I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 873 [= LPGP 672]); Littera (2016: II, 151).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 9); Braga (1878: 2); Machado & Machado (1950: II, 195); Rios Milhám (2018b: III, 366).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 83); Seoane (1941: 125-126); Nunes (1959: 238); Landeira Yrago (1975: 139).
3 dizede hora munha ren B : dizede munha ten V 11 m’eu] men V
2 vos] vus Michaëlis 3 m’ora] me [vos] Michaëlis 8 vos] vus Michaëlis 9 queria] querria Michaëlis, Littera 12 vós] vos Littera
(I) Señora fermosa, xa que aquí onde vos vexo me vén tanto mal, dicídeme unha cousa, por Deus: e que será de min cando me eu agora for, miña fermosa señora, de onde vós estades?
(II) E xa que agora tal coita me dá o voso amor onde vos podo ver, eu quería saber xa (isto) de vós: que será de min cando me eu agora for, miña fermosa señora, de onde vós estades?
Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8b 8a 8C 8C (= RM 160:314)
Esta cantiga é tamén atribuída a Afonso Fernandez Cebolhilha.
A métrica e o sentido indica que tanto B, que presenta o pronome me desprazado, como V, que omite ora, presentan un erros de copia doadamente resolúbeis a través de (dizede-)m’ora u͂a ren, lectura similar a, por exemplo, creede-m’ora u͂a ren (1125.4).