279 [= RM 79,48]
Sennor e lume destes ollos meus

Sennor e lume destes ollos meus,
per bõa fe, direi-vos ũa ren,
e, se vos mentir, non me venna ben
nunca de vós nen d’outri nen de Deus:
de-lo dia’n que vos non vi,
mia sennor, nunca despois vi
prazer nen ben nen o ar veerei,
se non vir vós, enquant’eu vivo for,
ou mia morte, fremosa mia sennor,
ca estou de vós como vos direi:
de-lo dia’n que vos non vi,
m[ia sennor, nunca despois vi],
per bõa fe, se mui gran pesar non,
ca todo quanto vi me foi pesar
e non me soube consello fillar;
e direi-vos, sennor, des qual sazon:
de-lo dia’n que vos non vi,
[mia sennor, nunca despois vi]
nen veerei, sennor, mentr’eu viver,
se non vir vós ou mia morte, prazer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


A 172, B 323

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 342-343 [= LPGP 546-547]); Correia (2001: 409); Littera (2016: I, 604).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 118); Carter (2007 [1941]: 103); Marques Braga (1945: 321-322); Machado & Machado (1950: II, 71-72); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 279).

Manuscript variants


2 bõa] bona B; fe] om. A; vos] uos A   3 vos] uos A; me] mj B   4 d’outri] dotri A : doutrē B   5 de-lo] e lo A; dia’n] dia en B; vos] uos A   6 despois] depoys B   7 veerei] uerei A   9 fremosa] fermosa B   10 direi] (eu) direy A : eu direy   11 vos] uos A   15 me soube] mj soubj B   16 direi-vos, sennor] direi uos {señor} A   17 dia’n] dia en B; vos] uos A

Editorial variants


2 vos] vus Michaëlis   3 vos] vus Michaëlis   4 outri] outrem Littera   5 vos] vus Michaëlis   10 ca estou] ca (e)stou Michaëlis; como vos direi] como vus eu direi Michaëlis : como vos en direi Littera   11 vos] vus Michaëlis   16 vos] vus Michaëlis   17 vos] vus Michaëlis 

Paraphrase


(I) Señora e luz destes ollos meus, abofé, direivos unha cousa e, se vos minto, non me veña ben nunca de vós nin de ninguén nin de Deus: desde o día en que vos non vin, miña señora, nunca despois vin (II) pracer nin ben nin tampouco o verei, se non vos vexo a vós, en canto eu estea vivo, ou a miña morte, fermosa miña señora, porque me sinto en relación a vós como vos direi: desde o día en que vos non vin, miña señora, nunca despois vin, (III) certamente, nada máis que moi gran pesar, pois todo canto vin me causou pesar e non souben que determinación tomar; e direivos, señora, desde cando: desde o día en que vos non vin, miña señora, nunca despois vin (1) nin verei pracer mentres eu viva, señora, se non vos vexo a vós ou a miña morte.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 8C 8C + 10d 10d (= RM 160:276)

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.

  • 2

    A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de A), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

  • 4

    O indefinido outre ‘outra persoa’, típico do Cancioneiro da Ajuda, fronte á variante outren, xeral nos apógrafos italianos, presenta a variante outri (tamén en 284.10), que mantén aínda, polo menos graficamente, o resultado do -ī longo final latino (< altĕrĭ). A respecto de <otri> de A, o feito de o Cancioneiro da Ajuda ser probabelmente copiado en Castela podería explicar algúns casos de <o> por <ou>, eventuais castelanismos de copia no códice do Palácio da Ajuda: <o> ou (131.28, 225.13), <mando> mandou (162.2), <otri> outri (279.4), <uo> vou(-a) (346.1)1 ; a similar causa obedecerían as formas con aparente monotongacion de <ei> en A (acordei <acorde> A, 247.16; primeiro <pⁱmero>/<primero> A, 176.9, 196.15 e 300.13; Nogueira <noguera> A, 1235.5). Véxase tamén nota a 90.14 e 122.17.

  • 5

    A preposición en mostra unha crase coa voz anterior (habitualmente coita e dia), tal como se rexistra esporadicamente no corpus; en calquera caso, esta crase ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 6

    A variación despois (< de-ex-pŏst) vs. depois (< de-pŏst) entre A e BV non indica preferencia por ningunha das formas (para alén da predominancia da forma depois) conforme os cancioneiros: en 176.13 e 279.r1. A ofrece despois fronte a depois en B, mentres que en 361.10 e 423.15 aparece depois en A e despois en BV.

  • 7

    Nesta pasaxe, B corrixe a hipometría de A coa utilización da forma trisilábica veerei. Con relación a A, en BV percíbese unha maior tendencia á utilización de formas gráficas máis arcaicas de seer e veer no relativo á conservación de hiatos gráficos en posición pretónica: Tan vil vos serei [<seerei> B] de pagar (90.15); ca nunca vira, nen vi, nen verei [<ueerei> B] (178.6); u veran [<ueeram> B] ela que tan muito val (195.36); o entender máis como seria [<seeria> B] (236.7); meu ben seria [<seeria> BV]; mais non llo direi (996.15) etc.

  • 8

    O pronome vós (tamén no v. 20), como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 10

    A anulación en A do pronome eu evita a hipermetría versal (dada a imposibilidade de resolver en sinalefa o encontro *ca‿eu), que permanece en Michaëlis, que conserva o pronome, e en Littera, que o transforma no pronome adverbial én.

  1. ^

    En diversos contextos, o ditongo vai seguido de vogal, circunstancia que podería explicar unha redución do ditongo semellante á producida esporadicamente no encontro da P3 de pretérito dos verbos da primeira conxugación cando vai seguido de pronome (véxase Ferreiro 1999: §23b).

Search
    No results