I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 241-242); Spampinato Beretta (1987: 82-83 [= LPGP 297]); Littera (2016: I, 318-319).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 99-100); Carter (2007 [1941]: 70-71); Marques Braga (1945: 223-224); Machado & Machado (1949: I, 377-378); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 216).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 104); Arias Freixedo (2003: 194-195).
3 faz-me] mj faz B 5 cofonda] cofunda B 6 min] mj B; porque vos] que uus A 7 vos] uos A 8 porque en mí errar] que por en mi errar A : q̄ pᵉ enmj̄ eirar B 10 confonda] cofonda B 11 (el muyto eal mar ꝯuē) / el muyto uos e mj̄ uos enq̄eirar B 12 vos] uus A; El faz tanto, e al mi ar] faz tā muyto eal mar B 13 lle] lhi B 14 convosco] conuusco A : uosco B 15 vos] uus A 17 mundo, ca non] mude nō B 18 lles] lhis B 19 cofonda min] confonda mi B 20 e vós] (euos) euos B 21 mezcrar] mizcrar B
6 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 7 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 8 porque en mí errar] que por en mi errar Michaëlis : que por én mi errar Spampinatto Beretta, Littera 9 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 12 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 14 convosco] convusco Michaëlis : vosco Spampinato Beretta 15 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 19 min] mi Littera
(I) Señora fermosa, convenme rogar a Deus polo voso mal, en canto eu estiver vivo, porque me fai tanto mal Amor que eu xa sempre lle hei rogar así: que El vos confunda a vós e ao voso xuízo e a min, señora, porque vos amo, e a Amor, que me fai amarvos.
(II) E canto ao voso xuízo, porque el vos fai errar tanto en relación a min, rogareille a Deus así: que o confunda moito a el, señora, e a vós e a min, en quen el tanto vos fai errar; e tamén me convén rogarlle outra cousa: que confunda tamén a quen non me deixa morar máis convosco, (III) e aos meus ollos, a quen eu vos fun mostrar, porque hoxe vivo na maior coita do mundo, pois non sinto gusto por nada cando eu non podo mostrarvos a eles; e Deus me confunda a min por iso e a vós, señora, e a eles, e a quen ten a intención de me pór a mal convosco.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:29)
Encontros vocálicos: 1 -mi‿a; 12 mi‿ar
Esta composición, un tanto heterodoxa canto ao contido, ten continuidade na cantiga seguinte (nº 217).
Por outra banda, as edicións precedentes isolan sintacticamente todas as estrofas da composición; porén, está próxima ás cantigas ateúdas, con ligazón copulativa das dúas primeiras estrofas (véxase nota a UC 74).
As estruturas verbais conviir + a + infinitivo (v. 1) e conviir + de + infinitivo (vv. 12-13) mostran a necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, xa que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.
Neste verso localízase unha anómala posposición do clítico nunha cláusula causal introducida por ca, como acontece moi esporadicamente no corpus (véxase nota a 22.10). No entanto, nótese como en B aparece a xeral anteposición do clítico nunha cláusula subordinada causal.
Na prosa pode acharse moi esporadicamente algún uso similar.
et outrosi moy bõos pascos pera os gáándos, que rregauasse toda por pe ante que Deus destroysse aSsodoma et aGomorra por la maldade dos que em ellas morauã (Geral Estoria; Martínez López 1963: 190).
E el ouve dello grande pesar, ca amavaa muyto de coraçon (Crónica Geral de Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: IV, 442).
Ao longo da cantiga aparecen diversos pronomes (vós, v. 5; min, v. 6; el, vós e min, v. 11; min, v. 19; vós e eles, v. 20) como complementos directos sen preposición, como forma libre, feito frecuente na lingua trobadoresca.
A métrica indica a necesidade de emendar a lección que de A a través do porque copiado en B.
Neste verso semella indubitábel a utilización de errar coa preposición en (véxase a reiteración da rexencia na UC 549: non querra Deus que err’en mí (v. 5); non querra que o seu bon sén / err’en min (v. 14); que non querra que o bon sén / err’en min (v. 20). A partir deste feito, para achar coherencia na pasaxe, consideramos a existencia dun erro de transmisión, coa troca de posición dos elementos que e por, de modo que a estrofa comeza cunha concordancia ad sensum: ‘Canto ao voso sén, porque...’.
Para alén da aparición de confunda en 115.27 (véxase nota), na lingua da poesía trobadoresca profana é xeral a forma cofonder, con evolución [nf] > [f] (véxase Ferreiro 1999: §101e), similar á variación inferno ~ iferno (véxase nota a 379.11), sendo minoritaria a forma máis conservadora confonder (só en 203.8, 216.10, 1050.5, 1224.15, 1407.6 e 1650.14). Con todo, a variación cofonder ~ confonder aparece con frecuencia nos cancioneiros: cofonder A vs. confonder B (197.28, 216.19), cofonder B vs. confonder A (194.7, 203.8, 216.10), cofonder B vs. confonder V (990.11, 1050.12, 19 e 22, 1497.19), cofonder V vs. confonder B (990.12, 1224.15, 1650.14). Cf. nota a 379.11.
O pronome el refírese ao sén da senhor, que xa aparece no v. 8 (vosso sén) como responsábel do erro contra o trobador.
Véxase nota ao v. 1.
Obsérvese como vosco en B (edición de Spampinato) suporía a contaxe bisilábica de mais neste verso (véxase nota a 12.8).
Na poesía trobadoresca galego-portuguesa é moi frecuente o encontro dos pronomes vos e lhe (ou lhi) polo frecuente uso de vos como dativo ético, resolto cunha asimilación da consoante alveolar á lateral palatal (106.14, 135.7, 142.13, 216.18, 254.16, 393.15, 490.13, 562.11, 722.16, 767.2, 819.2, 971.17, 1121.18, 1648.12), coa única excepción en 1388.8. A mesma solución se encontra nas Cantigas de Santa Maria (CSM 135.69, 151.38, 203.4, 265.102), mesmo algunha vez na secuencia pois + lle:
e poy-ll’ ouveron comprada, un dia ante da luz
moveron do porto Dovra (CSM 35.115).
e poi-ll’ alçaron a mesa, foi catar logo correndo
logar en que o fezesse (CSM 45.37).
foi enton ela moi leda poi-ll’ el diss’ onde ve͂era (CSM 55.72).
De novo estamos perante a forma mi(n) como complemento directo sen preposición (véxase nota a 10.1), que se reitera no corpus en especial co verbo co(n)fonder:
Cofonda Deus a que filhar o meu
amig’, e min, se eu filhar o seu (1008.19-20);
e que cofonda min, se verdad’é (1050.21);
confonda Deus log’i mí
muit’, e vós (1224.15).
Verbo de mezcrar, en B aparece a variante mizcrar, maioritaria no conxunto do corpus (véxase nota a 148.24).