804 [= RM 114,24]
Tanto falan do vosso parecer

Tanto falan do vosso parecer
e da vossa bondade, mia senhor,
e da vossa mesura que sabor
an muitos por esto de vos veer;
mais non vos digan que de coraçon
vos outro quer ben senon eu, ca non
saben quant’á’n vós de bon conhocer,
ca poucos son que sábian entender
quantos bẽes en vós á, nen amor
sábi[an] aver én (quen muito non for
entendudo non o pode saber);
mais-lo gran ben, á i mui gran sazon,
eu vo-lo quer’, e outro con razon
non vo-lo pode tan grande querer,
ca tanto ben ouví de vós dizer
e tanto vos sodes vós a melhor
dona do mundo que o que non for
veer-vos logo non cuid’a viver;
mais o gran ben (e peço-vos perdon)
eu vo-lo quer’, e por vós quantos son
non saberan, com’eu moiro, morrer.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


B 808, V 392

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 240-241); Cunha (1999 [1945]: 104); Monteagudo (1984: 329-330 [= LPGP 723-724]); Littera (2016: II, 213).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 148); Braga (1878: 74); Cotarelo Valledor (1934: 188-189); Machado & Machado (1953: IV, 108).

Variants manuscrites


2 om. B   4 muitos] muytus B   7 quant’á’n] quanto / n B : quanton V   10 quen] quā BV   13 razon] raçō V   15 ca] E a B   18 cuid’a] cuydaua B   19 peço] pezo V   21 moiro, morrer] moyre moyrer B : moyre moirer V

Variants editorials


6-7 non / saben quant’á’n vós de bon conhocer] non / saben, quant’eu vós, de bon conhocer Nunes : nom / sabem quant’em vós de bom conhocer Cunha : non / saben quant’eu uós, de bon conhocer Monteagudo : nom / sabem quant’eu vós, de bom conhocer Littera   9 bẽes] beens Littera   10 aver én] aver e Nunes : aver, e Cunha : auer, e Monteagudo   11 non o] nõ-no Cunha   12 á] a Monteagudo

Paràfrasi


(I) Tanto falan da vosa beleza e da vosa bondade, miña señora, e da vosa mesura, que por iso moitos senten o desexo de vos ver; mais non vos digan que outro vos ama de corazón senón eu, pois non saben recoñecer canto hai en vós de grande entendemento, (II) pois poucos hai que saiban entender cantos bens hai en vós, nin que saiban ter amor eles (quen non for moi entendido non o pode saber); mais hai xa moito tempo que eu vos amo, e outro razoadamente non vos pode tanto querer, (III) pois tan ben ouvín falar de vós e tanto sodes vós a mellor dona do mundo que o que non vos for ver axiña non pensa en seguir vivo; (IV) mais o grande amor (e pídovos perdón) eu volo teño, e cantos (homes) existen non saberán, como eu morro, por vós morrer.

Mètrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:71)

Encontros vocálicos: 8 sá·bi͜an; 10 sá·bi͜[an]

Notes


Text
  • *

    Esta composición é unha verdadeira cantiga ateúda, con ligazón sintáctico-discursiva, de tipo causal, entre as súas tres estrofas, aínda que non fose incluída na relación de ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270) nin teña tal carácter en ningunha das precedentes edicións. Véxase nota á cantiga 15.

  • 4

    Diferentemente do que acontece en V, no Cancioneiro da Biblioteca Nacional é infrecuente a aparición da desinencia gráfica -us alén de, nomeadamente, Deus e os posesivos meus, teus, seus. Cando se rexistra, aparece maioritariamente na P4 verbal (5.1, 2 e 8; 598.7, 8, 15 e 19; 1464.8, 12 e 16; 1501.7, 16 e 19; 1512.4; 1576.2, 1633.7; 1661.20). As restantes aparicións limítanse a algún nome (<olhus> en 120.1, 306.14, 1083.14, 1348.12; <amigus> en 196.8; <nauarrus> en 1348.15; <caualeyrus> en 1643.11) e algunhas palabras gramaticais: <muytus> (199.1, 804.4, 1175.8), <quantus> (202.1, 1359.20), <Todus> (1359.20), <lus> (1352.15), <depus> (1492.4) e <uus> (375.7; 376.16; 377.1 e 5; 380.1 e 24; 447.7). 

  • 6

    A interpolación pronominal pode dificultar a comprensión do verso: «... de coraçon / outro vos quer ben senon eu ...».

  • 7

    Talvez é a acumulación de crases o feito que explica a deficiente edición deste verso, que presenta, sumada á crase de quanto+á, a preposición en tamén con perda da vogal, tal como se rexistra esporadicamente no corpus (en xeral con coita e dia); cfr. Glosario, s.v. en). A necesaria forma verbal á pode recuperarse a partir da lección dos dous manuscritos (<quantou> B, <quanton> V), considerando a existencia dun erro de <o>/<a>.
    Por outra banda, a semántica do verbo esixe unha forma verbal que sirva como soporte ao sintagma que funciona como CD, verbo que falta nas propostas editoriais de Cunha, Monteagudo e Littera. Nunes, pola súa parte, ofrece un texto semanticamente diverso, máis coherente, pero tamén insuficiente, que explicita en nota: «Se a minha interpretação é exacta, a expressão quanto eu vós equivalerá a: (tanto) quanto eu a respeito de vos sei. Note-se que conhocer se toma como substantivo ou seja conhecimento». Con efecto, conhocer debe ser considerado substantivo, a forma parte da expresión de bon conhocer, como mostra a súa aparición na Crónica Geral de Espanha de 1344:

    e, se o for ajudar, sem outra preitesya, elle [he] homen de bõõ conhocer e corregerá o torto que me tem feito (cfr. CGPA, s.v.).

    De todos os xeitos, tamén existe a posibilidade alternativa de considerar conhocer como infinitivo dependente de saben, deslocado polo hipérbato; isto é, «ca non / saben conhocer quant’á’n vós de bon».

  • 10

    Neste verso é necesaria a emenda da lección <en quā> de BV para que funcione semanticamente o período. Fronte ás anteriores edicións (Nunes, Cunha, Monteagudo), acollemos a proposta de Littera, que mantén unha lectura cinxida –no posíbel– á letra dos manuscritos, co pronome én a depender de aver a partir de <en> de BV, mentres que, inevitabelmente hai que emendar a lección <quā> para quen, a iniciar un período parentético.

  • 12

    A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con certos vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). Na lingua medieval, e no corpus trobadoresco profano máis en concreto, o identificador (artigo ou pronome) sofre asimilación fonética xeral cos pronomes átonos nós, nos, vós, vos e lhes, así como co indefinido todos e coas preposicións por ~ per, des e tras e cos adverbios alhur e depois, xunto con mais e pois (adverbios e/ou conxuncións); polo contrario, coas formas verbais acabadas en -r ou -s a representación da asimilación é vacilante. Mais para alén destes fenómenos asimilativos máis ou menos sistemáticos que chegan na lingua oral até hoxe, na lingua trobadoresca tamén aparecen outras asimilacións con formas adverbiais e conxuntivas alén de mais e pois (véxase nota a 331.7), con outras formas pronominais ademais das citadas (véxase nota a 334.4), con algúns substantivos (véxase nota a 25.16) e, finalmente, co adxectivo melhor (véxase nota a 185.8) e mais con algúns participios plurais (véxase nota a 960.24).

  • 15

    Fronte á forma maioritaria oir, como evolución xeral de audire na lingua trobadoresca, a variante ouvir é de uso limitado no corpus, pois para alén deste rexistro só aparece en 334.4, 356.1, 384.17, 633.24, 764.15, 968.4, 1055.9, 1233.12, 1322.13, 1346.22, 1361.3 e 1522.4, tendo en conta que a P1 de presente indicativo (ouço) e o presente subxuntivo (ouça etc.) son formas únicas, comúns a oir e ouvir.

  • 18

    Como acontece noutros sintagmas, e tamén coa perífrase dever + a + infinitivo (véxase nota a 60.14), convén segmentar a preposición a como elemento que liga cuidar co infinitivo, construción maioritaria na lingua trobadoresca.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat