529 [= RM 25,118]
Senhor, non vos pes se me guisar Deus

Senhor, non vos pes se me guisar Deus
algũa vez de vos poder veer,
ca ben creede que outro prazer
nunca [d’al] veran estes olhos meus
senon se mi vós fezessedes ben,
o que nunca sera per nulha ren.
E non vos pes de vos veer, ca tan
cuitad’ando que querria morrer,
e dos meus olhos podedes creer
que outro prazer nunca d’al veran
senon se mi vós fezessedes ben,
[o que nunca sera per nulha ren].
E, se vos vir, pois que ja moir’assi,
non devedes ende pesar aver;
mais [dos] meus olhos vos poss’eu dizer
que non veerán prazer d’al nen de min
senon se mi vós [fezessedes ben,
o que nunca sera per nulha ren],
ca, d’eu falar en mi fazerdes ben,
como falo, faç’i mingua de sén.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


B 521a, V 114

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 36 [= LPGP 232]); Nunes (1972 [1932]: 124-125); Eirín (2015: 146); Littera (2016; I, 185).
II. Outras edicións: Moura (1847: 50-52); Monaci (1875: 49-50); Braga (1878: 23); Machado & Machado (1952: III, 82-83); Júdice (1997: 110); Montero Santalha (2004).

Variantes manuscrites


2 de] se BV   3 prazer] praxer B   4 olhos] olhus V   6 nulha] (nl) nulha B   8 querria] q̄iria B; morrer] moirer B : morror V   9 e dos] E a os B : se aos V   10 d’al] tal B   13 moir’assi] morrassy V   19 fazerdes] fazedes V

Variantes éditoriales


2 de] se Littera   9 e dos] se aos Lang, Littera : e aos Nunes   13 vos] vós Lang; moir’] morr’ Lang, Littera   15 meus] meos Lang   16 veerán] veeran Nunes : verám Littera; min] mi Lang, Nunes, Littera

Paraphrase


(I) Señora, non sintades pesar se Deus algunha vez dispuxer que vos eu poida ver, e crede ben que nunca outro pracer verán estes ollos meus de ningunha outra cousa, agás se me vós fixésedes ben, o que nunca ha de acontecer de xeito ningún.

(II) E non vos pese de vos eu ver, pois ando tan coitado que querería morrer, e dos meus ollos podedes crer que nunca verán outro pracer de ningunha outra cousa, agás se me vós fixésedes ben, o que nunca ha de acontecer de xeito ningún.

(III) E, se vos vir, xa que morro así, non debedes sentir pesar por iso; mais pódovos dicir dos meus ollos que non verán nada pracenteiro de ningunha outra cousa nin de min, agás se me vós fixésedes ben, o que nunca ha de acontecer de xeito ningún, (1) porque, ao falar eu de me facerdes ben, como falo, obro con falta de siso.

Métrique


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:32)

Encontros vocálicos: 16 ve͜e·rán

Notes


Texte
  • 2

    A sintaxe esixe a emenda da lección <se> BV, que presenta un erro <s>/<d> infrecuente nos cancioneiros; porén, guisar rexe a preposición de para introducir unha cláusula subordinada en infinitivo (véxase Glosario, s.v. guisar). Porén, aínda que cun texto algo forzado, podería manterse a lección dos manuscritos cunha outra alternativa textual, onde poder(v. 2) sería futuro de subxuntivo: ‘Non vos pese, señora, se vos puider ver algunha vez –se Deus o dispuxer así–’.
             Senhor, non vos pes –se me guisar Deus
    ​​​​​​​          algũa vez– se vos poder veer,
    ​​​​​​​          ca ben creede que outro prazer
    ​​​​​​​          nunca [d’al] veran estes olhos meus...

  • 4

    A hipometría do verso indica a omisión de d’al (repárese na súa presenza simétrica nos vv. 10 e 16) na copia dos apógrafos italianos.

  • 9

    As leccións que B e V subministran no inicio do verso teñen de ser erradas, pois a sintaxe e o sentido (e a métrica, pola xeral contaxe de ao como dúas sílabas) mostran que, para alén da disidencia e / se inicial (reflectida nas edicións de Lang e Nunes), se debeu producir un erro <a>/<d>, explicábel do punto de vista paleográfico (véxase nota a 374.8). Deste xeito, dos resolve perfectamente a pasaxe, defectuosa en Lang, Nunes e Littera.

  • 10

    A lección de B, con sentido se considerarmos isoladamente o verso, é produto dun erro de copia a teor da simétrica presenza de d’al nas estrofas I (v. 4) e III (v. 16).

  • 16

    Repárese na forma bisilábica veerán, a pesar do hiato gráfico xa desaparecido pola crase en posición átona que se detecta en veránnos vv. 4 e 10.

  • 19

    Erros similares ao de V neste verso, coa omisión de <r> poden provocar unha aparente vacilación (errada con frecuencia) entre formas de presente e formas flexionadas de infinitivo ou de futuro subxuntivo; tal erro é relativamente frecuente nos apógrafos italianos: quererdes vs. queredes (66.3, B), tornardes vs. tornades (688.16 V), perderdes vs. perdedes (1232.24 B), guarirdes vs. guarides (1394.13 B), o mesmo que á inversa: falades vs. falardes (1227.14 B). 

Rechercher
    Aucun résultat trouvé