[last revised: 21/11/2024]Print

336 [= RM 131,9]
Vej’eu as gentes andar revolvendo

Vej’eu as gentes andar revolvendo
e mudando aginha os corações
do que poen antre sí, ai varões!
E ja m’eu aquesto vou aprendendo
e ora cedo máis aprenderei:
a quen poser preito mentir-lho-ei,
e as[s]i irei melhor guarecendo,
ca vej’eu ir melhor ao mentireiro
ca o que diz verdade ao seu amigo;
e por aquesto o jur’e o digo
que ja máis nunca seja verdadeiro,
mais mentirei e firmarei log’al,
[e] a quen quero ben querrei-lhe mal,
e as[s]i guar[r]ei come cavaleiro,
pois que meu prez nen mia onra non crece
porque me quigi teer à verdade;
vede-lo que farei, par car[i]dade,
pois que vej’o que m’as[s]i acaece:
mentirei ao amigo e ao senhor,
e pojará meu prez e meu valor
con mentira, pois con verdade dece.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscripts


B 374

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 851-852); Lapa (1970 [1965]: 588); Spina (1983: 44-45); Beltrán (1993: 28-29 [= LPGP 867]); Lopes (2002: 431); Eirín & Ferreiro (2014: 65); Littera (2016: II, 404).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 137); Machado & Machado (1950: II, 159); Rios Milhám (2018b: III, 336).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 57); Nunes (1959: 411-412); Oliveira & Machado (1959: 148-149); Fonseca (1971: 55); Landeira Yrago (1975: 210); Torres (1977: 347); Fiúza (1981: 177-178); Tavares & Miranda (1987: 16); Ferreira (1988: 101-102); Ferreira (1991: 147-148); Jensen (1992: 332); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 212); Magalhães (2007: 137).

Manuscript variants


1 Vej’eu] Deieu B   2 corações] coracoōs B   3 poen antre sí, ai varões] pōe aniresy ay uatoes B   5 e ora] Cora B; aprenderei] appenderey B   6 mentir] mentri B   14 e as[s]i] Casy B   15 prez] pᵉs B; onra] outra B   21 mentira] mētiza B

Editorial variants


2 aginha] aginh(a) Michaëlis   3 poen] põen Lapa, Lopes, Littera; ai varões!] a jurações Michaëlis, Spina : as nações LapaEirín & Ferreiro : aos varões Beltrán : os varões Lopes, Littera   7 as[s]i] asy Beltrán   9 ca o] c’ao Michaëlis, Lapa, Lopes, Spina   13 [e] a quen quero] a quen quer’o o[ge] Michaëlis, Spina : a quen quero [i] Lapa   14 e as[s]i] ca asy Beltrán; come] como Michaëlis   16 teer] tẽer Michaëlis, Spina; à] á Michaëlis   18 vej’o] vejo Michaëlis, Spina : veyo Beltrán; as[s]i] asy Beltrán   19 amigo] amig(o) Michaëlis : amig’ Spina   20 pojará] poiará Michaëlis, Lapa, Spina, Beltrán, Lopes, Littera

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:203)

Encontros vocálicos: 2 aginhaos; 8 a͜o; 9 verdadea͜o; 19 a͜o, amigoe, a͜o

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga constitúe un dos escasos exemplos de sirventés moral que encontramos nos corpus trobadoresco profano galego-portugués.
    Por outra parte, por máis que en ningunha das edicións precedentes a cantiga sexa editada como ateúda, nin foi considerada como tal por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270), coidamos que, para alén da ligazón causal entre as dúas primeiras estrofas, a ligazón do v. 13 coa cláusula causal contida no v. 15 reequilibra a liña discursiva da cantiga e culmina o enlace sintáctico-conceptual entre as estrofas. Cfr. nota á cantiga 15.

  • 3

    A consideración de varões como lectura de <uatoes> non presenta dificultade paleográfica de ningún tipo a partir da relativa frecuencia con que se presenta a terminación nasal -ões sen til ou lineta, así como a frecuentísima confusión <t>/<r> que se detecta nos apógrafos italianos.
    A expresión ai varões, proposta na versión de Rios Milhám, responde, pois á lección do manuscrito e encaixa semanticamente no período, constituíndo un apelo ao ‘público’ receptor da cantiga. O mesmo termo, utilizado na lingua trobadoresca exclusivamente como vocativo (véxase nota a 564.10), aparece nas Cantigas de Santa Maria tamén con esta función en múltiplas ocasións (CSM 2.5, 45.89, 55.79, 83.6 etc.), con unha ocorrencia coa interxección ai:

    Guarda mia donezỹa que a non perça per morte”.
    E quantos ali estavan ouveron gran desconorte;
    ca lle pose o cavalo del rey o pe atan forte
    sobr’ ela, e el rei disse: “Ai, varões, quena vee?” (CSM 354.33).

    É por isto que esta lectura é moito preferíbel ás anteriores, máis interventivas a respecto do manuscrito; isto é, sucesivamente: a jurações (Michaëlis), as nações (Lapa), os varões (Beltrán).

  • 6

    O verbo mentir ‘enganar, incumprir, dicir con mentira’, que habitualmente rexe dativo e se constrúe coa preposición a, ten neste caso un uso transitivo, confirmando que a transitividade é un concepto graduábel e variábel. Porén, é un uso ben escaso no corpus, pois só conta con outras dúas ocorrencias:

    o que me foi miscrar
    vosco por certo soube-vos mentir
    que outra dona punhei de servir (938.2);

           ...e meus preitos talhei
    con Frei Rodrig’e mentiu-mi-os (1430.27).

  • 8

    Aínda que, en xeral, ao(s) computa metricamente como bisilábico, en todas as ocorrencias de ao nesta cantiga (véxase tamén os vv. 9 e 19), este encontro vocálico é unisilábico (de modo semellante ao que acontece con aa(s), véxase nota a 336.8), como se pode atestar con seguranza noutras pasaxes do corpus (455.1, 725.3, 813.12 e 21, 17 e 26, 968.24, 1015.101356.r2 e r4, 1364.1 e 7, 1398.7, 1497.18, 1532.24, 1629.11). Cfr. nota a 73.21.

  • 9

    Nótese a anómala crase de ca que todos os editores estabeleceron neste verso, cando é perfectamente gramatical a deglutinación ca o. Véxase nota a 82.10.

  • 12

    Firmar ‘afirmar, declarar’ (< firmāre) só reaparece en 991.4 (pero o fez e o firmou) con outro matiz semántico.

  • 13

    A reintegración dunha copulativa incial achega unha solución métrica ao verso, menos interventiva que o aditamento de oje ou de i, propostos por diversos editores: nesta posición é moi frecuente omisión da copulativa por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.).

  • 16

    Teer-se à verdade significa ‘dicir a verdade, ser verdadeiro’. Repárese no sentido irónico deste verso e dos que o acompañan, nun contexo onde se critica que guiarse polos valores da ideoloxía feudal, que deberían ser os que fixesen que os cabaleiros puidesen mellorar o seu estatus (tales como a lealdade e a palabra dada) non ten o resultado que sería de esperar. Ao contrario, os que ascenden socialmente son os que faltan á palabra dada e traizoan mesmo aos amigos. De aí que o trobdor afirme que tamén el vai mudar de actitude e vai actuar contra os principios éticos da cabalaría, pois só así poderá vivir ben como cabaleiro.

  • 17

    O sintagma par caridade (tamén en 862.4, 1218.18, 1432.11 e 1667.13) convive con por caridade (551.27, 1354.7 e 1430.1): tal distribución mostra como a variante preposicional par, especializada no uso en invocacións de tipo relixioso (nomeadamente par Deus), tende a estender a súa presenza a fórmulas relacionadas.

  • 18

    A continuación da estrofa, como amplificación explicativa do v. 18, parece esixir a consideración da presenza do artigo na secuencia <veyo> de B.

  • 20

    Condicionados pola grafía <i> de B, todos os editores precedentes propoñen unha forma *poiar; no entanto, trátase do pojar [po’ʒaɾ] (do lat. *podiāre), co sentido de ‘facer subir, elevar, medrar’, que só aparece noutras catro composicións (115.10, 1421.10, 1467.13 e 20, 1526.4, 7, 18 e 20).

Search
    No results