I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 823-824 [= LPGP 889]); Littera (2016: II, 434).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 122); Machado & Machado (1950: II, 89-90); Rios Milhám (2018a: II, 293).
1 vos] uos B 5 vos] uos B 7 morrerei] moirerey B 8 o de que vos vós gardades] ede que uos uos g̃dades B 10 e de non catardes] Et de non cacard’s B 13 façades] facad’s B 14 façades] facad’s B 16 atanto] E tanto B 18 vos] nos B 19 rog’eu] negueu B 20 qual torto me fazedes] quel torto me faz e d’s B 21 fazerdes] fazer d’s B
1 vos] vus Michaëlis; querades] que[i]rades Littera 2 [como]] [qual é] Michaëlis 3 é contra] e[s]contra Michaëlis 5 vos] vus Michaëlis 6 [ren] nen da gran coita] nen da [mui] gran coita Michaëlis : nem da [mui] gram coita Littera 7 [de] tal ventura] [en] tal ventura Michaëlis, Littera 8 Esto [sei ben] de que vos vus guardades Michaëlis : Esto é [o] de que vos vós guardades Littera 10 catardes] pecardes Michaëlis : curardes Littera 11 min] mi Michaëlis, Littera 18 vos] vus Michaëlis
(I) Señora, por Deus vos rogo que queirades saber un día como é a miña sorte convosco, a quen quero mellor que a cantas cousas Deus quixo facer, e, miña señora, non me atrevo a vos dicir nada da gran coita que me vós dades, e por vós morrerei de tal sorte!
(II) E isto é aquilo de que vós vos precavedes: de non facerdes senón o mellor e de non terdes en mente outro obxectivo; isto crede ben vós de min: que moi pequeno proveito recibo diso, pois Deus non quere que me fagades ben, de que vós no resto fagades o mellor.
(III) E, miña señora, canto máis ben facedes tanto me facedes a min levar maior aflición no meu corazón por desexar o ben que vos Deus deu; e, miña señora, isto lle rogo eu: que vexades a inxustiza que me facedes por me facerdes tal coita sufrir.
Esquema métrico: 10’a 10’b 10c 10d 10d 10’a 10’b (I [= RM 260:2]) + 10’a 10b 10c 10d 10d 10’a 10b (II, III [= RM 260:1])
Mantemos a forma querades da lección manuscrita por se tratar da forma etimolóxica do presente subxuntivo de querer (< quaeram, quaeras etc.), forma minoritaria con presenza indubitábel na lingua medieval e no corpus poético trobadoresco. Cfr. nota a 73.16.
A hipótese reconstrutiva de Littera é superior á de Michaëlis, por canto evita unha segunda intromisión no v. 2: saber un dia [qual é] mia ventura / e[s]contra vós ... vs. saber un dia [como] mia ventura / é contra vós ...
Face ao texto michaëliano (seguido en Littera) non vos ous’a dizer / nen da [mui] gran coita, que deixa o verbo dizer sen CD, parece preferíbel restaurar a forma ren (non vos ous’a dizer / [ren] nen da gran coita) que puido omitirse por haplografía nun contexto de igualdade na (hipotética) secuencia <rrem nem>; ademais, ousar dizer ren ou ousar ren dizer aparece repetidamente ao longo do corpus: que nunca lh’ouso nulha ren dizer (17.2), a que non ouso dizer ren (167.3), que ll’ouse ren dizer (175.21), e non lle posso ren dizer (178.21), a que non ouse ren dizer (220.3), non lh’ousei ren dizer (275b.8), dona a que non ouso ren dizer (405.20), non m’ousar nulha ren dizer (729.22), e non vos ous’én ren dizer (890.4), nen filhei tal senhor / a que ousasse nulha ren dizer (1063.4).
Ao recuperar a copulativa, moi habitual no inicio da estrofa, e ao considerar a existencia do erro, moi común, <e>/<o>, resólvese máis economicamente do que as solucións de Michaëlis e de Littera a ausencia dunha sílaba métrica. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.
Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/> /i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica meliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.
A lectura ecdoticamente máis fundada da lección <cacard’s> de B é catardes, fronte ás propostas das anteriores edicións (pecardes, curardes).
A pesar de que se podería considerar mais como bisilábico (véxase nota a 12.8), preferimos recuperar de novo a copulativa inicial da estrofa (véxase nota ao v. 8), co correspondente acento tónico na 4ª sílaba, tal como foi proposto xa nas precedentes edicións.
A banal confusión <e>/<a> explica o erro do copista na forma atanto (esta variante tamén está presente no v. 11), necesaria para a correlación con quanto (v. 15). Véxase o erro inverso en V 1183.11 (<atanto> V e tanto).