I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 60-61 [= LPGP 161]); Paredesa (2001: 121); Lopes (2002: 52); Paredesb (2010a: 103); Littera (2016: I, 82).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 151); Machado & Machado (1950: II, 306-307); Paredes (2010b: 84-85); Paredes (2010c: 62-63); Rios Milhám (2018b: III, 457).
III. Antoloxías: Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 63); Tavares & Miranda (1987: 224).
1 n[a] alcaria] Nal taria B 6 no] non B 7 azeitonas] apeytonas B 10 untado] huncado B 11 fordes] foy d’s B 12 e virdes] euirdes / E uirdes B; lagares] latar̄s B 13 trilha-las-edes] tⁱlhadas ed’s B
1 ricomen] ric’homem Lopes, Littera 2 seeredes] seredes Lopes, Littera 3 con os ... ena] cõn’os ... en’a Lopes 4 estroso] astroso Paredesa, Paredesb, Littera 6 seeredes] seredes Lopes, Littera 10 untado] untad’e Lopes, Littera 11 poombares] põõbares Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb : põombares Littera 13 ena] en’a Lopes 15 untado] untad’e Lopes, Littera
(I) Sei isto de vós, ricome: cando estiverdes na quinta e virdes a colleita de olivas, ese día seredes feliz: pisaredes as olivas cos pés na pía do lagar. Ficaredes por (home) desprecíbel, por untado e por lixoso.
(II) Ben sei que vos poredes ledo cando estiverdes no Alxarafe e virdes as olivas que foran de Don Xacafe (Al Saqqaf): torceredes as olivas, aínda que outro bafexe. Ficaredes por (home) desprecíbel, por untado, por lixoso.
(III) Cando estiverdes na quinta e virdes os pombais e virdes as olivas xacer por eses lagares, pisarédelas na pía con eses calcañares. Ficaredes por (home) desprecíbel, por untado, por lixoso.
Esquema métrico: 3 x 15’a 15’a 15’a 7’B 7’B (= RM 16:2)
Encontros vocálicos: 2 -la‿azeitona, se͜e·re·des; 6 se͜e·re·des
O rei critica ironicamente a un ricomen, a quen lle augura que, dada a súa personalidade, vai ficar ledo cunhas propiedades rurais no Exarafe (probabelmente resultado do repartimento de Sevilla despois da conquista da cidade e as súas terras aos musulmáns) e quererá facer el mesmo os labores agrícolas máis baixos e sucios como o de pisar as aceitunas, polo que acabará sendo considerado como vil.
A alcaria é unha ‘quinta’. Esta voz non volve aparecer nas cantigas, mais atéstase na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España (cfr. CGPA, s.v. alcaria):
Et plo[u]gue a Deus que acharõ hũa alcaria muy bõa et muy bem castelada.
E tamén na Cronica Geral de Espanha de 1344:
E ele, que queria entrar em hũa alcaria que chamavam... e teve mentes e vyo que hyam empos elle, e nõ quis entrar em essa alcaria, mas desviousse do caminho, por tal que o nõ achasse Mugit.
A forma verbal seeredes (con hiato etimolóxico só nesta cantiga e mais en 545.13 e 1327.21) computa sempre como trisilábica, igual que seredes, o cal demostra que, en xeral, este tipo de hiatos son estritamente gráficos. Cfr. nota a 90.15.
As azeitonas, como produto típico das rexións do sur de España, é voz que non achamos nos documentos galegos, face aos portugueses, onde aparece con frecuencia (véxase CdP, s.v. azeitona/s).
Nótese a importante variación no refrán, coa convivencia das formas estroso (I) e astroso (II-III), coa alternancia fonética es-/as-, así como coa presenza da copulativa na primeira estrofa fronte á xustaposición nas dúas seguintes (véxase nota a 39.17). Cfr. nota a 27.4.
A variación astroso ~ estroso (‘infeliz, desventurado’, con vacilación as-/es-, véxase Ferreiro 1999: §143a), reflicte a real existencia das dúas formas, das cales a primeira é xeral en toda a Idade Media, incluídos os textos poéticos profanos (1372.10, 1376.9, 1559.14, 1572.21 e 27) e a segunda (estroso) só se encontra na Demanda do Santo Graal e mais no Livro de Esopo (véxase CdP, s.v. estroso, estrosa). O adxectivo lixoso, tamén en 1522.13 e 1552.7, achega, para alén do sentido recto de ‘lixoso, suxo’, o figurado de ‘ruín’.
O Exarafe, unha rexión próxima a Sevilla (España), coñecida polos seus oliveirais (El Aljarafe), aparece nas tamén afonsinas Cantigas de Santa Maria:
e viron da outra parte, no Exarafe, coitada
hũa ave que tragia un falcon dos montadores
Por filla-la (CSM 366.42).
As variantes fonéticas Eixarafe e Enxarafe atéstanse tamén noutras obras. Eis algunhas ocorrencias:
Et elles entõ correrõ o Eyxaraf, queymãdo et astragãdo quanto achauã (Crónica Geral Galega; Lorenzo 1975: I, 246).
E o termho de Sevylha he avondado de muyto bem e ha hy hũu logar sementado d’oliveiras que faz o termho muy fremoso. E este he o Eixaraffe (...) E ẽno eixarafe de Sevilha toparõ comnosco cristaãos que me matarõ o marido e meus sete filhos, que ja eram cavalleiros (Crónica Geral d’Espanha de 1344; Cintra 1952-1990: II, 69; III, 149).
Don Xacafe foi o derradeiro gobernador árabe de Sevilla, cidade que defendeu do cerco de Fernando III en 1247-48 até a capitulación.
No contexto, torcer é ‘pisar’ (as olivas), mentres que bafar deberá ser ‘bufar polo cansazo’.
Todos os editores presenta a lectura põõbares, como se se tratase de vogais fonoloxicamente nasais por desaparición de -n- intervocálico, cando na realidade a grafía de B só indica a abreviación da consoante nasal implosiva de poombar, que convive coa forma poombal (cfr. lat. palŭmbam).
Trilhar ‘calcar, pisar’ só volve aparecer en 1574.29 nas cantigas profanas, a diferenza de calcanhar, que é voz única no corpus. O par sinonímico utilizado no Tratado de Confissom explicita o seu significado:
e seiã postos ẽ poder de lobos roubadores rabazes e de bestas feras que os trilhẽ et esmagẽ e façã deles estrabaria e esterco (Machado 2003-2013: 76).