566 [= RM 25,107]
Senhor, aquel que sempre sofre mal

Senhor, aquel que sempre sofre mal
mentre mal á non sabe que é ben,
e o que sofre ben sempr’outro tal
do mal non pode saber nulha ren;
por én querede, pois que eu, senhor,
por vós fui sempre de mal sofredor,
que algun tempo sábia que é ben,
ca o ben, senhor, non poss’eu saber
senon per vós, per que eu o mal sei;
des i, o mal non o posso perder
se per vós non; e, poi-lo ben non ei,
quered’ora, senhor, vel por Deus, ja
que en vós pôs quanto ben no mund’á,
que o ben sábia, pois que [o] mal sei,
ca, se non souber algũa sazon
o ben por vós, por que eu mal sofri,
non tenh[o] eu ja i se morte non,
e vós perdedes mesura en min;
por én querede, por Deus, que vos deu
tan muito ben, que por vós sábia eu
o ben, senhor, por quanto mal sofri.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscripts


B 549, V 152

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 62 [= LPGP 226-227]); Nunes (1972 [1932]: 196-197); Littera (2016: I, 209).
II. Outras edicións: Moura (1847: 111-112); Monaci (1875: 63); Braga (1878: 31); Machado & Machado (1952: III, 157); Júdice (1997: 145); Montero Santalha (2004).

Manuscript variants


12 Deus] ds̄ senhor B : đs senhor V   13 en vós pôs] ē nos pꝯ B : enuos pꝯ V   14 mal] nō BV

Editorial variants


2 mentre] mente Nunes   5 por én] pero em Lang   7 sábia] sabhia Lang   9 per] por Lang   11 ei] sei Lang  14 sábia ... mal] sabhia ... nom Lang, sábia ... nom Littera   17 non tenh[o]] nom tenh’ Lang, Littera : [er] non tenh’ Nunes   18 min] mi Lang, Nunes, Littera   20 por] per Nunes; sábia] sabhia Lang

Paraphrase


(I) Señora, aquel que sempre sofre mal, mentres padece mal non sabe que é o ben, e o que recibe ben sempre, igualmente do mal non pode saber nada; por iso querede, xa que eu, señora, por causa de vós fun sempre sufridor de mal, que saiba por algún tempo que é o ben, (II) porque o ben, señora, non o podo eu coñecer agás por vós, por quen eu coñezo o mal; alén diso, o mal non o podo perder se non é por vós; e xa que non teño o ben, querede agora, señora, sequera por Deus, xa que en vós puxo canto ben existe no mundo, que eu coñeza o ben, posto que coñezo o mal, (III) porque, se non coñecese algunha vez o ben por vós, por quen eu sufrín mal, non vexo saída para iso, agás a morte, e vós perdedes comigo a mesura; por iso querede, por Deus, que vos deu tanto ben, que por vós coñeza eu o ben, señora, por canto mal sufrín.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10c 10c 10b (= RM 101:10)

Encontros vocálidos: 7 sá·bia; 14 sá·bia; 20 sá·bia

Notes


Text
  • *

    Nesta cantiga, os vv. 2 e 7 de cada estrofa repite o mesmo sintagma en cada estrofa en posición de rima: I que é ben; II o mal sei; III mal sofri.

    Por máis que, en xeral, ningunha edición atribúa continuidade sintáctico-discursiva ás estrofas ligadas coa conxunción causal ca, esta é unha verdadeira cantiga ateúda. Véxase nota á cantiga 15.

  • 12

    Nótese o lapso da copia coa aparición dun espurio Senhor inducido probabelmente pola frecuencia do sintagma Deus Senhor nas cantigas profanas.

    Alén doutros valores, vel é usado como elemento introdutor dos sintagmas invocativo-exclamativos vel por Santa Maria (tamén en 1602.6) e vel por Deus (117.16, 237.11, 273.4). Cfr. notas a 6.8 e 36.4.

  • 14

    A repetición rimática da secuencia final dos vv. 2 e 7 de cada estrofa indica que se produciu outro lapso de copia no final do v. 14, de modo que se debe emendar os manuscritos e fixar no texto o mal sei, terminación do v. 9, coa reintegración do artigo, necesaria para a medida decasilábica do verso. Por outro lado, a versión de V <q̄ nō sey> (que [o] non sei) non mantería a disxuntiva entre ben e mal que se rexistra nos dous versos finais das outras dúas estrofas, mentres que si se mantén na lección de B.

Search
    No results