530 [= RM 25,113]
Senhor fremosa e do mui loução

Senhor fremosa e do mui loução
coraçon, e querede-vos doer
de mí, pecador, que vos sei querer
melhor ca mí; pero soo certão
que mi queredes peior d’outra ren,
pero, senhor, quero-vos eu tal ben
qual maior poss’, e o máis encoberto
que eu poss’; e [ben] sei de Brancafrol
que lhi non ouve Flores tal amor
qual vos eu ei; e pero soo certo
que mi queredes peior d’outra ren,
[pero, senhor, quero-vos eu tal ben]
qual maior poss’; e o mui namorado
Tristan sei ben que non amou Iseu
quant’eu vos amo, esto certo sei eu;
e con tod’esto sei, mao pecado,
que mi queredes peior d’outra ren,
[pero, senhor, quero-vos eu tal ben]
qual maior poss’; e tod’aquest’aven
a min, coitad’e que perdi o sén.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 522a, V 115

Ediciones


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 37 [= LPGP 229-230]); Nunes (1972 [1932]: 126-127); Littera (2016: I, 185-186); Fassanelli (2021: 42).
II. Outras edicións: Moura (1847: 52-53); Monaci (1875: 50); Braga (1878: 23-24); Machado & Machado (1952: III, 85-86); Júdice (1997: 111); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 25-26); Pimpão (1942: 37); Varela Jácome (1953: 56); Oliveira & Machado (1959: 62); Vasconcellos (1959: 29); Tavares (1961: 21); Torres (1977: 234); Fiúza (1981: 137-138); Gonçalves & Ramos (1983: 282); Dobarro Paz et alii (1987: 103); Alvar & Beltrán (1989: 371); Pena (1990: 53-54); Jensen (1992: 70); Alonso Girgado (1992: 11).

Variantes manuscritas


1 loução] loucao B : louçao V   3 pecador] peccador V; querer] querei V   4 ca] (qu) ca B; pero] ꝑ B : po V   8 Brancafrol] brācha frol BV   10 certo] certaō V   15 vos] uos BV

Variantes editoriales


1 do] de Lang   4 soo] sõo Lang, Nunes, Littera   8 poss’; e [ben] sei] poss’; e sei Lang1Littera: poss[o]; e sei Nunes, Fassanelli; Brancafrol] Brancha Flor Nunes   10 soo] sõo Lang, Nunes, Littera   15 amo] am(o) Nunes

Paráfrasis


(I) Señora fermosa e de corazón moi louzán, querédevos doer de min, infeliz, que vos quero máis que a min mesmo; aínda que sei con certeza que me queredes peor que a calquera outra cousa, mais, señora, quérovos eu tan ben (II) canto máis podo, e o máis en secreto que podo; e ben sei de Brancafrol que Flores non lle tivo tal amor como o que eu vos teño; aínda que estou certo de que me queredes peor que a calquera outra cousa, mais, señora, quérovos eu tan ben (III) canto máis podo, e sei ben que o moi namorado Tristán non amou Iseu tanto como eu vos amo, isto seino con certeza, e alén disto sei tamén, pobre de min, que me queredes peor que a calquera outra cousa, mais, señora, quérovos eu tan ben (1) canto máis podo; e todo isto me acontece a min, coitado, e que perdín a cordura.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:253)

Encontros vocálicos: 15 amo,esto

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 2

    Nótese a presenza dunha conxunción copulativa e a conferir énfase ao apelo do trobador, tras a invocación á senhor.

  • 3-4

    Se na expresión amar máis ca mí/min (nen al) non ten cabida a preposición a (véxase nota a 44.13), o mesmo ocorre en querer melhor ca mí/min (177.22, 261.8-9, 531.r, 549.7, 683.7, 743.15-16830.13-14, 1091.19), que tampouco recorre á preposición para introducir o complemento. Véxase nota a 861.9. Cfr. notas a 44.13 e 243.16.

  • 4

    Resulta significativa a vacilación en B do copista verbo da forma da conxunción ca, que alterna con que, formas conxuntivas intercambiábeis na súa función completiva e/ou causal (véxase nota a 66.6).

  • 8

    Lang e Littera deixan hipométrico o verso, que esixe máis unha sílaba: fronte ao poss[o]de Nunes e Fassanelli (cfr. a crase de posso en todas as súas aparicións na cantiga, vv. 7, 13, 19) propomos acrecentar o adverbio ben ([ben] sei), en liña coa mesma expresión no v. 14 (sei ben).

  • 8-9

    Brancafrol e Flores –tamén citados nunha cantiga de Joan Garcia de Guilhade (772.10)– son os protagonistas dun roman francés, anónimo, do século XII, Floire et Blancheflor, que gozou dunha enorme difusión durante a Idade Media. Narra a historia de Flores, fillo dun rei sarraceno da Península Ibérica, que se cría coa filla dunha escrava cristiá, Brancaflor. Flores inicia unha peregrinación en busca da namorada, vendida polo rei, que dura anos, e que acaba cando a resgata do harén do emir de Babilonia e volven ao seu reino, onde, xa coroado, se converte ao cristianismo. A parella simbolizaba o amor inocente fronte á paixón adúltera doutros amantes célebres como Lanzarote e Xenebra ou Tristán e Iseo. Véxanse o comentarios do Livro das Confissões sobre estes personaxes:

    Pode seer do que contaua, como Flores e Blanca Flor, se quiseron, e quanto trabalho passaron ataa que casaron (...) Pore͂de garde͂ se todas quantos contã romanços e contã dos feytos do mu͂do, mayorme͂te se som de mentiras, ou de loucuras. Os meestres que contã ao escolares feytos sem prol, moorme͂te se som do amor mundanal (Martín Pérez 2012-2013: 231-232).

  • 10

    A locución conxuntiva e pero, de valor concesivo (‘aínda que’), é de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar entre e pero ou a secuencia de copulativa + adversativa (e, pero).

  • 14

    Tristán é o protagonista masculino da historia de Tristán e Iseo, no ciclo artúrico, de que se conserva unha versión medieval galego-portuguesa fragmentaria no Livro de Tristan. Cfr. 464.17.

  • 16

    O xeral resultado mao do lat. malum é sistemático cando vai posposto ao nome, mais convive coa forma con perda de vogal final por posición proclítica (mal) en certos sintagmas. No que a pecado di respecto, mao pecado é solución minoritaria verbo de mal pecado, do mesmo xeito que se rexistra mao dia (vs. mal dia) e mao preço ou mao prez (vs. mal preço, mal prez). 

  1. ^

    Na corrección de erros, Lang suxire que talvez sexa posso.

Buscar
    Sin resultados