636 [= RM 30,32]
Sempr’eu, senhor, mia morte receei

Sempr’eu, senhor, mia morte receei
máis d’outra ren e ja, per bõa fe,
non a rece’, e vedes por que é,
por aquesto que vos ora direi:
a gran coita que por vós ei, senhor,
me faz perder de mia morte pavor.
Cuidava-m’eu que sempre de temer
ouvess’a morte, que sempre temi;
mais ora ja, senhor, non ést’assi
por aquesto que vos quero dizer:
a gran coita que p[or] v[ós ei, senhor,
me faz perder de mia morte pavor].
Non me passava sol per coraçon
que eu podesse da morte per ren
perder pavor; mais ora vejo ben
que o non ei, e vedes por que non:
a gran coita [que por vós ei, senhor,
me faz perder de mia morte pavor],
que eu sempr’ouv’, e, par Deus, mia senhor,
muito me foi de o perder peor!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 621, V 222

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 226-227); Pagani (1971: 83 [= LPGP 262]); Littera (2016: I, 256-257).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 87); Braga (1878: 44-45); Machado & Machado (1952: III, 273-274).

Variantes manuscritas


1 mia] ma B; receei] Ireceey B   2 d’outra ren] doutʳ irē B; e] & BV; bõa] boa B   3 rece’, e vedes] irece euedes B : rrece edes V   4 vos] uos BV   5 gran] g̃ra B   9 ora] ara V; assi] asy V   11 gran] g̃ra B   13 coraçon] curaçō BV   14 ren] irē B   16 e] et BV   17 gran] g̃ra B

Variantes editoriales


2 bõa] boa Pagani, Littera   3 rece’, e] rreceo Nunes, Pagani : rece[o], e Littera   13 coraçon] curaçon Pagani   16 e] et Pagani   19 sempr’] semp’ Nunes; ouv’, e] ouve Nunes, Pagani

Paráfrasis


(I) Sempre eu, señora, temín a miña morte máis que outra cousa e xa, abofé, non a temo; e vede por que é: por isto que vos agora direi: a gran coita que por vós sufro, señora, faime perder o medo á miña morte.

(II) Pensaba eu que sempre tería de temer a morte, que sempre temín; mais agora, señora, xa non é así por isto que vos quero dicir: a gran coita que por vós sufro, señora, faime perder o medo á miña morte.

(III) Nin sequera me pasaba polo pensamento que eu puidese de forma ningunha perder o medo á morte; mais agora vexo ben que non o teño, e vede por que non: a gran coita que por vós sufro, señora, faime perder o medo á miña morte, (1) que eu sempre tiven, e, por Deus, miña señora, moito peor me foi perdelo!

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:40)

Notas


Texto
Buscar
    Sin resultados