605 [= RM 25,134]
Valer-vos-ia, amigo, se

Valer-vos-ia, amigo, se
oj’eu ousasse, mais vedes que
mi-o tolhe daquest’, e non al:
mia madre, que vos á mortal
desamor, e con este mal
de morrer non mi pesa[ria].
Valer-vos-ia, par Deus, meu ben,
se eu ousasse, mais vedes quen
me tolhe de vos non valer:
mia madre, que end’á poder
e vos sabe gran mal querer,
e por én mia morte queria.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscrits


B 588, V 191

Éditions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 90 [= LPGP 239-240]); Nunes (1973 [1928]: 40); Cohen (2003: 624); Littera (2016: I, 233).
II. Outras edicións: Moura (1847: 173); Monaci (1875: 76); Braga (1878: 38); Machado & Machado (1952: III, 222); Júdice (1997: 70); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 72); Torres (1977: 259).

Variantes manuscrites


3 tolhe] Tolle B   4 mia] Ma B   6 morrer] moirer B   7 par] om. V   8 ousasse] onsasse B   10 mia] Ma B; end’á] endo BV   11 gran] g̃ra B

Variantes éditoriales


En Cohen os vv. 1-2 de cada estrofa son presentados como refrán (inicial).

1-2 Valer-vos-ia, amigo, se oj’ / eu ousasse, mais vedes quem Lang : Valer-vos-ia, amigu’e meu ben, / se ousasse, mais vedes quem Nunes : Valer vos ia, amigo, <meu ben> / se |oj’| eu ousasse, mais vedes quen Cohen : Valer-vos-ia, amig’e [meu bem], / se eu ousasse, mais vedes quem Littera   3 mi-o] me Nunes, Cohen, Littera; e] é Nunes   4 madre] madr’é Lang   7 par] om. Lang   10 mia madr’é, que end’á] mha madr'é que end’[a] o Lang : mia madr’é, qu’end’[á] o Nunes   12 queria] querria Lang, Nunes

Paraphrase


(I) Valeríavos, amigo, se eu me atrevese, mais vede o que me impide facelo, e non outra cousa: miña nai, que vos ten un mortal desamor, e con este mal non me pesaría morrer.

(II) Valeríavos, por Deus!, meu ben, se ousase, mais vede quen me impide valervos: miña nai, que ten poder para iso e vos quere moi mal, e por iso a miña morte (eu) quería.

Métrique


Esquema métrico: 2 x 9a 9a 8b 8b 8b 8’c (cfr. RM 45:1)

Encontros vocálicos: 3 mi-‿o

Notes


Texte
  • 1-2

    Todos os editores presentan unha maior ou menor refacción destes dous versos, con emendas inxustificadas do texto que presentan os manuscritos (véxase Montero Santalla 2000: 421). Talvez a raridade que constitúe o par se - que como palabras rimantes (conxunción condicional e pronome relativo), xunto co feito de BV presentaren en dúas liñas os vv. 1-3 sen delimitación versal (<Ualeru hya amigo se oieu ousasse / Mays uedes mho Tolle dastenõ al> B, <Ualeru hya amigo se oieu ousasse / mays uedes que mho tolhe da quese nõ al> V), foi o que provocou tal actuación editorial, que culminou en Cohen coa consideración dun inexistente refrán inicial. Cfr. nota a 862.13.

  • 3

    Nótese a aparición, absolutamente extraordinaria fóra do indefinido nulho/a, da grafía <ll> en B (<tolle>), que só volveremos encontrar, sempre en B, en <moller> (199.33, en B vs. B’), <uallades> valhades (1078.16), e o pronome <lle> lhe en 1105.17 e 1586.3. Cfr. nota a 29.22.

  • 4

    En principio, ma (variante de B, tamén no v. 10) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.1625.1, 636.1, 794.9, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 645.9, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).

  • 6

    A restauración obrigada da métrica realízase cunha rima en -ia en correspondencia coa do verso final da estrofa seguinte, tal como fixeron as edicións precedentes.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé