En A a cantiga comeza no terceiro verso –ou, máis en concreto, coa última sílaba, çon, do v. 2–debido á ausencia do folio anterior.
I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 439 [= LPGP 671-672]); Littera (2016: II, 153).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 10-11); Braga (1878: 3); Carter (2007 [1941]: 131-132); Machado & Machado (1950: II, 200); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 369).
III. Antoloxías: López-Aydillo (1914: 44); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 144).
1-2 <...>çon A 2 coraçon] corazon V 3 dereito faç’e gram] dereit faç e mui grā A 4 outra] oura V 5 tan mansa nen tan] an mansa nē tan {T} {tan} / {tā māsa nē tā} A : tā māsa netā V 8 dereito faç’en] deito fazan V; vos] uus A 9 pude] pudi BV; veer] ueer {(uiuer) ueer} A 10 senhor] f’mosa BV; bõa] bona V 13 morrerei] moirerey B 14 vos] uus A; ũa] uhā B : uħa V 15 faç’en] fazen V; vos] uus A
2 vos] vus Michaëlis 8 vos] vus Michaëlis 9 pude] pud'i Littera 14 vos] vus Michaëlis 15 vos] vus Michaëlis
(I) Fermosa señora, crede por min que vos amo moi de corazón xa, e fago gran dereito e gran razón (niso), señora, porque nunca vin ningunha outra dona tan serena nin tan belamente ollar nin tan fermosa, nin tan ben falar (II) coma vós, señora; e, xa que así é, fago gran dereito en vos amar, pois nunca puiden ver outra dona, señora, abofé, tan serena nin tan belamente ollar nin tan fermosa, nin tan ben falar (III) coma vós, por quen cedo hei de morrer; mais antes direivos unha cousa: fago dereito en vos amar, porque nunca vin nin verei dona tan serena nin tan belamente ollar nin tan fermosa, nin tan ben falar.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:5)
Esta cantiga é tamén atribuída a Afonso Fernandez Cebolhilha.
Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición, incluída na relación de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), véxase nota á cantiga 15.
Probabelmente, o erro do Cancioneiro da Ajuda coa introdución do adverbio mui, que converte o verso en hipermétrico, estea condicionado pola reiterada aparición da partícula en mui de coraçon (v. 2), mui gran dereito (v. 8) ou mui gran ben (v. 19). Véxase nota a 65.1.
Obsérvese o lapso de BV na copia da cantiga, que a lección de A permite emendar convenientemente. En calquera caso, o evidente erro, por razóns métricas, remite a algunha outra equivalencia deste tipo que se pode achar nos cancioneiros (cfr. dona / senhor en 405.20).
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de V é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de AB), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.