338 [= RM 7,14]
Senhor fremosa, vejo-me morrer

Senhor fremosa, vejo-me morrer,
e a mí praze mui de coraçon
co[n] a mia mort’, assi Deus mi perdon,
por aquesto que vos quero dizer:
moiro por vós, a que praze muit’én
de que moir’eu, e praz a min por én!
Per bõa fe, de mia mort’ei sabor,
e ben vos juro que á gran sazon
que rog’a Deus por mort’, e por al non,
por aquesto que vos digo, senhor:
moiro por vós, [a que praze muit’én
de que moir’eu, e praz a min por én!]
E, per bõa fe, gran sabor per-ei
con mia morte, por quant’eu entendi
que vos prazia; e, pois ést’assi,
muito mi praz polo que vos direi:
moiro por vós, [a que praze muit’én
de que moir’eu, e praz a min por én],
ca de viver máis non m’era mester!
E praz-mi muit’én morrer des aqui
por vós, e tenho que mi Deus [faz] i
ben, mia senhor, polo que vos disser:
moiro [por vós, a que praze muit’én
de que moir’eu, e praz a min por én!]
E ben vos juro, senhor, que m’é ben
con [a] mia morte, pois a vós praz én.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 

Manuscripts


B 376

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 855-856 [= LPGP 97-98]); Marcenaro (2013: 68-69); Littera (2016: I, 55-56).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 138); Machado & Machado (1950: II, 162-163); Rios Milhám (2018b: III, 338).

Manuscript variants


1 morrer] moirer B   7 bõa] bona B   13 bõa] bona B   20 morrer] moirer B   25 juro] uiro B

Editorial variants


2 praze mui de coraçon] praz, e mui de coraçon Michaëlis, Marcenaro : praz, e mui de coraçom Littera   3 co[n] a] co’a Michaëlis, Littera   4 vos] vus Michaëlis   5 praze muit’én] praz, e muit’, én Michaëlis, Marcenaro, Littera   6 min] mí Marcenaro   8 vos] vus Michaëlis   10 vos] vus Michaëlis   11 praze muit’én] praz, e muit’, én Michaëlis, Marcenaro, Littera   13 bõa] bona Marcenaro   14 por] per Michaëlis, Littera   15 vos] vus Michaëlis : a vos Marcenaro   16 vos] vus Michaëlis   17 praze muit’én] praz, e muit’, én Michaëlis, Marcenaro, Littera   20 én] en Michaëlis : em Littera   20 vos] vus Michaëlis   22 vos] vus Michaëlis   23 praze muit’én] praz, e muit’, én Michaëlis, Marcenaro, Littera   25 vos] vus Michaëlis   26 [a]] om. Littera

Paraphrase


(I) Fermosa señora, véxome morrer, e a min práceme moi de corazón a miña morte, así Deus me perdoe, por isto que vos quero dicir: morro por vós, a quen lle prace moito que eu morra, e práceme a min por iso!

(II) Abofé, desexo a miña morte, e xúrovos que hai moito tempo que rogo a Deus pola miña morte, e non por outra cousa, por isto que vos digo, señora: morro por vós, a quen lle prace moito que eu morra, e práceme a min por iso!

(III) E, abofé, desexo moito a miña morte porque comprendín que vos pracía; e, xa que é así, moito me prace polo que vos direi: morro por vós, a quen lle prace moito que eu morra, e práceme a min por iso, (IV) porque non preciso vivir máis! E por iso me prace moito morrer agora por vós, e coido que Deus me fai ben niso, miña señora, por isto que vos direi: morro por vós, a quen lle prace moito que eu morra, e práceme a min por iso!

(1) E ben vos xuro, señora, que me satisfai a miña morte, xa que vos prace a vós.

Metrics


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:10)

Notes


Text
  • 2

    Os editores precedentes consolidaron unha interpretación mecánica da lección <praz e>, con deglutinación gráfica de praze, unha variante minoritaria de praz (cfr. outras formas minoritarias como feze, dize etc., para alén de praze no v. 1 do refrán, véxase nota ao v. 5). Porén, a frase parentética e mui de coraçon non ten ningunha ocorrencia no corpus profano nin tampouco no corpus das cantigas marianas.

  • 3

    Consideramos a lección <co> como un erro banal por <cõ>, do mesmo xeito que aparece noutras pasaxes nos apógrafos italianos (647.2, 1337.17 etc.) e igual que <no> aparece frecuentemente, por erro de copia, por <nõ>. Véxase nota a 714.4.

  • 5

    Michaëlis, seguida por todos os editores, fixa a forma maioritaria na P3 do presente indicativo de prazer, creando un texto excesivamente artificioso co afastamento entre praz e én. No entanto, poderíase considerar a forma praze (cfr. outras formas verbais como faze, fize ou feze) sen introducir a frase parentética e muito, que non se rexistra nunca no corpus. Deste xeito, na cantiga conviviría esta variante praze coa forma xeral praz (vv. 2, 6 [= r2], 16, 20, 26), aínda que no v. 2 podería, tamén, fixarse a variante praze: e a mí praze mui de coraçon. Cfr. nota a 269.12.

  • 7

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> (tamén no v. 13) é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/, o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

Search
    No results