I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 243-244); Spampinato Beretta (1987: 87-88 [= LPGP 297-298]); Littera (2016: I, 319).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 100); Carter (2007 [1941]: 71-72); Marques Braga (1945: 225-226); Machado & Machado (1949: I, 378-379); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 217).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 197-198).
1 Sennor] Ennor A 3 foi] om. A; ouve] ouuj B 4 gran] gam B; faz] fez B 7 don’oi] dona vy B 8 me contra vós, por Deus, i] mj por d’s ꝯ̃ uos hi B 9 quan] q̄ B 10 sode-la] sodes a B 11 eno] eu no B 13 al] (qu)al A 14 ouse] ousa B 15 Mai-la] Mays a B 16 sempr’a quen na] sempʳ aq̄na B 19 quen] q̄ B 20 lle] lhi B 22 faço, e] façe B 23 mi assi vossa mesura fal] ma ssy uosa mesura (mesur) fal B 24 se] se(u) A; morrer] moirer B
1 quant’eu] quand’eu Michaëlis 4 faz] fez Michaëlis, Spampinato Beretta 14 vos] vus Michaëlis, Spampinato Beretta 16 quen na] quen'a Littera
(I) Señora fermosa, canto eu maldixen o voso siso e a vós e o voso amor, foi coa ira que sentín, miña señora, e pola gran coita que así me fai, señora, perder de tal maneira a razón que vos maldixen a vós, en quen hai tanto ben canto nunca ouvín doutra muller.
(II) Mais vállame contra vós, por Deus, nesta situación a vosa mesura e o gran pavor que eu teño de vós, que sodes a mellor dona de cantas no mundo vin; e, se isto non me vale contra vós, señora fermosa, non coñezo hoxe outra razón con que eu me atreva a vos rogar por min.
(III) Mais a mesura, que tanto soe sempre valer, señora, a quen Deus lla quere dar, me valla contra vós, e o pesar que sinto, señora, por canto fun dicir, porque, miña señora, quen ten unha coita moi grande no corazón (esta) faille dicir algunha cousa para a que despois non sabe encontrar remedio, (1) como hoxe eu fago, e estou moi mal, porque, se me falta a vosa mesura, non hai outra saída, señora, agás morrer.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a + 10d 10d 10a (= RM 161:30)
Encontros vocálicos: 12 mi‿aquesto; 23 mi‿assi
O pronome vós (tamén no v. 7), como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
Con certa frecuencia aparece unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal faz, presente histórico, fronte a fez, forma de pretérito no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase 130.10, 221.r1, 303.1); con todo, noutras pasaxes acontece exactamente ao contrario. Véxase nota a 193.3.
Neste sentido, aínda sendo posíbel a lección de B, é desnecesaria a opción editorial de Michaëlis (e Spampinatto) en prol do pretérito, que quebra a fidelidade ao Cancioneiro da Ajuda.
A confusión e/ou alternancia vi-oi (veer-oir) é frecuente na expresión trobadoresca, como mostra ben a aparición da lección <vy> en B face a <oi> en A (véxase nota a 486.1). Porén, nesta pasaxe é superior a lección de A, conforme indica a aparición de vi como palabra rimante no v. 11.
A lección de B, levemente diverxente de A, tamén sería posíbel: dona de quantas eu no mundo vi.
Como noutras ocasións, en B achamos maior tendencia á presenza de a como nexo preposicional de ousar co infinitivo (ous’a rogar). Véxase nota a 95.16.