378 [= RM 9,15]
Vedes, amigos, que de perdas ei

Vedes, amigos, que de perdas ei
des que perdi por meu mal mia sen[h]or:
perdi ela, que foi a ren milhor
das que Deus fez, e quanto servid’ei
perdi por én; e perdi o riir,
perdi o sén e perdi o dormir:
perdi seu ben, que non atenderei.
 
 
 
 
5
 
 

Manuscritos


B 410, V 21

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 27 [= LPGP 108]); Arbor Aldea (2001: 162); Longo (2003: 91); Littera (2016: I, 69).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 16); Braga (1878: 5); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 510-511); Magne (1931: 86); Machado & Machado (1950: II, 220); Rios Milhám (2018b: III, 378).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 239); Magalhães (2007: 116).

Variantes manuscritas


5 e] et B; o riir] otʳijr B : oxijr V   6 perdi o sén] perossem V

Paráfrase


(I) Vede, amigos, que de perdas teño desde que, para o meu mal, perdín a miña señora: perdína a ela, que foi a cousa mellor das que Deus fixo, e canto tiña servido perdín por iso; e perdín o riso, perdín a cordura e perdín o sono: perdín o seu ben, que non esperarei.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:9)

Notas


Texto
  • 3

    Ela é complemento directo: na lingua trobadoresca as formas pronominais tónicas oblicuas poden funcionar como CD e CI sen preposición.

    Aínda que minoritaria, a forma milhor, con pechazón de /e/> /i/ por influencia de consoante palatal (por iode na súa base etimolóxica meliōrem), ten certa presenza na lingua trobadoresca.

Procurar
    Não foram encontrados resultados