388 [= RM 70,49]
U m’eu parti d’u m’eu parti

U m’eu parti d’u m’eu parti,
log’eu parti aquestes meus
ollos de veer, e, par Deus,
quanto ben avia perdi,
ca meu ben tod’era’n veer;
e máis vos ar quero dizer:
pero vejo, nunca ar vi,
ca non vej’eu, pero vej’eu:
quanto vej’eu non me val ren,
ca perdi o lume por én
por que non veja quen me deu
esta coita que oj’eu ei,
que ja máis nunca veerei
se non vir o parecer seu,
ca ja ceguei quando ceguei:
de pran ceguei eu log’enton,
e ja Deus nunca me perdon
se ben vejo nen se ben ei;
pero, se me Deus ajudar
e me cedo quiser tornar
u eu ben vi, ben veerei.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscrits


A 231, B 421, V 33

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 450-451); Nobiling (2007 [1907]: 71-72 [= LPGP 462-463]); Littera (2016: I, 511-512).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 20); Braga (1878: 7); Carter (2007 [1941]: 134); Machado & Machado (1950: II, 239-240); Domingues (1992: 27); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 388).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 261); Diogo (1998: 153); Arias Freixedo (2003: 468-469); Fidalgo (2009a: 86); Mongelli (2009: 27).

Variants manuscrites


1 U m’eu] Qvand eu B : Quand eu V   5 era’n veer] era en ueer BV   6 vos] uos A   8 pero] eꝑo BV   9 quanto] ꝙ̄to V; me] mi BV   10 por én] pᵉeu B : pᵉ eu V   11 non veja quen me deu] nega ꝗʷ mj de B : nega ꝗ̄ mi de (esta coita q) V   13 nunca] uūca B   14 o] e V   15 ja ceguei quando] ia (g)\c/eguey ꝙ̄do V   17 perdon] pdon A   18 ei] (s)ey A   19 ajudar] quidar V   20] tornar] cornar B   21 eu] en B; vi] nj B

Variants editorials


5 era’n veer] era veer Michaëlis : era en veer Nobiling   6 vos] vos Michaëlis   9 me] mi Nobiling, Littera   11 veja] vej’a Michaëlis, Nobiling, Littera; me] mi Nobiling

Paràfrasi


(I) Cando eu marchei de onde marchei, logo eu apartei estes meus ollos de ver, e, por Deus, canto ben tiña perdín, porque o meu ben todo era ver; e máis vos quero dicir: aínda que vexo, nunca de novo vin, (II) porque eu non vexo, aínda que vexo: canto eu vexo non me vale de nada, porque perdín a luz por iso, para non ver a quen me deu esta coita que eu hoxe teño, pois xa nunca verei se non vexo o seu semblante, (III) porque xa ceguei cando ceguei: sen dúbida ceguei eu logo entón, e xa Deus nunca me perdoe se ben vexo nin se ben teño; mais, se Deus me axuda e cedo me quere tornar a onde eu vin ben, ben verei.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a (= RM 161:249)

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición (que ningunha das precedentes edicións considera), con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca, véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    A variación lingüística (e estilística) entre A e BV reflíctese tamén na preferencia que A mostra polo adverbio u, fronte aos apógrafos italianos que prefiren quando (cfr. tamén 300.13). Dada a diferenza quantitativa no que se refire ao cómputo silábico, cando existen diverxencias na elección de adverbio tamén se refai o texto nos apógrafos italianos para evitar problemas métricos: Amei-vos tant’u vos primeiro vi A vs. Amei-vos quando vos primeiro vi B (300.13), U m’eu parti d’u m’eu parti A vs. Quand’eu parti d’u m’eu parti BV (388.1), mais, u eu vi o seu bon parecer A vs. mais, quand’eu vi o seu bon parecer B (807.20).

  • 5

    A diferente redacción de BV (ca meu ben tod’era en veer), coa sinalefa eraen, confirma que a crase de en ten unha maior presenza no Cancioneiro da Ajuda, que nalgúns casos a presenta fronte a B, que mantén a integridade de en (87.3, 133.15, 279.r1, 306.10) ou que, alternativamente, omite a preposición (70.28, 89.19, 199.14). Véxanse tamén 28.14, 43.20, 59.3, 60.7, 83.19, 133.2, 138.7 e 9, 141.9, 154.r1 e r3, 155.7, 263.6, 267.2, 270.19, 282.8, 388.5390.2, 395.7, 460.4, 465.10, 804.7, 1062.10, 1080.1, 1145.23 e 1420.11. Cfr. nota a 6.4.

  • 8

    En BV aparece a fórmula adversativa reforzada e pero, fronte á conxunción simple pero en A, circunstancia que provoca hipermetría versal.

  • 10

    Perder o lume, que reaparece en Guilhade en 389.11, é sinónimo de cegar.

  • 11

    A segmentación de veja que todos os editores fixeron para isolar unha preposición introdutora do CD é totalmente desnecesaria.

  • 15

    O motivo de cegar por amor só aparece en Guilhade e mais na cantiga 863 de Joan Mendiz de Briteiros (que comparte a fórmula que Deus vos perdon, véxase nota a 387.15).

  • 17

    A expresión Deus nunca me perdon aparece aquí integrada no discurso, a pesar do seu valor formulístico, igual que acontece con outras fórmulas similares en diversas pasaxes trobadorescas (370.16, 435.8-9, 808.3, 837.9, 1225.4).

  • 18

    Ben é substantivo (tamén no v. 21), CD de veer e de aver, a pesar da indecisión de Nobiling á hora de o considerar como substantivo ou como adverbio.
    Canto á inicial confusión sei/ei na copia de A, véxase nota a 124.1. Cfr. tamén nota a 133.27.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat