540 [= RM 25,108]
Senhor, cuitad’é o meu coraçon

Senhor, cuitad’é o meu coraçon
por vós, e moiro, se Deus mi perdon,
porque sabede que, des que enton
vos vi,
des i
nunca coita perdi.
Tanto me coita e trax mal Amor
que me mata, seed’én sabedor;
e tod’aquesto é des que, senhor,
vos vi:
[des i
nunca coita perdi],
ca de me matar Amor non m’é greu,
e tanto mal sofro ja en poder seu;
e tod’aquest’é, senhor, des quand’eu
vos vi:
des i
nunca [coita perdi].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


B 523b, V 126

Edizioni


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 43-44 [= LPGP 227]); Nunes (1972 [1932]: 146-147); Eirín (2015: 174); Littera (2016: I, 191-192).
II. Outras edicións: Moura (1847: 68-70); Monaci (1875: 53); Braga (1878: 25-26); Machado & Machado (1952: III, 106); Júdice (1997: 121); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 43); Torres (1977: 240).

Varianti manoscritte


1 meu] meo B   2 perdon] pardō B   3 enton] entou BV   4 vos vi] Vuꝯ (ui) ui B   7 trax] tarix V   10 vos] Vuꝯ B : vuꝯ V   13 greu] g’eu BV

Varianti editoriali


En Lang e en Nunes o refrán está constituído por dous versos, coa rima en i - perdi, mais en Lang foi corrixido para un único verso nas «Berichtigungen und nachträge».

14 e tanto] tanto Nunes, Littera : atanto Lang

Parafrasi


(I) Señora, o meu corazón coitado é por vós e morro, así Deus me perdoe, porque sabede que, desde que entón vos vin, desde alí nunca a coita perdín.

(II) Tanto me fai sufrir e me maltrata Amor que me mata, sabédeo; e todo isto acontece, señora, desde que vos vin: desde alí nunca a coita perdín, (III) que (o feito) de me matar Amor non me resulta penoso, e tanto mal sufro en poder del; e todo isto é, señora, desde que vos vin: desde alí nunca a coita perdín.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 2B 2B 6B (cfr. RM 16:13)

Note


Testo
  • 3

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

  • 4-6

    Seguimos a disposición do refrán proposto por Montero Santalla (2000: 405), face a Lang (que vacilou entre dous e un verso) e Nunes (refrán de dous versos, aínda que admite en nota a posibilidade de ser un decasílabo).

  • 7

    A forma palatalizada trax (tamén en 429.24, 548.1, 1342.4, 1489.11) convive con traz, por súa vez forma concorrente coa xeral trage, que corresponde á P3 de presente indicativo de trager (<*tragere, véxase Ferreiro 1999: §220). A forma traz (e trax) anuncia a mudanza trager > trazer, que se consolidará no territorio portugués, con atestacións no derradeiro período medieval e sen testemuños claros en territorio galego, onde só localizamos et trazía en hua mao hua procuraçón nun documento, tamén serodio, de 1470 (véxase TMILG, s.v. trazía). Canto á palatalización, é o único caso en que se produce unha evolución -z > -x, para alén do nome propio importado Beatrix (véxase nota a 988.21), xa que a variante fix (= fiz) só se rexistra nun dos dous manuscritos en 361.3 (V vs. B) e 1031.15 (B vs. V). Véxase nota a 74.13.

  • 13

    Nótese a presenza do provenzalismo greu, que concorre na lingua trobadoresca, sempre en rima, coa forma xeral grave.

  • 14

    Neste verso achamos un exemplo de como a puntuación condiciona a edición, pola resistencia á ligazón sintáctica das estrofas II e III, que provocou a errada opción dos anteriores editores a partir da lección manuscrita <τ tãto> B, <etanto> V, coa supresión da copulativa (Nunes, Littera) ou a conversión en atanto (Lang); mais se se prescinde da simetría visual da cantiga e mais da independencia estrófica e se liga a terceira á segunda estrofa, como esixe a conxunción subordinante causal, pódese, sen problemas, manter a lección dos manuscritos coa debida deglutinación da copulativa (coa sinalefa ja‿en para manter o decasílabo).

Cerca
    Nessun risultato trovato