176 [= RM 125,52]
Sennor, per vós sõo maravillado

Sennor, per vós sõo maravillado
porque vos pesa de vos ben querer,
e a Deus devo muit’a gradecer
porque mi á esto, sennor, achegado,
que vos vejo por vos preguntar én
e por vos ar dizer log’outra ren:
ca vos non quero ben pelo meu grado.
Mais, mia sennor, fui desaventurado
u me vos Deus fez primeiro veer,
que me non fez log’i morte prender,
ca per aquesto fora eu guardado
ou por perder, sennor, enton o sén,
ca non temera vós despois nen quen
ei a temer por vós, mao pecado!
E, mia sennor, por Deus, que máis loado
fez vosso prez pelo mundo seer
e vós das outras donas máis valer,
pois eu, cativo, desaconsellado,
sen no meu grado vos quero gran ben,
dizede-me por que vos pesa én
quand’eu, sennor, que mal dia fui nado,
non atendo de vós, por que me ven
muito de mal, mentr’eu viver, por én
senon desej’e afan e coidado.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manoscritti


A 86, B 190

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 183-184); Blasco (1984: 83 [= LPGP 839]); Marcenaro (2012b: 151-152); Littera (2016: II, 342).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 81); Carter (2007 [1941]: 52); Marques Braga (1945: 166-167); Machado & Machado (1949: I, 308-309); Fernández Pousa (1953: 7); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 176).

Varianti manoscritte


1 sõo] soo B   2 vos pesa] uus pesa A; de vos] de uus A   4 mi á esto] ma esto B   5 que vos] que uus A; por vos] por uus A   6 vos] uus A; ar dizer log’outra] er dizer logutra B   7 ca vos] ca uus A   8 desaventurado] desaueturado A : desauētᵉado B   9 primeiro] pⁱmero A   10 me] mj B   12 por] ꝑ B; sennor] om. B   13 despois] de pois B; nen] neu B   14 a temer] atender B; pecado] pocādo B   15 E] A B   18 cativo] catuio B   19 sen no] seno B; vos] uus A   20 dizede-me] dizedemj B   21 que] (s) q̄ B; fui] foy B   24 coidado] cuidado B

Varianti editoriali


1 per] por Michaëlis   2 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Blasco   3 muit’a gradecer] muit’agradecer Littera   4 á ... achegado] a ... há chegado Littera   5 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis, Blasco   6 vos] vus Michaëlis, Blasco   7 vos] vus Michaëlis, Blasco   9 vos] vus Michaëlis, Blasco   13 vós] vos Marcenaro   17 vós] vus Michaëlis : vos Marcenaro   19 sen no] sen o Michaëlis, Marcenaro : seno Blasco : sen’o Littera; vos] vus Michaëlis, Blasco   20 vos] vus Michaëlis, Blasco

Parafrasi


(I) Señora, marabíllome de vós porque vos pesa que vos ame, e a Deus debo agradecer moito porque me dispuxo isto, señora, que vos vexo para vos preguntar sobre iso e para vos dicir aínda outra cousa: que non vos quero ben por vontade miña.

(II) Mais, señora, fun desgrazado cando Deus fixo que vos vise por primeira vez, que non me fixo morrer alí mesmo, pois así eu sería amparado, ou por perder entón o siso, xa que, infelizmente, despois non tería temor de vós nin de quen teño que temer por vós!

(III) E, miña señora, por Deus, que fixo que o voso prez fose máis louvado polo mundo e que vós valésedes máis que as outras donas, xa que eu, desventurado, sen remedio, vos amo contra a miña vontade, dicídeme por que iso vos causa pesar, cando eu, señora, que en mal día nacín, (1) non espero de vós, por quen me vén moito mal, mentres eu viva, máis que desexo e afán e preocupación.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10b 10b 10’a 10c 10c 10’a + 10c 10c 10’a (= RM 161:171)

Encontros vocálicos: 4 miá

Note


Testo
  • 3

    A forma agradecer era aínda unha forma inexistente na lingua trobadoresca, razón pola cal a segmentación de Littera non é correcta, xa que a ten de ser o nexo na perífrase dever + a + gradecer.

  • 4

    A solución de Littera resulta estraña por canto debe interprestarse que Deus achegou ao trobador o amor da senhor (o CD é esto); de acordo coa lectura de Littera, Deus chegou (‘achegou’) o trobador a esa situación (o CD é mi).

  • 6

    O adverbio de reforzo ar tende á oposición ar A vs. er BV, aínda que existe lección coincidente ar AB en 140.20, 188.18, 198.28, 216.12, 243.25, 272.9, 277.12. Na realidade, a situación é aínda máis complexa, porque a oposición ar A vs. er B aparece en 134.15, 135.23, 137.29, 142.17, 176.6, 177.4 e 199.34, mais en 310.7 e 14 a oposición é inversa: er A vs. ar B. Cfr. tamén nota a 1310.7 e 383.19-20.

  • 9

    Dun modo similar a erros de copia <o>/<ou> no Cancioneiro da Ajuda (véxase nota a 65.32), neste manuscrito tamén existen varios casos de <e>/<ei> (coa lección correcta en BV), que deben ser postos en relación co feito de o cancioneiro ter sido copiado en Castela: direi <dire> A (122.17; 170.5, 6 e 20, fronte a <direi> nos vv. 13 e 27; 177.27), primeiro <p’mero>, <primero> A (196.15, 300.13), acordei <acorde> (247.16), Nogueira <noguera> A (1235a.5).

  • 13

    A variación despois (< de-ex-pŏst) vs. depois (< de-pŏst) entre A e BV non indica preferencia por ningunha das formas (para alén da predominancia da forma depois) conforme os cancioneiros: en 176.13 e 279.r1. A ofrece despois fronte a depois en B, mentres que en 361.10 e 423.15 aparece depois en A e despois en BV.

    Ademais, o pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca. 

  • 14

    O xeral resultado mao do lat. malum é sistemático cando vai posposto ao nome, mais convive coa forma con perda de vogal final por posición proclítica (mal) en certos sintagmas. No que a pecado di respecto, mao pecado é solución minoritaria verbo de mal pecado, do mesmo xeito que se rexistra mao dia (vs. mal dia) e mao preço ou mao prez (vs. mal preço, mal prez). 

  • 24

    A construción tríplice desej’e afan e coidado reaparece, reordenada, en Afonso Sanchez, e moi similar en Juião Bolseiro:

    ..., pois me deu por én
    mui grand’afan e desej’e cuidado (374.7). 

    Ai meu amigo, avedes vós per mí 
    afan e coit’e desej’e non al
    (1194.2).

Cerca
    Nessun risultato trovato