I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 426); Indini (1978: 121 [= LPGP 171]); Littera (2016: I, 152).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 233); Braga (1878: 126); Machado & Machado (1956: V, 85); Camargo et alii (1992: 32).
8 morrer] moirer B : mrier V
(I) Señora fermosa, tan gran coita teño por vós que non encontro consolo axeitado pensando en vós, miña moi fermosa señora.
(II) Por vós, que vin falar mellor que outras e máis fermosa, non encontro consolo pensando en vós, miña moi fermosa señora.
(III) Non me queredes crer a miña coita: habédesma de crer despois de que eu morra pensando en vós, miña moi fermosa señora.
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10’B (= RM 26:69)
Encontros vocálicos: 8 -mi͜-a-
A cantiga presenta unha regularidade rítmica notábel, con sistemático acento na 4ª sílaba métrica.