815 [= RM 50,12]
Vedes, amig[o], o que oj’oi

Vedes, amig[o], o que oj’oi
dizer de vós, assi Deus mi perdon:
que amades ja outra e mí non;
mais, se verdad’é, vingar-m’-ei assi:
punharei ja de vos non querer ben
e pesar-mi-á én máis que outra ren.
Oi dizer: por me fazer pesar,
amades vós outra, meu traedor;
e, se verdad’é, par Nostro Senhor,
direi-vos como me cuid’a vingar:
punharei ja de vos non [querer ben
e pesar-mi-á én máis que outra ren].
E, se eu esto por verdade sei
que mi dizen, meu amigo, par Deus,
chorarei muito destes olhos meus
e direi-vos como me vingarei:
punharei ja [de vos non querer ben
e pesar-mi-á én máis que outra ren].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscrits


B 819, V 403

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 203-204); Lanciani (1977: 114 [= LPGP 339]); Cohen (2003: 275); Littera (2016: I, 380-381).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 151); Braga (1878: 76); Machado & Machado (1953: IV, 128).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 128-129); Nunes (1959: 314); Gonçalves & Ramos (1983: 178); Sansone (1990: 266); Alonso Girgado (1992: 37); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 65); Magalhães (2007: 97); Fidalgo (2009: 148).

Variantes manuscrites


5 punharei] Pnunharey B   6 én] eu V

Variantes éditoriales


4 se verdad’é] s’é verdade Lanciani   5 vos] vus Lanciani   9 se verdad’é] s’é verdade Lanciani

Paraphrase


(I) Vedes, amigo, o que hoxe ouvín dicir de vós, así Deus me perdoe: que amades outra, e que xa non (me amades) a min; mais, se é verdade, vingareime así: esforzareime en non vos querer ben, e pesarame a min máis ca outra cousa. 

(II) Ouvín dicir (que), por me causar pesar, amades outra, meu traidor; e se é verdade, polo Noso Señor, direivos como me hei de vingar: esforzareime en non vos querer ben, e pesarame a min máis ca outra cousa.

(III) E, se eu sei que é verdade isto que me din, por Deus, chorarei moito destes ollos meus e direivos como me vingarei: esforzareime en non vos querer ben, e pesarame a min máis ca outra cousa.

Métrique


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:66)

Encontros vocálicos: 6 -mi͜; 12 -mi͜; 18 -mi͜

Notes


Texte
  • 3

    Como acontece con frecuencia na lingua trobadoresca, o pronome cumpre a función de CD sen preposición.

  • 4

    Neste verso, e tamén no v. 9, a edición crítica de Lanciani presenta unha errada segmentación que afecta á conxunción condicional se: s’é verdade. Na realidade, esta conxunción, igual que ocorre coa partícula que (conxunción e pronome) e mais coa conxunción ca, non é susceptíbel de crase (nin de sinalefa) na lingua trobadoresca, tal como os datos do corpus evidencian (véxase Ferreiro 2013b).

  • 8

    A expresión meu traedor constitúe un singular sintagma que se rexistra no corpus sempre aplicado ao amigo: e non vẽo o meu traedor (753.16, Afonso Lopez de Baian), Rog’eu Santa Cecilia e Nostro Senhor / que ach’oj’eu i, madr’, o meu traedor (1292.17, Martin de Giinzo).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé