946 [= RM 63,73]
Tan grave m’é, senhor, que morrerei

Tan grave m’é, senhor, que morrerei,
a mui gran coita que, per boa fe,
levo por vós, e a vós mui grav’é;
pero, senhor, verdade vos direi:
se vos grave é de vos eu ben querer,
tan grav’é a mí, mais non poss’al fazer.
Tan grave m’é esta coita en que me ten
o voss’amor que non lh’ei de guarir,
e a vós g[ra]v’é sol de o oir;
pero, senhor, direi-vos que mi aven:
se vos grave é de vos eu ben querer,
[tan grav’é a mí, mais non poss’al fazer].
Tan grave m’é que non atendo ja
de vós senon mort’ou mui gran pesar,
e [mui] grav’é a vós de vos coitar;
pero, senhor, direi-vos quant’i á:
se vos grave é de vos eu ben querer,
[tan grav’é a mí, mais non poss’al fazer].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 943, V 531

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 351-352); Rodríguez (1980: 61 [= LPGP 406]); Littera (2016: I, 425-426).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 191); Braga (1878: 101); Gassner (1933: 391-392); Machado & Machado (1953: IV, 311-312); Fernández Pousa (1959: 84).
III. Antoloxías: Mongelli (2009: 79).

Variants manuscrites


1 morrerei] moirerey B   3 levo] Senō B : se no V; a vós] aues B   13 Tan] Mui BV   14 senon] senõ V

Variants editorials


3 levo por vós, e a vós mui grav’é] senon por vós [ei], e a vós grav’é Nunes   5 grave é] grav’e Nunes   6 tan] om. Nunes   11 grave é] grav’e Nunes   12 tan] om. Nunes   15 e [mui] grav’é a vós de vos coitar] e grav’e a vós de vos [eu] coitar Nunes : e grav’é a vós de vos [eu] coitar Rodríguez, Littera   17 grave é] grav’e Nunes   18 tan] om. Nunes

Paràfrasi


(I) Tan grave me é a moi gran coita que levo por vós, señora, que morrerei, abofé, e a vós resúltavos moi grave; mais, señora, direivos a verdade: se vos resulta grave que eu vos ame, tan grave é para min, mais non podo facer outra cousa.
(II) Tan grave me resulta esta coita en que me ten o voso amor que non sobrevivirei, e a vós resúltavos grave só de o ouvir; pero, señora, direivos o que me pasa: se vos resulta grave que eu vos ame, tan grave é para min, mais non podo facer outra cousa.
(III) Tan grave me resulta que non espero xa de vós senón morte ou moi gran pesar, e resúltavos moi grave que vos cause coita; pero, señora, direivos o que hai respecto a iso: se vos resulta grave que eu vos ame, tan grave é para min, mais non podo facer outra cousa.

Mètrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:98)

Encontros vocálicos: 5 graveé; 6 éa; 7 coitaen; 10 miaven; 11 graveé; 12 éa; 17 graveé; 18 éa

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga presenta unha obvia intertextualidade coa cantiga 509, de Don Denis (véxase Gonçalves 2016 [1992]: 226-228):
              Grave vos é de que vos ei amor,
              e, par Deus, aquesto vej’eu mui ben;
    ​​​​​​​          mais empero direi-vos ũa ren,
    ​​​​​​​          per boa fe, fremosa mia senhor:
    ​​​​​​​          ​​​​​​​se vos grav’é de vos eu ben querer,
    ​​​​​​​          grav’ést’a mí, mais non poss’al fazer.

     

    ​​​​​​​          Grave vos é, ben vej’eu que é assi,
    ​​​​​​​          de que vos amo máis ca min nen al
    ​​​​​​​          e que [e]st’é mia mort’e meu gran mal;
    ​​​​​​​          mais, par Deus, senhor, que por meu mal vi,
    ​​​​​​​          se vos grav’é de vos eu ben querer,
    ​​​​​​​          [grav’ést’a mí, mais non poss’al fazer].

     

    ​​​​​​​          Grave vos ést’, assi Deus mi perdon,
    ​​​​​​​          que non podia máis, per bõa fe,
    ​​​​​​​          de que vos am’, e sei que assi é;
    ​​​​​​​          mais, par Deus, coita do meu coraçon,
    ​​​​​​​          se vos grav’é de vos eu ben querer,
    ​​​​​​​          [grav’ést’a mí, mais non poss’al fazer],

    ​​​​​​​

    ​​​​​​​          pero máis grave dev’a min seer
              quant’é morte máis grave ca viver.

  • 1-3

    Nótese o hipérbato producido polo deslocamento da cláusula introducida pola locución tan ... que: «Tan grave m’é, senhor, a mui gran coita que, per boa fe, levo por vós que morrerei».

  • 3

    O erro dos apógrafos italianos, moi probabelmente producido pola confusión frecuente <l>/<ſ> (leuo → ſeuo → seno → senõ), provocou o erro de edición en Nunes (levo / senon) que se viu obrigado a novas emendas no texto do verso.

  • 6

    Quizais por non considerar a sinalefa éa (cfr. a mesma sinalefa en 47.9, 359.14, 835.7 e 13) ou, se cadra, condicionado polo verso grav’ést’a mí, mais non poss’al fazer da composición dionisina, Nunes omitiu tan no segundo verso do refrán.

  • 13

    O sistemático inicio de cada estrofa con Tan grave m’é delata o lapso nos copistas, que ofrecen neste verso a lección Mui grave m’é, coherente semántica e metricamente, mais que quebra a anáfora inicial e a estrutura simétrica nas tres estrofas entre os vv. 1 e 3: I Tan grave m’é ... mui grav’é - II Tan grave m’é ... grav’é - III Tan grave m’é ... mui grav’é.

  • 15

    Nunes e Rodríguez e mais Littera optaron pola reintegración do pronome eu para resolver a medida decasilábica do verso (e grav’é a vós de vos [eu] coitar); porén, xulgamos máis acaída a reintegración de mui (e [mui] grav’é a vós de vos coitar) á vista do v. 3 (... e a vós mui grav’é).

     

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat