413 [= RM 114,21 (= 157,60)]
Sennor fremosa, por Nostro Sennor

Sennor fremosa, por Nostro Sennor
e por mesura e porque non á
en min senon mort’, e cedo sera,
e porque sõo vosso servidor,
e polo ben que vos quer’outrossi,
ai meu lume, doede-vos de min!
Por mercee que vos venno pedir
e porque sõo vosso e porque non
cato por al, nen seria razon,
e porque sempre vos ei a servir,
e polo ben que vos quer’outros[s]i,
[ai meu lume, doede-vos de min!]
Porque vos nunca podedes perder
en aver doo de min, e por qual
vos fezo Nostro Sennor, e por al,
porque soub’eu, qual sodes, connocer,
e polo ben que vos quer’outros[s]i,
[ai meu lume, doede-vos de min!]
Por quan mansa e por quan de bon prez
e por quan aposto vos fez falar
Nostro Sennor, e porque vos catar
fez máis fremoso de quantas El fez,
e polo ben que vos quer’outros[s]i,
[ai meu lume, doede-vos de min!]
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


A 254

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 496-497); Cunha (1999 [1945]: 131-132); Monteagudo (1984: 337-338 [= LPGP 722]); Littera (2016: II, 223-224).
II. Outras edicións: Cotarelo Valledor (1934: 194-195), Carter (2007 [1941]: 149); Machado & Machado (1960: VII, 44-45); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 413).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 228-229); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 163); Alvar & Talens (2009: 510).

Variantes manuscrites


5 vos] uos A   6 vos] uos A   7 vos] uus A   10 vos] uos A   11 vos] uus A   13 vos] uus A   15 vos] uos A   17 vos] uus A

Variantes éditoriales


5 vos] vos Michaëlis   6 -vos de min] -vus de mi Michaëlis   7 mercee] mercê é Michaëlis : mercê’ é Cunha; vos] vus Michaëlis : uus Monteagudo   8 vosso] voss(o) Michaëlis : voss’ Cunha   10 vos] vus Michaëlis   11 vos] vus Michaëlis; outros[s]i] outro[s]í Monteagudo   12 -vos de min] -vus de mi Michaëlis   13 vos] vus Michaëlis   15 vos] vos Michaëlis   16 connocer] coñecer Monteagudo   17 vos] vus Michaëlis   18 -vos de min] -vus de mi Michaëlis   20 vos] vus Michaëlis   21 vos] vus Michaëlis   23 vos] vus Michaëlis; outros[s]i] outro[s]í Monteagudo   24 -vos de min] -vus de mi Michaëlis

Paraphrase


(I) Señora fermosa, por Noso Señor e por mesura e porque non me resta máis que a morte, e cedo será, e porque son o voso servidor, e outrosí polo ben que vos quero, ai miña luz, apiadádevos de min!

(II) Por mercé que vos veño pedir e porque son voso e porque non me interesa ningunha outra cousa, nin tería sentido, e porque sempre vos hei de servir, e outrosí polo ben que vos quero, ai miña luz, apiadádevos de min!

(III) Porque vós nunca sairedes perdendo por terdes piedade de min, e por cal vos fixo Noso Señor, e por outra cousa –porque eu souben apreciar ben como sodes–, e outrosí polo ben que vos quero, ai miña luz, apiadádevos de min!

(IV) Por tan doce e por tan estimada e por tanta xentileza con que Noso Señor vos fixo falar, e porque vos fixo ollar máis fermosamente que cantas El fixo, e outrosí polo ben que vos quero, ai miña luz, apiadádevos de min!

Métrique


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:191)

Encontros vocálicos: 8 vosso,e

Notes


Texte
  • *

    Esta cantiga tamén é considerada anónima.

  • 11

    A forma <outrosi> do refrán nos vv. 11, 17 e 23 (cfr. <outrossi> no v. 5), é outra mostra no Cancioneiro da Ajuda de diferentes confusións gráficas no ámbito das sibilantes, nomeadamente da grafía <s> en contextos en que representa /s/, grafado de regra con <-ss->. Esta grafía detéctase especialmente en desinencias do pretérito de subxuntivo: <amase> amasse (409.6), <deues(e)> devesse (282.14), <disses(e)> dissesse (409.21), <ousas(e)> ousasse (346.3, 982.22), <podes(e)> podesse (409.2), <quisesedes> quisessedes (88.15, 812.7), <soffresen> sofressen (85.17), <uis(e)> visse (138.6). Alén desta desinencia, tamén se acha a mesma representación gráfica en <asi> assi (240.23, 318.15), <disesse> dissesse (199.28), <pos(o)> posso (409.14), <uasalo> vassalo (84.12), <uoso> vosso (362.2). Véxanse tamén notas a 66.21, 69.7, 80.10 e 89.2.

  • 16

    Semella obvio o lapso na forma coñecer de Monteagudo, pois conhocer, con manutención do vocalismo latino previo á asimilación (< cognoscere) é forma practicamente única no corpus profano, onde só se rexistra a forma conhecer en 113.22, xunto con conhecedor en 113.11 e 380.16.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé