184 [= RM 125,50]
Senhor fremosa, pois vos vi

Senhor fremosa, pois vos vi,
ouve tan gran coita d’amor
que non fui ledo nen dormi
nen ouvi d’outra ren sabor,
sempre cuidando, mia senhor,
en vós, que fez Deus a melhor
dona de quantas donas vi.
Per bõa fe, entendo ben
(aquesto posso ben jurar,
senhor, e non mentir por én)
ca non vos [vou] prazentear;
mais quero-vos desenganar:
sobre todas vos quis Deus dar,
senhor, bondad’en todo ben.
E pois que assi ést[e] ja,
que vos Deus feze máis valer
de quantas outras no mund’á,
verdade vos quero dizer:
pero Deus meta seu poder
por outra tan bõa fazer,
come vós non faria ja!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscripts


A 94, B 198

En A só aparecen copiados os dous primeiros versos e mais o inicio do v. 3 (que non...).

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 198-199); Blasco (1984: 121 [= LPGP 838]); Marcenaro (2012b: 197); Littera (2016: II, 348).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 85); Carter (2007 [1941]: 57); Marques Braga (1945: 181-182); Machado & Machado (1949: I, 323-324); Fernández Pousa (1953: 12-13); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 184).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 8-9).

Manuscript variants


1 vos] uus A   2 ouve] ouuj B   6 fez] fezo B   11 prazentear] p̃zentēar B   21 non] nona B

Editorial variants


1 vos] vus Michaëlis, Blasco   9 aquesto] aquest', e Littera   11 vos] vus Michaëlis, Blasco   12 vos] vus Blasco   13 vos] vus Michaëlis, Blasco   14 en] e Michaëlis, Marcenaro   15 éste] est, [e] Michaëlis, Marcenaro   16 vos] vus Michaëlis, Blasco   18 vos] vus Michaëlis, Blasco   21 non] non-na Michaëlis : nona Blasco : non a Marcenaro : non'a Littera; faria] fará Michaëlis, Marcenaro

Paraphrase


(I) Fermosa señora, logo que vos vin, sufrín tan gran coita de amor que non fun feliz nin durmín nin tiven desexo de ningunha outra cousa, pensando sempre, miña señora, en vós, que vos fixo Deus a mellor dona de todas as donas que vin.

(II) Abofé, considero –isto pódoo xurar, señora, e non mentirei niso– que non vos vou lisonxear; antes ben, quérovos desenganar: sobre todas vos quixo dar Deus, señora, a mellor cualidade en todo ben.

(III) E, pois que así é, que vos fixo Deus valer máis que cantas outras mulleres hai no mundo, quérovos dicir a verdade: aínda que Deus exerza todo o seu poder en facer outra (señora) tan boa, coma vós non a podería facer!

Metrics


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8a 8b 8b 8b 8a (= RM 86:1)

Notes


Text
  • *

    Nótese a repetición da palabra rimante nos versos primeiro e derradeiro de cada estrofa (I vi; II ben; III ja).

  • 6

    Perante a lección <fezo> de B, que converte o verso en hipermétrico, recorremos á forma máis xeral fez, pois a realidade dos apógrafos italianos a respecto da utilización destas variantes da P3 dos pretéritos fortes mostra certa tendencia á confusión e/ou erro: véxase, por exemplo, na aparición de <qⁱgi> en B face á correcta lección quis de A en 225.15 (cfr. nota a 53.16). Por outro lado, nos casos rexistrados desta estrutura comparativa (a melhor dona de…) é xeral a presenza do artigo, razón por que a emenda proposta parece mellor solución que manter a forma fezo e prescindir do artigo para editar que fezo Deus melhor.

  • 11

    A voz prazentear ‘lisonxear’ só volve aparecer noutras dúas cantigas de Pero Garcia Burgales (quen vos nunca viu ten / que vos lo’eu por vos prazentear (183.16); nen ar digo por vos prazentear, 194.25) e, como substantivo, en Martin Moxa (888.30).

  • 14

    Non é precisa a emenda michaëliana, aceptada por Marcenaro, sobre a lección en, que se debe manter, en liña con outras expresións que se achan ao longo do corpus. Cfr., por exemplo, E as que ala maior prez avian / en todo ben ... (951.13-14).

  • 15

    O contexto esixe a forma éste, sen necesidade de segmentación, como propón a lectura michaëliana que confirma a resistencia da editora xermano-portuguesa a aceptar esta forma concorrente con é (véxase Ferreiro 2008a: 65-67). Independentemente de que <este> sexa a forma verbal éste (P3 do presente indicativo de seer) ou a suma do demostrativo este co verbo é (est’é), é moi frecuente en B (vs. A) a aparición de <est>, aparente latinismo, con ausencia de vogal final e a consecuente hipometría versal. Véxanse 65.471.6, 89.27, 182.26, 197.18, 302.21, 317.2, para alén daqueles casos en que éste aparece en cantigas transmitidas só polos apógrafos italianos: 204.18, 207.11, 464.24, 714.9, 854.12, 993.20, 1075.4, 1456.12, 1625.1, 1652.2 e 1667.17. Véxase Ferreiro (2008a).

  • 16

    A variante bisilábica feze, do lat. fēcĭt, con manutención de -e após /dz/ é minoritaria en relación a fez e, mesmo, á variante fezo coa innovadora desinencia -o (cfr. nota a 53.16 e 56.14). Na realidade, feze aparece especialmente cando utilizada co clítico -o/-a, aínda que se rexistra tamén noutros contextos (167.5, 260.2, 331.12, 332.2, 479.13, 484.21, 580.13, 1087.8, 1398.6, 1593.9).

  • 21

    Na versión de B o verso é hipermétrico, e así o manteñen todos os editores polo valor estilístico de faria (emendado en fará por Michaëlis para nivelar metricamente o verso). No entanto, coa puntuación axeitada mediante unha pausa no final do v. 20 que non consideraron os anteriores editores, o elemento que debe ser omitido é <a>, moitas veces cunha presenza espuria en B (véxase notas a 68.1 e 77.8), mesmo como pronome (véxase nota a 313.7).

Search
    No results