1127 [= RM 133,6]
Senhor, que forte coraçon

Senhor, que forte coraçon
vos Deus sempre contra mí deu,
que tanto mal sofr’este meu
por vós, de pran, ca por al non!
Pois mias coitas prazer vos son,
en grave dia vos eu vi,
que vos non doedes de mí.
Doo deviades aver
de min, senhor, per bõa fe,
pois quanto mal ei per vós é,
e veerdes-m’assi morrer!
Pois vos mias coitas son prazer,
en grave dia vos eu vi,
[que vos non doedes de mí].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscritos


B 1124, V 716

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 507-508 [= LPGP 871]); Tato Fontaíña (2007: 33); Littera (2016: II, 408).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 252); Braga (1878: 137); Machado & Machado (1956: V, 186-187).

Variantes manuscritas


1 coraçon] corazon V   7 doedes] doede V   9 bõa] boa B   11 morrer] (mas) moirer B

Variantes editoriales


10 per] por Nunes   11 veerdes] veedes Tato Fontaíña

Paráfrasis


(I) Señora, que duro corazón vos deu Deus sempre contra min, que tanto mal sofre este meu (corazón) por vós, certamente, e non por outra causa! Pois as miñas coitas son o voso gozo, en mal día eu vos vin, pois non vos apiadades de min.

(II) Debiades ter dó de min, señora, certamente, pois canto mal sufro é por causa vosa, e vérdesme así sufrir! Pois as miñas coitas vos causan pracer, en mal día eu vos vin, pois non vos apiadades de min.

Métrica


Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8b 8a 8a 8C 8C (= RM 139:19)

Notas


Texto
  • 6-7

    O enunciativo refrán de Pero Meendiz da Fonseca coincide formalmente cos vv. 2-3 do refrán dunha cantiga anónima (nº 296), que presenta un final interrogativo:
              [q]ue vos non doedes de min:
              en que grave dia vos vi
              que vos non doedes de min? (296.4-5).

  • 10-11

    Enténdase: «pois quanto mal ei por vós e veerdes-m’assi morrer per vós é!».

Buscar
    Sin resultados