I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 577-578); Panunzio (1992 [1967]: 80-81 [= LPGP 790-791]); Littera (2016: II, 285-286).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 203); Braga (1878: 108); Carter (2007 [1941]: 169); Machado & Machado (1953: IV, 359-360); Fernández Pousa (1956: 809); Juárez Blanquer (1988: 89-90); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Diogo (1998: 67).
1 Tan muito vos] an muyto uos A 2 amou] amon B 3-4 nado; / pero] nado (pero) / pero V 7 pont’eu] poteu V 10 vos] uos A; eu] om. BV 11 vos] uos A 14 vos] uos A 15 vos] uos A 16 me] mj B : mi V 17 vos] uos A 18 nada] nadam V 19 Ca] Que BV; vos] uos A 20 vos vi, podera enton] uos ui poderiades enton A 22 nunc’ar fui guardado] al nunca foy guarda BV 23 de] da V 24 entendi-m’eu des enton] atendeme enton B : atendemel enton V 26 Deus] des V; ca] que B : q̅ V
1 vos] vus Michaëlis, Panunzio 10 vos] vos Michaëlis : vus Panunzio 11 vos] vus Panunzio 14 vos] vos Michaëlis : vus Panunzio 15 vos] vos Michaëlis : vus Panunzio 16 me] mi Panunzio 17 vos] vos Michaëlis : vus Panunzio 19 Ca] Que Panunzio, Littera; vos] vus Michaëlis, Panunzio 20 vos] vos Michaëlis : vus Panunzio; podera] poder(a) Michaëlis 21 afan] afã Littera 26 ca] que Panunzio
(I) Tanto é o moito que eu vos amo, señora, que nunca ningún home nacido amou tanto a unha señora; pero, desde que nacín, non puiden obter de vós, señora, (algo) polo que dixese: «Ai, miña señora, en boa hora eu nacín!». Mais quen fose vosso (vasalo), señora, en boa hora sería nado.
(II) E o día que eu vos vin, señora, en tal hora vos vin que xa nunca durmín nada nin desexei máis nada senón o voso favor, despois de que vos vin; e dígome a min mesmo: «Por que vos vin, xa que non me vale de nada?». En mal día nacín eu, porque vos vin, e vós en bo día nacestes!
(III) Pois se eu non vos vise entón cando vos vin, puidera entón ficar libre do afán; mais desde entón tampouco nunca fun gardado dunha coita moi grande, e comprendín eu desde entón que é protexido aquel que Deus protexe, pois, desde ese momento, calquera home é protexido.
Esquema métrico: 3 x 8a 8a 6’b 6’b 8a 8a 6’b 8a 6’b (= RM 40:1)
Encontros vocálicos: 20 podera‿enton
Repárese no artificio métrico da repetición estrófica da mesma palabra rimante nos versos octosilábicos (I sennor, II vi, III enton) e nos versos hexasilábicos (I nado, II nada, III guardado).
O pronome indefinido al ‘outra cousa’ forma locucións indefinidas positivas con que-quer ‘outra cousa calquera’ (al que-quer, véxase nota a 141.12) e negativas con ren (al ren ‘ningunha cousa, nada’: 72.21, 84.23, 209.14, 253.14, 879.19, 1055.14), mais tamén con nada (al nada ‘ningunha cousa, nada’, con dúas ocorrencias no corpus (véxase tamén 708.16). Véxase nota a 72.21. Cfr. nota a 159.22 e 431.14.
A teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV), tal como se percibe nesta pasaxe e noutras moitas: 66.6, 84.15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 981.19 e 26, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1 .
A copia do Cancioneiro da Ajuda evidencia a presenza dun erro inusual neste cancioneiro (poderia des enton), neste caso coa lección correcta nos apógrafos italianos (podera enton).