I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 286-287); Rodríguez (1980: 241 [= LPGP 409]); Cohen (2003: 571); Littera (2016: I, 460-461).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 223); Braga (1878: 120); Machado & Machado (1956: V, 37-38); Fernández Pousa (1959: 260).
3 amigos] amigus V 4 assi] a si B 5 nós] uos B; queiramos] queyremꝯ B : queyremus V 6 eu] en V 9 ren] tē V 11 nós] uos B; que o queiramos fazer] om. B : q̅o q̅yramus faz̃r V 13 querria] queiria B 14 morredes] moiredes B 19 venha] nenha B; qual] q̄l V 20 quen] ꝙʷ B: q̅ V; nos] uꝯ B
9 poden] pode Nunes 10 o[s] que cuidan que a guarda[n] mui ben] o que cuida que a guarda mui ben Nunes 13 Com’eu] Ca m’eu Rodríguez 17 [sol] ante] ante [ja] Rodríguez
(I) Vedes, amigo, de que teño un gran pesar: sei de moitas mulleres que saben amar os seus amigos e adoitan falar con eles e ninguén llelo sabe, así lles acontece; e, canto a nós, apenas o queremos intentar, axiña é sabido, e non sei eu por quen.
(II) Coñezo eu unha dama tal que, cando quere ver o seu amigo, a quen sabe querer ben, non se decatan en absoluto os que cren que a vixían moi ben; e, canto a nós, así que o queremos facer, axiña é sabido, e non sei eu por quen.
(III) Non acontece como eu querería: falar convosco, que morredes por min, como falan outras donas, e desde entón nunca máis lles poden sospeitar nada; e, canto a nós, aínda antes de chegarmos a facelo, axiña é sabido, e non sei eu por quen.
(IV) Coita lle veña, tal como agora a nós vén, a aquel por quen a nós nos vén todo este mal.
Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10B (= RM 13:21) + 10b 10b
Encontros vocálicos: 8 amigo,‿a; 19 ora‿a
É relativamente frecuente no Cancioneiro da Vaticana (<amigus>, v. 3; <queyremus>, v. 5; <q̅yramus>, v. 11) a presenza da terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os; na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.
Repárese no encontro lho, que xa mostra a tendencia a neutralizar lho e lhe-lo en prol da primeira forma, xeral no portugués moderno e en parte do galego.
A ausencia de introdución prepositiva para nós provoca a existencia dun anacoluto, en liña con moitos outros similares nas cantigas: ‘e no que a nós di respecto, apenas o queiramos probar, logo se saberá, e non sei eu a través de quen’. Este mesmo anacoluto se pode ver no final das seguintes estrofas (vv. 11-12 e 17-18).
A reintegración de sol (ja en Rodríguez) está determinada polos versos nas anteriores estrofas: e nós, sol que o queiramos provar (v. 5) - e nós, sol que o queiramos fazer (v. 11) - e nós ante [sol] que cheguemos i (v. 17).