234 [= RM 71,7]
Venh’eu a vós, mia senhor, por saber

– Venh’eu a vós, mia senhor, por saber,
do que ben serve e non falec’en ren
a sa sen[h]or e lh’a sen[h]or faz ben,
qual deles deve máis gradecer.
– Amigo, máis dev’o ben a valer,
ca, se o ben dad’é por [o] servir,
o servidor deve máis a gracir.
– Quen ben serve, sen[h]or, sofre gran mal
e grande afan e mil coitas sen par,
onde devia bon grado a levar,
se mesura da sa sen[h]or non fal.
– Amigo, máis é o ben e máis val,
ca, se o ben dad’é por o servir,
o servidor deve máis a gracir.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscripts


B 249

Editions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 13 [= LPGP 468]); Littera (2016: I, 545).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 105); Machado & Machado (1950: II, 10-11); Rios Milhám (2018a: II, 234).

Manuscript variants


10 onde devia] vude dema B

Editorial variants


2 serve] serv(e) Nunes   4 gradecer] [a] gradecer Nunes : [a]gradecer Littera   9 grande] grand(e) Nunes   10 grado] grad(o) Nunes

Paraphrase


(I) –Veño eu a vós, miña señora, por saber, do que ben serve e non lle falla en nada á súa señora e a señora lle fai ben, cal deles debe estar máis agradecido.

–Amigo, o ben (da señora) debe valer máis, porque, se o ben dado é polo servizo, o servidor debe estar máis agradecido.

(II) –Quen ben serve, señora, sofre un gran mal e un grande afán e mil coitas sen par, alí onde debía ser recoñecido con agradecemento, se a mesura da súa señora non falta.

–Amigo, máis é o ben (da señora), e máis vale, porque, se o ben dado é polo servizo, o servidor debe estar máis agradecido.

Metrics


Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10a 10C 10C (= RM 139:5)

Encontros vocálicos: 2 servee; 4 má·is; 9 grandeafan; 10 gradoa

Notes


Text
  • 4

    A contaxe bisilábica de mais evita a adición da preposición a na perífrase dever + gradecer, aínda que nas restantes aparicións (vv. 5, 7, 10) está presente. Existen indicios suficientes para considerar que a bisilabicidade de mais (ou máis) era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c).

  • 8

    O paralelismo co íncipit aconsella fixar senhor como vocativo, embora a secuencia textual permita ler senhor como CD de serve; isto é:

    Quen ben serve sen[h]or sofre gran mal
    e grande afan e mil coitas sen par.

  • 10

    A lección <vude> suxire unha forma unde (cfr. outras formas minoritarias como nume ‘nome’), forma absolutamente extraordinaria na produción medieval por máis que teña unha presenza residual nalgún dialecto galego. É por isto que se debe considerar un erro <o>/<u>~<v>.

Search
    No results