213 [= RM 43,20]
Tod’ome que Deus faz morar

Tod’ome que Deus faz morar
u ést’a molher que gran ben
quer, ben sei eu ca nunca ten
gran coita no seu coraçon,
pero se a pode veer;
mais quen end’á long’a viver,
aquesta coita non á par,
ca, pois u ela é i estar
pode, non sabe nulha ren
de gran coita, ca de pran ten
assi eno seu coraçon
qual ben lhi quer de lho dizer,
e non pode gran coita aver
enquant’en aquesto cuidar.
E quen ben quiser preguntar
por gran coit’a min pregunt’én,
ca eu a sei, vedes per quen:
per min e per meu coraçon;
e mia senhor mi-a faz saber,
e o seu mui bon parecer,
e Deus, que m’én fez alongar
por viver sempr’en gran pesar
de min e por perder o sén,
com’aver a viver sen quen
sei eu ben no meu coraçon
ca nunca ja posso prazer,
u a non vir, de ren prender.
Vedes que coita d’endurar!
E o que atal non sofrer
non o devedes a creer
de gran coita, se i falar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 

Manuscritos


B 229

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 813-814); Spampinato Beretta (1987: 66-68 [= LPGP 298-299]); Littera (2016: I, 316-317).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 98); Machado & Machado (1949: I, 372-373); Rios Milhám (2018a: II, 213).

Variantes manuscritas


2 u] du B   8 é, i estar] ei destar B   17 a sei] assy sey B

Variantes editoriales


6 end’á long’a] alongad’end’ Michaëlis   8 i] om. Michaëlis, Spampinato Beretta, Littera   13 coita] coit(a) Michaëlis   16 coit’a min] coita, min Michaëlis, Spampinato Beretta : coita, mim Littera   21 fez] faz Spampinato Beretta   24 com’aver] con aver Michaëlis : com aver Spampinato Beretta, Littera

Paráfrasis


(I) Todo aquel a quen Deus fai morar onde está a muller que ama, sei eu ben que nunca ten unha gran coita no seu corazón, a pesar de a poder ver; mais para quen en tal circunstancia ten de vivir lonxe, esta coita non ten igual, (II) porque, xa que pode estar alí onde ela está, non sabe o que é unha coita grande, porque sen dúbida ten no seu pensamento dicirlle o moito que a ama, e non pode ter unha gran coita en canto pense niso.

(III) E quen quixer preguntar por unha gran coita pregúnteme a min por ela, porque eu a coñezo, vede por quen: por min mesmo e polo meu corazón; e faima coñecer a miña señora, e a súa gran beleza, e Deus, que me fixo ir lonxe de alí (IV) para vivir sempre con gran pesar de min mesmo e para eu perder o siso, como ter que vivir sen quen eu ben sei que, onde non a vexa, nunca podo sentir pracer de ningunha cousa. Vede que coita (tan difícil) de soportar!

(1) E a quen outra tal non sufra non debedes crer o que diga dunha gran coita, se dela falar.

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8c 8d 8d 8a + 8d 8d 8a (= RM 204:3)

Encontros vocálicos: 8 elaé; 13 coitaaver; 19 mi-‿a

Notas


Texto
  • *

    Sobre o carácter de cantiga próxima ás cantigas ateúdas, cunha leve ruptura simétrica coa copulativa e, véxase nota á cantiga 24.

  • 2

    O erro de copia <du>/<hu> aparece tamén noutras pasaxes: véxase, por exemplo, 882.21 (BV) ou 883.13 (V).

  • 5

    A interpretación acaída deste verso provén da consideración de se como un dativo ético ou de interese, de modo que o verso signifique ‘aínda que a pode ver’. Deste xeito, matízase a afirmación inicial do trobador: ‘O home que pode morar a carón da dona amada nunca terá unha coita inmensa, mais sempre sufrirá pola senhor a pesar de a poder ver’.

  • 8

    Non está xustificada a expunción de i, pertinente do punto de vista semántico e non problemático do punto de vista métrico, polas diversas posibilidades de sinalefa na secuencia u ela é i estar.

  • 16

    Nada hai que impida a segmentación da preposición a en coita, pois preguntar constrúese tanto con CD como con CI. Véxase, a modo de exemplo, Meu amigo quando s’ia, / preguntei-o se verria (921.2) vs. E, se el ven aqui, a meu poder, / preguntar-lh’-ei quen lho mandou dizer (1199.20).

  • 17

    O erro assi por i debeu ser inducido na copia de B polo sei seguinte.

  • 24

    Non ten sentido a lectura con aver a partir de <comau’> de B, en vez da lectura obvia com’aver; isto é, a conxunción como ou come (nunha frase interrogativa que tamén podería formularse como enunciativa), que nin Michaëlis nin Spampinato nin Littera consideraron.

Buscar
    Sin resultados