418 [= RM 50,11]
Sennor, que eu por meu mal vi

Sennor, que eu por meu mal vi,
pois m’eu de vós a partir ei,
creede que non á en mí
senon mort’ou ensandecer,
pois m’eu de vós a partir ei
e ir allur sen vós viver.
Pois vos eu quero mui gran ben
e me de vós ei a quitar,
dizer-vos quer’eu ũa ren
(o que sei no meu coraçon),
pois me de vós ei a quitar
[.................................. -on].
E mal dia naci, sennor,
pois que m’eu d’u vós sodes vou,
ca mui ben sõo sabedor
que morrerei, u non jaz al,
pois que m’eu d’u vós sodes vou,
sennor, que eu vi por meu mal.
E logo, u m’eu de vós partir,
morrerei se mi Deus non val.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


A 259, B 436, V 48

No Cancioneiro da Ajuda os vv. 5-6 foron copiados como refrán.

A fiinda só aparece copiada en BV.

Edições


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 507-508); Lanciani (1977: 62 [= LPGP 339]); Littera (2016: I, 376).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 24-25); Braga (1878: 9-10); Carter (2007 [1941]: 152); Machado & Machado (1950: II, 262-263); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 418).
III. Antoloxías: Nunes (1932: 19-20); Piccolo (1951: 124-125).

Variantes manuscritas


3 que] que que B; mí] min A   5 pois] ois A; m’eu de] mende B   6 vos] uos A   9 o] e BV   15 sõo] soo B : sco V   16 morrerei] moirerey B; jaz] iam V   18 om. A : senhᵉ q̄ eu uj pᵉ meu mal / Poysme deuos ej B : senhᵉ q̄ eu ui pᵉmeu mal / poys me de uos ei V   19-20 om. A

Variantes editoriais


En Michaëlis os vv. 2 e 5 de cada estrofa son dispostos tipograficamente como refrán.

7 vos] vos Michaëlis : vus Lanciani   9 vos] vus Michaëlis, Lanciani   10 o] e Michaëlis   12 [de pran, morrerei logu’enton] Michaëlis   19 logo] log(o) Michaëlis

Paráfrase


(I) Señora, que eu vin para o meu mal, pois eu de vós me teño que separar, crede que non me fica outra cousa agás a morte ou a loucura, porque eu me teño que afastar de vós e ir vivir a outro lugar sen vós.

(II) Pois eu vos amo moito e me teño que separar de vós, quérovos dicir unha cousa –o que sei no meu corazón que vai pasar– porque me teño que afastar de vós [... -on].

(III) En mal día nacín, señora, porque eu me vou de onde vós estades, pois sei moi ben que morrerei, certamente, porque eu me vou de onde vós estades, señora, que eu vin para o meu mal.

(1) E logo morrerei, cando eu me separe de vós, se Deus non me auxilia.

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8a 8c 8b 8c (= RM 121:3) + 8e 8c

Encontros vocálicos: 19 logo,u

Notas


Texto
  • *

    A transmisión e, por conseguinte, a configuración definitiva desta cantiga é problemática, feito que explica as diversas opcións editoriais. No Cancioneiro da Ajuda a composición aparece copiada cun refrán de dous versos (vv. 5-6), de modo que, erradamente, na segunda e terceira estrofa só é copiado o hipotético primeiro verso do refrán (vv. 11 e 17), que non ten tal carácter. En BV non existen indicacións de refrán na primeira estrofa, nin é copiado (nin abreviado) na segunda estrofa, ao tempo que, na terceira estrofa, é copiado un verso similar ao íncipit, seguido do inicio do v. 2, nun proceso de repetición frecuente de versos ao longo da composición: I (v. 2 = v. 5), II (v. 8 = v. 11, coa variación e / pois), III (vv. 14 = 17).

    A opción editorial máis factíbel ten de partir da inexistencia de refrán, por máis que Michaëlis dispoña tipograficamente como tal os versos segundo e quinto de cada estrofa. En calquera caso, a opción alternativa –considerar a presenza dun refrán no sexto verso–, para alén das incongruencias na copia de A e a súa inexistencia en BV, presentaría un problema de ligazón sintáctica forzada na estrofa II e imposíbel na estrofa III. 

  • 12

    O esquema estrófico solicita unha rima –on. Alén diso, a hipótese de restauro de Michaëlis (de pran, morrerei log’enton)  é bastante plausíbel. 

  • 16

    A frase formularia u non jaz al ‘certamente, sen dúbida’, concorrente con u al non jaz (só en 55.15), é equivalente a u al non á (e as súas variantes), como se patentea a través da variante de B’ na cantiga 31 (véxanse notas a 25.11 e 66.29). De todos os xeitos, nótese como na segunda copia desa cantiga se rexistra a variante fraseolóxica u non á al (<hunō aal B’), que só se rexistra en 104.34.

  • 19-20

    Ausente de A (no seu lugar foi copiada a fiinda da seguinte cantiga e posteriormente raspada), a fiinda da cantiga presenta anomalías na rima, pois só no segundo verso se retoma a rima c da terceira estrofa, mentres que o primeiro verso non ten correspondencia con ningunha outra rima da composición.

Procurar
    Não foram encontrados resultados