1312 [= Tav 38,7]
Senhor, por que eu tant’afan levei

Senhor, por que eu tant’afan levei,
gran sazon á, por Deus, que vos non vi;
e pero mui longe de vós vivi,
nunca aqueste verv’antig’achei:
«Quan longe d’olhos, tan longe de coraçon».
A minha coita, par Deus, non á par,
que por vós levo sempr’e levarei;
e pero mui longe de vós morei,
nunca pude este verv’antig’achar:
«Quan longe d’olhos, tan longe de coraçon».
E tan gran coita d’amor ei migo
que o non sabe Deus, mal pecado;
pero que vivo muit’alongado
de vós, non acho este verv’antigo:
«Quan longe d’olhos, tan longe de coraçon».
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manoscritti


B 1296, V 900

En B, o primeiro verso da estrofa II (v. 6), ficou isolado co espazo para a cobra en branco, e volveu a ser copiado a seguir, coa cobra completa.

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 519-520); Toriello (1976: 85 [= LPGP 279]); Littera (2016: I, 296).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 306); Braga (1878: 168); Machado & Machado (1958: VI, 19); Cousillas Pena (2019: 50).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 208); Ferreira (1988: 64); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 77).

Varianti manoscritte


1 tant’afan] tā cafam V   2 sazon á] saçō(ha) ha B : saçō ha V    3 pero] po V; longe] Coie B   4 aqueste verv’antig’achei] aq̅stor u’uantira chey B   5 longe] soie B : loiē V; d’olhos, tan] doos ũ V; coraçon] corazō V   6 par] p̃ BV   7 que] Ꝗw B : qȝ V   8 longe] lume B : lome V   9 verv’antig’achar] uer cātiga char B   10 Quan] q̅ȝ V; longe] lome B : l(h)ome V; longe] soye B; coraçon] corazō V   11 gran] grã B   13 vivo] uy uu B : uyuu V; muit’alongado] muỹta lōgado V   14 verv’antigo] veuātigo B : uiuātigo V   15 longe] soie B; longe] soie B

Varianti editoriali


2 sazon] saçon Toriello; vos] vus Toriello   3 vós] vos Nunes   6 par] por Nunes, Toriello   9 pude] pud(e) Nunes   14 acho] ach(o) Nunes

Parafrasi


(I) Señora, por quen eu levei tanto afán, moito tempo hai, por Deus, que non vos vin, e aínda que vivín moi lonxe de vós, nunca achei certo este dito antigo: «Lonxe dos ollos, lonxe do corazón».

(II) Por Deus, non ten par a miña coita que por vós levo sempre e levarei; e aínda que morei moi lonxe de vós, nunca puiden achar certo este dito antigo: «Lonxe dos ollos, lonxe do corazón».

(III) E tan gran coita de amor teño comigo, infelizmente, que non o sabe Deus; aínda que vivo moi afastado de vós non acho certo este dito antigo: «Lonxe dos ollos, lonxe do corazón».
 

Metrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 12C (I-II [= Tav 155:1]) + 9’a 9’b 9’b 9’a 12C (III [= Tav 155:16])

Encontros vocálicos: 9 pude‿este; 14 acho‿este

Note


Testo
  • 1

    Nótese a intertextualidade entre o íncipit desta cantiga (Senhor, por que eu tant’afan levei) e o v. 9 da cantiga 109, de Nun’Eanes Cerzeo (ca non vós, senhor, por que eu tant’afan levei), tal como foi apuntado por Elsa Gonçalves (2016 [1992]: 226).

  • 3

    Fronte á posibilidade de e, pero, con independencia sintáctica das dúas conxuncións, optamos pola locución conxuntiva de valor concesivo e pero ‘aínda que’ (tamén no v. 8), de uso regular ao longo de corpus –cómpre sinalar, non obstante, que en bastantes ocasións é posíbel optar por unha ou outra lectura.

  • 4

    Canto ao vervo (‘proverbio popular’) que aparece repetidamente na cantiga, tamén se rexistra como elemento importante noutras composicións, con frecuencia no sintagma verv'antigo 1 (Filgueira Valverde 1992: 168-169). Véxase 633.1, 697.16, 1124.4, 1389.2, 1407.19, 1521.7, 1640.4.

  • 5

    O vervo antigo desta cantiga ecoa na Crónica Geral de Espanha de 1344: E bem podes dizer por nos outros que, quãto stamos alongados da tua vysta, tanto stamos dos coraçõoes (Cintra 1954: II, 120).

  • 6

    Nótese o uso proclítico da forma tónica bisilábica minha, certamente escaso no corpus (só 533.15, 876.18 e 1629.5), onde é esmagadoramente maioritario o uso de mia, forma átona (unisilábica).

  • 15

    Fóra das terminacións en ditongo, é certamente extraordinaria unha forma nominal en -u (<uiuu> B, <uyuu> V), coa confusión <u>/<o>, que ao longo dos cancioneiros só se rexistra como produto de erros gráficos: cuido <cuydu> B (115.17, 1626.5), vi-o <uyu> BV (943.9), amigo <amigu> B (1212.1), Lugo <lugu> BV (1315.4), feito <feytu> BV (1400.18), vinho <uinhu> V (1682.8).

  1. ^

    Na Crónica Geral de Espanha de 1344 recibe o nome de palavra antiga, sinónimo do sintagma consagrado na lírica trobadoresca: querote dizer hũa palavra antiga que diz assy: «Sempre homem merca bem com o torpe e com o coytado» (Cintra 1952-1990: III, 383).

Cerca
    Nessun risultato trovato