, este uso pronominal (singular por plural) presenta diversas ocorrencias na lingua dos trobadores e na lingua medieval en xeral, para alén da súa presenza na lingua moderna. A cantiga 656 de Torneol (Levad’, amigo, que dormides as manhanas frias) é unha mostra da convivencia das dúas formas, pois a partir do v. 14 aparece o uso da forma lhi con valor plural en vós lhi tolhestes, que se prolonga nos vv. 17, 19 e 22 (fronte ao lhis dos vv. 20 e 23 en vós lhis secastes).

  • 26

    Estabelecemos a locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’, de uso regular ao longo de corpus, por máis que en moitas pasaxes sexa posíbel atribuír independencia sintáctica a cada un dos elementos.

    Por outra parte, no corpus trobadoresco profano convive a forma xeral (a)mostrar coa variante (a)monstrar, con grupo culto latinizante (véxase nota a 63.2), o cal resulta anómalo na altura cronolóxica do trobadorismo. Porén, a análise das leccións manuscritas evidencia que a aparición da consoante nasal é produto exclusivo da intervención dalgúns copistas de B, pois, cando o verbo conta con dous testemuños, nun deles sempre se rexistra a forma (a)mostrar –na única documentación de demostrar, B presenta tamén a grafía latinizante (1674.15)–. Véxanse, así, B vs. A (188.12, 309.15) e B vs. V (576.7, 624.2, 659.16, 1072.41096.26, 1160.26, 1463.18, 1476.23, 1488.3, 1643.13 e 1663.6).

  1. ^

    O mesmo proceso que levou a sobre-lo pode verse en entre-lo(s)/a(s), a partir de ĭnter+ ĭllum, aínda que non se rexistra o resultado *ente-lo(s)/a(s). Véxase CGPA, s.v. entrelo/a(s), entrello/a(s).

Search
    No results