1186 [= RM 85,19]
Vej’eu, mia filha, quant’é meu cuidar

– Vej’eu, mia filha, quant’é meu cuidar,
as barcas novas viir pelo mar
en que se foi voss’amigo d’aqui.
– Non vos pes, madre, se Deus vos empar,
irei veer se ven meu amig’i.
– Cuid’eu, mia filha, no meu coraçon,
das barcas novas que aquelas son
en que se foi voss’amigo d’aqui.
– Non vos pes, madre, se Deus vos perdon,
[irei veer se ven meu amig’i].
– Filha fremosa, por vos non mentir,
vej’eu as barcas pelo mar viir
en que se foi voss’amigo d’aqui.
– Non vos pes, madre, quant’eu poder ir,
irei veer se ven meu amigo [i].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscrits


B 1169, V 775

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 360 [= LPGP 584]); Reali (1964: 31-32); Cohen (2003: 403); Littera (2016: II, 35-36).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 267); Braga (1878: 146); Machado & Machado (1956: V, 265-266).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 68); Nunes (1959: 342); Landeira Yrago (1975: 136); Beltrán (1987: 71); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 143); Magalhães (2007: 104); Brea López & Fernández Guiadanes (2014: 85-86).

Variants manuscrites


6 meu] meo B   9 Deus] des V; perdon] ēpar B : enpar V   13 en] E B   14 vos] uus V   15 ven] uou V

Variants editorials


En Nunes o v. 4 de cada estrofa forma parte do refrán e, ao final da cantiga, repite os vv. 14-15, que son presentados como unha fiinda.

4 vos ... vos] vus ... vus Reali   9 vos ... vos] vus ... vus Reali; se Deus vos perdon] se Deus vos empar Nunes : se Deus vos enpar Reali   11 vos] vus Reali   14 vos] vus Reali   15 amigo [i]] amigu’i Nunes : amigo Reali : amig’i Littera

Paràfrasi


(I) –Vexo eu, miña filla, segundo me parece, vir polo mar as barcas novas en que se foi o voso amigo de aquí. 
–Non vos pese, madre, así Deus vos ampare, irei ver se vén o meu amigo nelas. 

(II) –Coido eu, miña filla, no meu corazón, que aquelas son as barcas novas en que se foi o voso amigo de aquí. 
–Non vos pese, madre, así Deus vos perdoe, irei ver se vén o meu amigo nelas. 

(III) –En verdade, filla fermosa, vexo eu polo mar vir as barcas en que se foi o voso amigo de aquí. 
–Non vos pese, madre, en canto eu puider ir (alá), irei ver se vén o meu amigo nelas.

Mètrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10B 10a 10B

Encontros vocálicos: 15 amigo[i]

Notes


Text
  • 1

    En convivencia con outras fórmulas alternativas (véxase nota a 65.3, 230.10, 415.29), a frase formularia de tipo relativizante por excelencia é a meu cuidar ou a meu coidar (tamén ao meu cuidar, 435.17; en meu cuidar, 746.3; a seu cuidar, 1659.3), que aparece ao longo do corpus da poesía trobadoresca profana. Ora ben, este sintagma presenta outras variantes amplificadas, como aquant’é meu coidar (tamén en 275.8), que conviven con quant’é meu cuidar (187.9, 549.14), aquant’é meu coidar (228.8) e quant’é a meu cuidar (só en 454.5) e con outras variantes amplificadas: segundo quant’é meu cuidar (1401.10), segund’agora meu cuidar (92.2).

  • 9

    Nótese o lapso de copia en BV que repiten empar (<ēpar> B, <enpar> V) do v. 4, 
    probabelmente por contaminación coa primeira estrofa xa no antecedente ou antecedentes dos apógrafos. Este feito provocou que Nunes non considerase a existencia dun refrán intercalar e que estendese o refrán aos últimos tres versos de cada estrofa. A estrutura rimática indica que se Deus vos empar debe ser emendado para se Deus vos perdon, en rima cos vv. 6-7. Cfr. nota a 1677.11.

  • 11

    A frecuente frase formularia por non mentir, que permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc. Véxase nota a 25.19, 92.6, 113.16.

  • 14

    A relativa frecuencia da terminación gráfica -us no Cancioneiro da Vaticana en voces en que é xeral a terminación -os alcanza tamén ao pronome persoal vos, que por veces aparece como <uus> (cfr. un antecedente <uꝯ>), tal como acontece tamén no Cancioneiro da Ajuda.

  • 15

    Este verso do refrán presenta unha leve variación gráfico-fonética a respecto dos anteriores, por canto presenta amigoi fronte á crase amig’i. Cfr. nota a 27.4.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat