303 [= RM 147,18]
Tanto faz Deus a mia sennor de ben

Tanto faz Deus a mia sennor de ben
sobre quantas no mundo quis fazer
que vos direi eu ora que mi aven:
pero m’eu vejo por ela morrer,
non querria das outras a mellor
eu querer ben por aver seu amor
e non amar mia sennor, que eu vi
tan fremosa e que tan muito val
e en que eu tanto ben entendi;
pero que punna de me fazer mal,
non querria das outras a mellor
[eu querer ben por aver seu amor],
pero que dela eu niun ben non ei,
e assi moir’e me non ten pos-seu;
tan muito val sobre quantas eu sei
que, pois me Deus tan bõa sennor deu,
non querria das outras a mellor
[eu querer ben por aver seu amor],
ca me faz Deus tan bõa don’amar
que me val máis vee-la ũa vez
que quanto ben mi outra podia dar;
e, poi-la Deus tan bõa dona fez,
non querria d[as] o[utras] a m[ellor
eu querer ben por aver seu amor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


A 192, B 343

Éditions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 376-377); Barbieri (1980: 50 [= LPGP 916]); Littera (2016: II, 470-471).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 125); Carter (2007 [1941]: 113); Machado & Machado (1950: II, 102-103); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 303).

Variantes manuscrites


1 faz] fez B   3 vos] uus A; eu] om. B   4 morrer] moirer B   5 querria] queiria B   6 eu] En B; aver seu] dizer sen B   7 non] no A; eu] om. B   10 me] mj B   11 querria] queiria B   13 eu] om. A; niun] nēhū B   14 pos-seu] pᵉ seu(l) B   16 me] mj B   17 querria] queiria B   19 me] En B; aver] bona dona amar B   20 me] mj B   21 mi outra] mout̃ B   22 bõa] bona B   23 querria] queiria B

Variantes éditoriales


1 faz] fez Barbieri, Littera   3 vos] vus Michaëlis, Barbieri   10 me] mi Barbieri, Littera   13 niun] nenhun Barbieri : nẽum Littera    14 pos-seu] por seu Barbieri, Littera   16 me] mi Barbieri, Littera   19 me] mi Barbieri; faz] fez Michaëlis   20 me] mi Barbieri   21 mi outra] m’outra Michaëlis, Barbieri, Littera   22 dona] om. Barbieri, Littera

Paraphrase


(I) Tanto ben fai Deus á miña señora sobre todas cantas no mundo quixo facer que vos direi agora o que me acontece: aínda que me vexo morrer por ela, non querería amar a mellor das outras para ter o seu amor (II) e non amar a miña señora, que eu vin tan fermosa e que vale tanto e en quen eu percibín que había tanto ben; aínda que insiste en me facer mal, non querería amar a mellor das outras para ter o seu amor, (III) aínda que non teño ningún ben dela, e morro así e non me ten por seu (servidor); vale tanto sobre cantas (donas) eu coñezo que, pois Deus me deu tan boa señora, non querería amar a mellor das outras para ter o seu amor, (IV) porque me fixo Deus amar tan boa dona que me vale máis vela unha vez que todo o ben que outra me podía dar; e, xa que Deus a fixo tan boa dona, non querería amar a mellor das outras para ter o seu amor.

Métrique


Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:27)

Encontros vocálicos: 3 miaven; 13 elaeu; 21 mioutra

Notes


Texte
  • *

    Tanto Michaëlis como Barbieri non ligan sintacticamente as catro estrofas, como corresponde a unha cantiga ateuda, limitándose á unión das dúas primeiras. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    Como acontece con certa frecuencia, percíbese unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal faz, presente histórico, fronte a fez, forma de pretérito no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase 130.10, 217.4, 221.r1); con todo, noutras pasaxes acontece exactamente ao contrario. Véxase nota a 193.3.

  • 6

    Nótese a estilística variación de B no segundo verso do refrán, onde seu amor se refire ao amor da senhor: querer ben por dizer seu amor vs. querer ben por aver seu amor (considerando as formas en e sen de B como erros de copia pois non darían sentido ao verso).

  • 14

    A peculiar asimilación [ɾs] > s̺ por fonética sintáctica, en pos-seu (coa lección por seu en B) aparece reiteradamente na cantiga 283 e tamén en  349.3. De calquera xeito, esta asimilación é característica do Cancioneiro da Ajuda, fronte ás leccións por seu de BV. Cfr. unha asimilación igual en pa-ssan Denis nas Cantigas de Santa Maria (CSM 238.62).

  • 19

    A repetida presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de B (tamén no v. 22) é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de A), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilãoSobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.

    Por outra parte, a omisión de dona (presente en AB) nas edicións de Barbieri e Littera resta dúas sílabas métricas no verso.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé