855 [= RM 73,8]
Tal ventura quis Deus a min, sen[h]or

Tal ventura quis Deus a min, sen[h]or,
dar contra vós que non posso partir
meu coraçon de vos gran ben querer:
assi me ten forçado voss’amor
de tal força que non posso fugir
a esses olhos, que foron veer
aquestes meus, mia sen[h]or, por meu mal,
pero ben sabe Deus, que pod’e val,
que sempr’eu pugi no meu coraçon
en vos servir porque vos sei amar
máis d’outra ren; mais mia ventura tal
é contra vós que nen ũu galardon
non ei de vós senon quando catar
vou esses olhos que por meu mal vi,
que eu vi sempre por gran mal de mí
e por gran mal daquestes olhos meus
que vos viron, mia sen[h]or; e por én
a mia ventura me trag’or’assi
atan coitado, assi me valha Deus,
por esses olhos, que per nulha ren
perder non posso a gran coita que ei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manoscritti


B 859, V 445

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 271-272); Finazzi-Agrò (1979: 71 [= LPGP 480]); Littera (2016: I, 559).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 165); Braga (1878: 84); Machado & Machado (1953: IV, 187).

Varianti manoscritte


1 ventura] uant̃a B : uentar V   3 coraçon] coracō B : corazō V; vos] uos BV   4 forçado] forcado B : forzado V   5 força] forza V   6 olhos] olhcs B   9 coraçon] coraco B   10 vos] uos BV   12 galardon] galandom V   13 vós] uꝯ BV; senon] senõ V   14 olhos] olhcs B   15 mí] mī V   16 olhos] olhcs B   17 vos] uos BV; viron] uitō B; por én] poen B   18 ventura] ueut̃a B   19 atan] aram V; valha] nalha V   20 olhos] olhcs B

Varianti editoriali


4 forçado voss’amor] forçad’o voss’amor Finazzi-Agrò, Littera   6 veer] ver Nunes   10 en] de Nunes; vos] vus Finazzi-Agrò   12 nen ũu] nenhũu Finazzi-Agrò : nenhum Littera   21 posso] poss(o) Nunes

Parafrasi


(I) Tal sorte me quixo dar Deus, señora, en relación a vós, que non podo afastar o meu corazón de vos amar: así me ten forzado o voso amor con tal forza que non podo fuxir deses ollos, que estes meus foron ver, miña señora, para o meu mal, (II) pero ben sabe Deus todopoderoso que sempre eu tiven a vontade de vos servir porque vos sei amar máis ca ningunha outra cousa; mais é tal a miña sorte en relación a vós que non recibo ningún galardón de vós agás cando cato eses ollos que para o meu mal vin, (III) que eu vin sempre para o meu gran mal e para o gran mal destes ollos meus que vos viron, miña señora; e por iso a miña sorte me trae agora así tan coitado, así Deus me valla, por eses ollos, que non podo perder por nada a gran coita que teño.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10c 10a 10b 10c 10d (= RM 211:1)

Encontros vocálicos: 12 ũ͜u; 19 coitado,‿assi; 21 posso‿a

Note


Testo
  • *

    Esta composición, con ligazón conceptual a través da adversativa das estrofas I-II ben xustifica unha puntuación sen ruptura estrófica final. En calquera caso, a cantiga non foi incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), nin ten tal carácter nas anteriores edicións (Nunes e Finazzi-Agrò só ligan as estrofas II-III).  Cfr. notas ás cantiga 55 e 74. Véxase notas ás cantigas 15 e 23.

  • 4

    Non existen razóns obxectivas para a decisión editorial arredor da eventual segmentación do artigo en forçad’o voss’amor (así en Finazzi-Agrò e en Littera), xa que o uso do posesivo sen artigo é maioritario na lingua das cantigas.

  • 5

    O verbo fugir é variante da forma, aínda maioritaria, fogir (< fŭgĕre), que sofreu un proceso de asimilación e harmonización vocálica ([o...í] > [u...í]) que afecta tamén as formas conxugadas; un proceso similar verifícase noutros verbos con representación no corpus profano: bulir (vs. bolir), cuspir (vs. cospir), destruir (vs. destroir), nuzir (vs. nozir); o mesmo acontece coas formas avurrido ou fugido. Cfr. nota a 460.2.

  • 12

    O indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 13

    A lección dos apógrafos italianos mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, necesariamente tónico neste contexto, que comparece nos manuscritos como unha forma átona <uꝯ>, cun erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Así, en BV, pode verse a lección errada coincidente tamén en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 840.17, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V). Porén, o lapso de copia rexístrase tamén no Cancioneiro da Ajuda fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8; e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B). 

Cerca
    Nessun risultato trovato