102 [= RM 104,7]
Senhor, esta coita que ei

Senhor, esta coita que ei
non vo-la poss’eu máis dizer,
e, pois vós queredes assi,
quero-a eu toda sofrer,
e Deus mi valha se quiser,
ca eu ja non lho rogarei,
pois vejo que non mi á mester.
E muitas vezes lho roguei,
e nunca me quiso valer:
pois ja non pos[s]’al fazer i,
faça de min o seu plazer,
e Deus mi valha se quiser,
[ca eu ja non lho rogarei,
pois vejo que non mi á mester].
E, pero m’eu vejo meu mal
e mia mort’, ond’é gran pavor,
amar-vos-ei mui máis ca min
entanto com’eu vivo for,
e Deus mi valha se quiser,
[ca eu ja non lho rogarei,
pois vejo que non mi á mester].
E, pois me contra vós non val
Deus nen mesura nen amor
que vos eu ei des que vos vi,
amar-vos-ei sempre, senhor,
e Deus me valha se quiser,
[ca eu ja non lho rogarei,
pois vejo que non mi á mester].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


B 129

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 752-753 [= LPGP 679-680]); Littera (2016: II, 165); González (2018: 75).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 48); Machado & Machado (1949: I, 184-185); Rios Milhám (2017: I, 102).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 133-134).

Variants manuscrites


8 roguei] roguei ia B   10 pois ja non] poys [    ] nō B   11 faça faca B; plazer] plaz’r B

Variants editorials


8 E] Ca Michaëlis, Littera   10 pois ja] [e] pois Michaëlis, Littera : pois [eu] González   11 plazer] prazer Michaëlis   16 é] ei Michaëlis : hei Littera : e[i] González   17 vos] vus Michaëlis; min] mi Michaëlis, Littera, González   24 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis   25 vos] vus Michaëlis   26 me] mi Littera

Paràfrasi


(I) Señora, non vos podo falar máis desta coita que teño, e, xa que vós así o queredes, quéroa eu sufrir toda, e Deus me axude, se quixer, pois eu xa non llo rogarei, pois vexo que non me vale de nada

(II) E moitas veces llo roguei e nunca me quixo auxiliar: xa que non podo facer outra cousa a respecto diso, faga de min a súa vontade, e Deus me axude, se quixer, pois eu xa non llo rogarei, pois vexo que non me vale de nada

(III) E aínda que eu vexo o meu mal e a miña morte, de que teño medo, amareivos moito máis que a min mesmo mentres estiver vivo, e Deus me axude, se quixer, pois eu xa non llo rogarei, pois vexo que non me vale de nada

(IV) E xa que contra vós non me axuda Deus nin a mesura nin o amor que vos eu teño desde que vos vin, amareivos sempre, señora, e Deus me axude, se quixer, pois eu xa non llo rogarei, pois vexo que non me vale de nada.

Mètrica


Esquema métrico: 8a 8b 8c 8b 8D 8A 8D (I, II [= RM 232:1]) + 8a 8b 8c 8b 8D 8E 8D (III, IV [= RM 253:1; outra posibilidade: RM 48:1])

Encontros vocálicos: 7 miá; 14 miá; 21 miá

Notes


Text
  • 8

    Consideramos innecesaria e errada a emenda de Michaëlis (seguida en Littera), que rompe a sistemática presenza da copulativa no inicio de todas as estrofas a partir da primeira.

  • 8-10

    En B ficou en branco o espazo correspondente a ja, que aparece copiado no final do v. 8. Porén, as anteriores edicións desconsideran ja e restauran a isometría con e (Michaëlis, Littera) ou con eu (González).

  • 11

    Fronte ao xeral prazer (nome e/ou verbo) este verso rexístrase a variante plazer, sen dúbida minoritaria en relación a prazer (véxanse tamén 7.4420.23, 62.3412.29, 924.3 e 1624.1, así como a variante de V en 576.2). Esta variante fonética para o tratamento do grupo latino pl- debe ser relacionada coa evolución doutros grupos, como cl- e fl-, que, para alén do resultado [ʧ͡], ofrecen, nalgúns vocábulos, como resultado diverxente, a solución rotatizada cr-, pr- e fr-; neste sentido, convén insistir na frecuencia con que no territorio galego-portugués alternan as solucións  cr-/cl-, pr-/pl- e fr-/fl- pola vacilación fonética [ɾ] ~ [l] nestes grupos. Así, a carón do xeral preito, achamos un caso de pleito (434.13) e mais o sistemático planeta (1340.2, 3, 8, 12 e 27; 1451.23); por súa vez, sendo clerigo forma única, existe vacilación entre clerizia (1340.11, 1497.36) e crerezia ~ crerizia (888.43, 917.3); por último, fronte ao maioritario frol e fror, rexístrase tamén flor (113.15, 517.17, 551.16, 585.1 e 4, 864.19, 866.2), para alén do antropónimo Flores (530.9, 772.10).

  • 16

    A pesar da frecuencia da construción aver pavor de (cfr. Glosario, s.v. pavor), coa rexencia encuberta no pronome relativo onde, consideramos desnecesaria a emenda de é a prol de ei realizada por Michaëlis e os seguintes editores e que ten unha clara continuación en 282.4, onde a editora xermano-portuguesa volve optar pola lección ei de B en vez da lección é de A.

  • 17

    A preposición a non existe na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición en numerosas pasaxes trobadorescas (véxase Glosario, s.v. , func. 2). Véxase nota a 861.14. Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 26

    A variación mi ~ me no refrán (mi I-III vs. me IV) debe ser contemplada no conxunto doutras moitas variantes lingüísticas e/ou estilisticas que se achan nos refráns das cantigas, e nomeadamente nos pronomes persoais (me~mi, lhe~lhi, se~xe...). Cfr. nota a 27.4.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat