240 [= RM 148,22]
Sempr’ando coidando en meu coraçon

Sempr’ando coidando en meu coraçon
com’eu iria mia sennor veer
e en como ll’ousaria dizer
o ben que ll’eu quero, e sei que non
ll’ousarei end’eu dizer nulla ren,
mais vee-la-ei pouco, e irei én
con mui gran coita no meu coraçon
tal que, se a vir, quantas cousas son
eno mundo non mi an de guarecer
de morte, pois lle non ousar dizer
o ben que ll’eu quero; e por én non
me sei consello nen sei ora ben
se prove d’ir i, se non; e meu sén
e meus consellos todos aqui son.
E assi guaresc’, á mui gran sazon,
coidando muit’, e non sei que fazer;
mais pero, pois lle non ei a dizer
o ben que ll’eu quero, tenno que non
é mia prol d’ir i; mais sei al por én:
que morrerei se a non vir. E quen
sofreu tantas coitas tan gran sazon?
Eu e non outre, por quen mi non ten
por seu, e moir’, assi Deus me perdon.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 

Manuscrits


A 134, B 255

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 272-273 [= LPGP 929-930]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 144-145); Littera (2016: II, 483).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 108); Carter (2007 [1941]: 81); Marques Braga (1945: 255-256); Machado & Machado (1950: II, 25-26); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 240).

Variants manuscrites


1 coidando en meu coraçon] cuydado de nūcha tençō B   3 ousaria] ouiaria B   4 ben que ll’eu quero, e] grā ben quelheu quere B   5 ll’ousarei end’eu dizer] lhousaria a dizer B   6 vee-la-ei pouco, e irei én] ueela muj poucj e hirmey en B   7 no] (e)no A   9 mi an] mīa A : mħa B   10 lle] lhi B   13 prove] prouue B   15 guaresc’] guaresco B   16 coidando] cuydando B   17 lle] lhi B   20 morrerei] moirerey B   22 Eu e non outre, porque me] E uẽo outre por quem mio A : Eu enõ out’m pᵉ que mho B   23 seu, e moir’] sen e moiro B; assi] a si A : se B; me] mj B

Variants editorials


1 coidando] cuidando Littera   4 o ben que ll’eu quero] o gram bem que lh’eu quer’ Littera   13 prove] prol m’é Littera   16 coidando] cuidando Littera   20 quen] qu’én Michaëlis   21 sofreu] soffr’eu Michaëlis   22 Eu e non outre, por quen mi] E vẽo outre, por quen me Michaëlis, Eu e non outre, porque me Lorenzo Gradín & Marcenaro, Eu e nom outrem, porque me Littera

Paràfrasi


(I) Sempre ando pensando para min como eu iría ver a miña señora e como me atrevería a dicirlle o ben que lle eu quero, e sei que non me atreverei a dicirlle nada diso, mais vereina un pouco, e irei por iso con gran coita no meu corazón, (II) tal que, se a vir, cantas cousas hai no mundo non me han librar da morte, despois de non me atrever a lle dicir o moito que a amo; e por iso non sei que facer nin sei agora se tente ir alí, se non; e o meu razoamento e as solucións que se me ocorren todas aquí están.

(III) E así vivo desde hai moito tempo, pensando moito, e non sei que facer; porén, xa que non lle hei dicir o moito que eu a amo, coido que non me é de proveito ir alí; mais sei outra cousa por iso: que morrerei se a non vir. E quen soportou tantas coitas durante tanto tempo?

(IV) Eu e non outro, porque non me ten por seu (servidor), e morro, así Deus me perdoe.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10c 10a (= RM 161:98)

Encontros vocálicos: 1 coidandoen; 6 -la͜-ei; 9 mian

Notes


Text
  • *

    Repárese na repetición das palabras rimantes nos versos primeiro e último de cada estrofa.

  • 2-3

    A locución conxuntiva en como alterna coa conxunción como (v. 2) como partículas introdutoras de cláusulas dependentes de verbos declarativos.

  • 5

    Fronte á lección de A, de novo en B aparece a perífrase ousar + a + infinitivo. Véxase nota a 95.16.

  • 10

    Pois cumpre a función de adverbio introdutor dunha cláusula temporal en futuro de subxuntivo.

  • 17

    Dun modo diferente a como acontece noutros contextos en que mais e pero funcionan como conxuncións independentes do punto de vista sintáctico (véxase 76.10, 301.16, 692.10, 728.16, 953.4, 1146.9), mais pero (mas pero en 268.16) constitúe unha locución conxuntiva equivalente a ‘a pesar de, non obstante, porén’.

  • 20-21

    A interpretación michaëliana destes versos é errada, cunha lectura enunciativa que provoca a imposíbel crase de qu’én (coa repetición da palabra rimante do v. 19) e a segmentación do pretérito sofreu en sofr’eu para acomodar a expresión (véxase Ferreiro 2009).

  • 22

    O inicio da lección de A (E uẽo outre) débese probabelmente a un erro por confusión gráfica (<Eu enō> / <E uēo>) no proceso de copia  (talvez favorecido polo por quem que vén a continuación, pois o relativo descontextualizado parece facer referencia a unha terceira persoa, aínda que se refire á senhor. Xa no texto que segue  (<por quem> A; <pᵉ que> B) a lección de A é mellor: foi el e non outro quen sufriu tantas coitas por quen non o ten por seu (a senhor non o ten por seu –vasalo, home etc-). A lección de B, sendo válida, parece unha trivialización: nela exprésase a causa das grandes coitas que só el sufriu (porque mi non ten por seu). En calquera caso, na lección dos dous manuscritos cómpre expunxir o pronome o do conglomerado *mi-o (<mio> A, <mho> B).

  • 23

    A forma <asi> é outra mostra no Cancioneiro da Ajuda de diferentes confusións gráficas no ámbito das sibilantes, nomeadamente da grafía <s> en contextos en que representa /s/, grafado de regra con <-ss->. Esta grafía detéctase especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <deues(e)> devesse (282.14), <disses(e)> dissesse (409.21), <ousas(e)> ousasse (346.3, 982.22), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <soffresen> sofressen (85.17), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (318.15), <disesse> dissesse (199.28), <outrosi> outrossi (413.11, 17 e 23, cfr. outrossi no v. 5), <pos(o)> posso (409.14), <uasalo> vassalo (84.12), <uoso> vosso (362.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat