560 [= RM 25,117]
Senhor fremosa, vejo-vos queixar

Senhor fremosa, vejo-vos queixar
porque vos am’, e no meu coraçon
ei mui gran pesar, se Deus mi perdon,
porque vej’end’a vós aver pesar,
e queria-m’én de grado quitar,
mais non posso forçar o coraçon,
que mi forçou meu saber e meu sén;
des i, meteu-me no vosso poder,
e do pesar que vos eu vej’aver,
par Deus, senhor, a min pesa muit’én;
e partir-m’-ia de vos querer ben,
mais tolhe-m’end’o coraçon poder,
que me forçou de tal guisa, senhor,
que sén nen força non ei ja de min;
e do pesar que vós tomades i
tom’eu pesar que non posso maior,
e queria non vos aver amor,
mais o coraçon pode máis ca mí.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 543, V 146

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 57 [= LPGP 231-232]); Nunes (1972 [1932]: 184-185); Littera (2016: I, 204).
II. Outras edicións: Moura (1847: 100-101); Monaci (1875: 60-61); Braga (1878: 29-30); Machado & Machado (1952: III, 146-147); Júdice (1997: 139); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 48); Torres (1977: 229).

Variantes manuscrites


2 coraçon] coracō V   3 gran] g̃ra B; perdon] pardō B   4 end’] and B   6 forçar] forcar B; coraçon] coracon   7 forçou] forcou B   9 pesar] pe[*]ar V   10 senhor] senhe V   12 coraçon] coraço B   14 de] dē   18 mí] mī V

Variantes éditoriales


11 vos] vós Lang   14 min] mi Lang, Nunes, Littera

Paraphrase


(I) Señora fermosa, véxovos queixar porque vos amo e sinto un gran pesar no meu corazón, –así Deus me perdoe–, porque vexo que vós sentides pesar por iso, e eu querería de grado deixar de facelo, mais no podo forzar o corazón, (II) que me forzou o coñecemento e a cordura; e alén diso meteume baixo o voso poder, e do pesar eu que vexo que tendes, por Deus, señora, moito me pesa a min; e deixaría de vos amar, mais o corazón tírame o poder para o facer, (III) pois forzoume de tal xeito, señora, que xa non teño xuízo nin forza sobre min mesmo; e do pesar que vós sentides por iso sinto eu un pesar que non pode ser maior, e querería non non sentir amor por vós, mais o corazón pode máis ca min.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10b (= RM 132:1)

Notes


Texte
  • *

    Esta cantiga mostra unha evidente relación coa cantiga 244 de Roi Queimado, co mesmo íncipit e inicio da composición:

    Senhor fremosa, vejo-vos queixar
    porque vos am’e amei, pois vos vi ...

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 3

    A forma gráfica pardon, aparente variante de influencia francesa para o xeral perdon é lección exclusiva (errada, por deficiente desenvolvemento da abreviatura <ꝑ>) do copista a do Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase Ferrrari 1979: 83-85), pois de case sesenta aparicións de tal forma en B, só dúas delas son doutros copistas (859.6, copista b, 952.9, copista e), constituíndo, por tanto, simples lapsos puntuais que tamén poden aparecer noutros vocábulos. Véxase Ferreiro (2016b).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé