320 [= RM 72,18]
Sempr’eu, sennor, roguei a Deus por mí

Sempr’eu, sennor, roguei a Deus por mí
que me desse de vós ben, e non quer;
mais quero-ll’al rogar e, pois souber
que ll’al rogo, al me dara log’i,
ca lle rog’eu que nunca me dé ben
de vós, e cuido que mi-o dé por én.
E per aquesto quero eu provar
Deus, ca muit’á que lle por al roguei
de vós, sennor; mais ora veerei
se me ten prol de o assi rogar,
ca lle rog’eu q[ue] n[unca me dé ben
de vós, e cuido que mi-o dé por én].
Pois assi é que m’El sempre deu al,
e al desej’eu no meu coraçon,
rogar-ll’-ei est’, e cuidará que non
sera meu ben e dara-mi-o por mal,
ca lle rog’eu q[ue] nunca [me dé ben
de vós, e cuido que mi-o dé por én].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 209, B 360

No final do texto en A foi copiado o que parece o inicio dunha cuarta estrofa, ausente en B: [E]u deseio meu mal.

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 406-407 [= LPGP 477]); Littera (2016: I, 554).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 132); Carter (2007 [1941]: 123); Machado & Machado (1950: II, 133-134); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 320).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 52-53); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 105).

Variantes manuscritas


2 me] mj B   5 lle] lhi B; me] mj B   7 per] por B   8 ca] que B; lle] lheu B   10 me] mj B   11 lle] lhi B   17 lle] lhi B

Variantes editoriais


5 dé] dê Michaëlis, Littera   6 dé] dê Michaëlis, Littera   11 dé] dê Michaëlis, Littera   12 dé] dê Michaëlis, Littera   17 dé] dê Michaëlis, Littera   18 dé] dê Michaëlis, Littera

Paráfrase


(I) Sempre eu roguei a Deus, señora, para que de vós me dese ben, e non quere; mais aínda lle quero rogar outra cousa e, despois que saiba que lle rogo outra cousa, algunha cousa me dará logo, porque lle rogo eu que nunca me dea ben de vós, e coido que mo dará por iso.

(II) E deste xeito quero eu pór a proba a Deus, pois hai moito tempo que outra cousa lle roguei de vós, señora; mais agora verei se me é de proveito rogarlle así, porque lle rogo eu que nunca me dea ben de vós, e coido que mo dará por iso.

(III) Xa que El sempre me deu outra cousa, e outra cousa (diferente) desexo eu no meu corazón, rogareille isto, e pensará que non será o meu ben e daramo por mal, porque lle rogo eu que nunca me dea ben de vós, e coido que mo dará por iso.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:124)

Encontros vocálicos: 6 mi-‿o; 12 mi-‿o; 16 -mi-‿o; 18 mi-‿o

Notas


Texto
  1. ^

    Resultan tamén significativas algunhas correccións e/ou vacilacións, como as de 530.4 (<(qu) ca> B) e 1450.17 (<ca que> B, <ca > V), así como o erro de copia de A en 414.r1 (<que / ca> A, <> B, <que> V).

Procurar
    Não foram encontrados resultados