I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 505-506 [= LPGP 870]); Tato Fontaíña (2007: 27); Littera (2016: II, 407-408).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 252); Braga (1878: 137); Machado & Machado (1956: V, 185-186).
1 m’alhur] mha lhur V 9 faç’a] faca B : faza V; gran] g̃ra B 13 posso] possa B 15 espedirei] expederey V 16 Deus] des V
1 m’] mi Nunes 3 de] d’e[u] Nunes, Littera 15 eu] mha Nunes 16 meta] met(a) Nunes 17 caber] saber Nunes
(I) Señora fermosa, voume a outro lugar morar, certamente moi contra a miña vontade, porque vos causa pesar que eu viva aquí; por iso fago ben en sentir pesar: que mágoa difícil de soportar, señora! Ando onde vos vexo e non podo vivir; e por riba terme que afastar de vós!
(II) Vexo eu, señora, que con iso fago algo do voso agrado, mais cáusome a min un pesar moi grande por iso: vivir sen vós, ai miña luz e meu ben! Pero non sei como iso pode ser (posíbel), que cousa tan difícil de soportar, señora! Ando onde vos vexo e non podo vivir; e por riba terme que afastar de vós!
(III) Xa eu me despedirei de vós, señora, até que Deus vos faga ter vontade de me quererdes aceptar a razón, aínda que ben sei que hei vivir pouco: que cousa tan grave terei de sufrir! Ando onde vos vexo e non podo vivir; e por riba terme que afastar de vós!
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= RM 139:8)
Encontros vocálicos: 16 meta‿en
Perante a dupla posibilidade de escolla no relativo áo pronome (me B / mi V), ambas as dúas correctas, concedemos prioridade ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional.
A reintegración de tres sílabas neste verso é feita en consonancia co sentido e co verso inicial da estrofa II (v. 8): Vej’eu, senhor, que vos faç’i prazer - Ja [eu, senhor], mi vos espedirei (v. 16).
A grafía <expedirey> de V (tamén 809.1 <expedir> en V) é unha mostra da existencia de indicios de influencia da escrita en latín en certas grafías e/ou formas que aparecen con máis ou menos profusión nos cancioneiros: así, por exemplo, <obscuro> V, <oscuro> B (1483.2) ou <dapno> BV (1340.3), entre outras moitas. Cfr. nota a 63.2.
A substitución de caber por saber (Nunes) non é xustificada, embora o verbo caber ‘admitir, aceptar’, acepción axeitada para este contexto, fose pertinazmente substituído por saber noutras cantigas e por outros editores (véxase 32.27, 827.10, 1377.21, 1583.27, 1671.17); neste sentido, é de subliñar a existencia desta acepción nas Cantigas de Santa Maria, por exemplo (véxase Mettmann 1959-1972: s.v. caber). Véxase, tamén, González González (2006: s.v. cabelo).