567 [= Tav 25,111]
Senhor, en tan grave dia

Senhor, en tan grave dia
vos vi que non poderia
máis; e, por Santa Maria,
que vos fez tan mesurada,
doede-vos algun dia
de mí, senhor ben-talhada.
Pois sempre á en vós mesura
e todo ben e cordura,
que Deus fez en vós feitura
qual non fez en molher nada,
doede-vos por mesura
de min, senhor ben-talhada.
E, por Deus, senhor, tomade
mesura per gran bondade
que vos El deu, e catade
qual vida vivo coitada,
e algun doo tomade
de mí, senhor ben-talhada.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 550, V 153

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 63 [= LPGP 228-229]); Nunes (1972 [1932]: 198-199); Eirín García (2015: 247); Littera (2016: I, 209-210).
II. Outras edicións: Moura (1847: 113-114); Monaci (1875: 63); Braga (1878: 31); Machado & Machado (1952: III, 159-160); Júdice (1997: 146); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 53); Bernárdez (1952: 40); Álvarez Blázquez (1975: 232); Torres (1977: 232); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 53).

Variantes manuscrites


1 tan] tē B   4 fez] fex V   7 Pois] Poy V   14 per] por V

Variantes éditoriales


4 fez] fex Lang, Nunes   6 mí] min Nunes   7 sempre] sempr(e) Nunes : sempr' Littera   11 por mesura] algun dia Nunes   14 per] por Lang, Nunes, Littera   15 vos] vós Lang   18 mí] min Nunes

Paraphrase


(I) Señora, en tan grave día vos vin que non podería ser máis; e por Santa María, que vos fixo tan mesurada, tende dó algún día de min, señora ben feita.

(II) Pois sempre hai en vós mesura e todo ben e cordura, xa que Deus fixo en vós feitura cal non fixo en ningunha outra muller nada, apiadádevos por mesura de min, señora ben feita.

(III) E, por Deus, señora, actuade con mesura pola gran bondade que El vos deu, e considerade que vida coitada vivo, e tende algunha piedade de min, señora ben feita.
 

Métrique


Esquema métrico: 3 x 7’a 7’a 7’a 7’b 7’a 7’B (= Tav 13:64)

Encontros vocálicos: 7 sempre‿á

Notes


Texte
  • *

    Repárese no dobre en posición de rima nos versos 1º e 5º de cada estrofa (I dia, II mesura, III tomade).

  • 4

    Resulta sorprendente a opción dos primeiros editores pola forma fex, aparente variante palatalizada de fez, mais que debe ser un erro de copia en V. Véxase nota a 484.5.

  • 6

    Nótese, máis unha vez, a variación ~ min no refrán. Cfr. nota a 27.4.

  • 11

    O lapso editorial de Nunes debe ser produto dunha gralla inducida polo v. 5.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé