113 [= RM 115,11 (= 135,3)]
Vi eu donas encelado

Esta cantiga fez Pero Velho de Taveiroos e Paai Soarez, seu irmão, a duas donzelas mui fremosas e filhas-d’algo as[s]az que andavan en cas Dona Maior, molher de Don Rodrigo Gomez de Trastamar. E diz que se semelhava ũa a outra tanto que a dur poderia homen estremar ũa da outra; e seendo ambas ũu dia folgando per ũa sesta en ũu pomar, entrou Pero Velho de sospeita; falando con elas, chego[u] o porteiro e levantó-o end’a grandes empuxadas e trouve-o mui mal.

– Vi eu donas encelado
que ja sempre servirei
porque ando namorado;
pero non vo-las direi
con pavor que delas ei:
as[s]i mi an lá castigado!
– Vós, que es[s]as donas vistes,
falaron-vos ren d’amor?
Dizede: se as cousistes,
qual delas é [a] melhor?
Non fostes conhecedor,
quando as non departistes.
– Ambas eran-nas melhores
que omen pode cousir:
brancas eran come flores;
mais, por vos eu non mentir,
non nas pudi departir:
tanto son bõas sen[h]ores!
– Ali perdeste-lo siso
quando as fostes veer,
ca no falar e no riso
poderades conhec[er]
qual á melhor parecer,
mais fali[u]-vos i o viso.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscrits


B 142

Edicions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 775-776); Vallín (1995b: 95-97 [= LPGP 876]); Lagares (2000: 110 [rúbrica]); Lopes (2002: 43); González Martínez (2012b: 250); González (2016: 445-446); Littera (2016: II, 417).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 54); Machado & Machado (1949: I, 202-203); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 118-119); Rios Milhám (2017: I, 113).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 66-67); Nemésio (1961 [1949]: 28); Torres (1977: 511); Correia (1978: 60); Cátedra de Lingüística e Literatura Galega (1980: 18 [rúbrica]); Delgado León (1996: 42-43); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 238-239); Diogo (1998: 44-45); Arias Freixedo (2003: 265-266); Gutiérrez (2023: 243).

Variants manuscrites


Rúbrica: seu irmão] seū jrmāao B; molher] Molhōr B; Trastamar] cras / tamar B; e seendo ambas] escendo antas B; elas] ellas B; e levantou-o] eleuācooᵘ B

Texto: 1 Vi] Dy B; encelado] en celladaᵒ B   8 -vos] n B   9 cousistes] consists̄ B   12 departistes] de p̃nsts̄ B   16 vos] uos B   17 departir] depart’ B   18 son] sam B   21 ca] ta B; riso] iriso B

Variants editorials


Rúbrica: Gomez] Gomes Littera; semelhava] semelhava[m] Littera; ũu ... ũu] un ... un Michaëlis : um ... um Littera; sospeita; falando] sospeita, falando Lagares : sospeita [e], falando Littera; chego[u] o] Chegô-o Michaëlis

Texto: 1 encelado] en celado Michaëlis : em celado Lopes, Littera   7 Vós] Des Michaëlis, Lopes, Littera   8 vos] vus Michaëlis   9 cousistes] con[ho]cistes Vallín : conhocistes Michaëlis   13 eran-nas] eran-n-as Michaëlis, eran’as Littera   16 vos] vus Michaëlis, vós Vallín   17 non nas] nõn’as Lopes, Littera   18 son] sam Vallín, Lopes, Littera   19 perdeste-lo] perdeste-l’o Lopes, Littera   22 conhec[er]] conhocer Lopes, Littera   24 vos] vus Michaëlis; o viso] juízo Lopes

Mètrica


Esquema métrico: 4 x 7’a 7b 7’a 7b 7b 7’a (= RM 79:20)

Encontros vocálicos: 6 mian

Notes


Rúbrica
  • Transcribimos levantó-o, xa que o que semella unha corrección no manuscrito cun <u> voado para introducir podería corresponder á copia da eventual plica que puidese haber na secuencia <óó> no antígrafo; neste sentido, nótese como o manuscrito achega tamén <chegoo>, aglutinación gráfica de forma verbal e artigo en que parece terse producido tamén a mesma redución da secuencia trivocálica /’ouo/.
    Por outra banda, fronte á forma xeral trouxe do corpus, como pretérito de trager, a variante trouve corresponde a unha forma analóxica cronoloxicamente posterior, pouco documentada en textos da Galiza e relativamente frecuente en textos portugueses serodios.

Text
  • 1

    A pesar da separación gráfica na lección <en cellada> de B, a opción de encelado ‘escondido’ non parece ter dúbidas, xa que, mentres que do sintagma en celado non se rexistran ocorrencias na lingua medieval, encelado atéstase no Corpus Galego-Portugués Antigo

    et de quen quer que a tenna encelada et ascondida ou mal parada (doc. 1355).

    Canto á grafía <ll> en <en cellada>, alén de se rexistrar en múltiplas ocorrencias de nulho nos apógrafos italianos (especialmente en B) en vez de <lh>, só se acha de forma esporádica como grafía etimolóxica en voces con /l/ procedente, en xeral, da xeminada latina (ali, bailada, castelo, cavalo –e cavaleiro–, esmola, querelar, Varela, vassalo, Vilanansur etc., con especial incidencia en ela, aquela e ele/s), moi esporadicamente na forma do pronome el (e mais do artigo el-) (véxase nota a 637.2), nalgunha asimilación do artigo ou do pronome (véxase notas a 6.32 e 918.11) e, finalmente, en voces co secuencia fonética [ɾl], que é transmitida sistematicamente en BV coa grafía <rll> (véxase nota a 392.9).

  • 7

    A modificación da lección manuscrita que efectuou Michaëlis (seguida por Lopes e Littera) anula unha frecuente expresión no inicio de cantiga ou estrofa que se caracteriza por unha concordancia ad sensum. Véxase un caso similar, con omisión da preposición a, en 448.22-23.

  • 9

    A lectura conhocistes, de Michaëlis e Vallín, é errada do punto de vista paleográfico (<n>/<u> constitúe un erro banal), e problemática do punto de vista morfolóxico (pola anómala e rara desinencia -istes na P5 de pretérito regular de segunda conxugación) e problemático do punto de vista semántico, pois o sentido de ‘ver, contemplar, observar con atención’ do provenzalismo cousir acae moito mellor ao contexto.

  • 11

    Nesta cantiga rexístranse conhecedor (tamén en 380.16) e conhecer, documentación única (v. 22), e fronte aos xerais conhocer e conhocedor, que se corresponden coa base cognoscere antes da disimilación consolidada modernamente1 .

  • 12

    A lectura departistes, do verbo departir (‘explicar con argumentos, razoar sobre algo’) provén da consideración do erro <n>/<ti>, paleograficamente ben explicábel e documentado, por exemplo, en 1621.14, onde <andou> de V é erro de copia por a ti dou.

  • 13

    Para alén da aparición da variante no do artigo após con, quen, ben, non e nen, non é moi frecuente o uso deste alomorfo após forma verbal acabada en nasal, aínda que é produto, de modo similar ao que acontece con -lo tras -r ou -s, da asimilación da consoante nasal final co forma arcaica do artigo (-n+lo > -n+no): perderon-no sén (202.16), [e] perdian-na color (489.12), «Venhan-nas barcas polo rio / a sabor» (1167.4), pesa-lhes én / e razoan-no ben por mal (1447.21).

    Similar situación se produce nas Cantigas de Santa Maria, onde podemos achar o mesmo alomorfo no artigo e/ou pronome: cab’ o altar u tangen-na canpãa / do Corpus Domini (CSM 69.38); e prometeu poren / hu͂a que lle nacera de en orden-na meter (251.13).

  • 16

    A frecuente frase formularia por non mentir, que permite a interpolación de diversos elementos (por vos non mentir, por vos eu non mentir etc.), equivale a outras expresións de certeza, como per bõa fe, de pran etc.

  • 18

    Somente Vallín e Lopes manteñen a lección san ‘son’ que semella un simple erro <a>/<o> (cfr., por exemplo, <nã> BV non, 382.15), xa que non é posíbel nesta altura cronolóxica a confusión fonética nas terminacións -an / -on, que comezou no territorio portugués a partir do século XV.

  • 19

    Nótese -l’o en Lopes Littera, con errada segmentación dun artigo xa presente en -lo. Ainda que siso ten diversas ocorrencias no corpus, perder o siso é documentación única na poesía trobadoresca.

  • 24

    Viso ‘vista, visión’ (< uīsum) é atestación única na poesía profana; na prosa é tamén palabra rara: no CGPA aparece algunha vez con sentido de ‘rostro, face, expresión’ e só achega dúas ocorrencias coa mesma semántica que a da cantiga:

    que façan et ergan en maneyra que non enbargem o viso das feestras do balcon da outra mina casa que esta a so nesta (doc. 1347).

    Tamén na Crónica de D. João I, de Fernão Lopes (cfr. CGPA):  

    e como os virom hir daquella guisa, derom logo vollta, e disserom ao Arçebispo e aos outros que ja pareçiam no viso [de] Paramos. 

    O sintagma visos altos pode verse na tradución galega da Crónica de Castilla e da Estoria de España (Lorenzo 1975: I, 811) e mais na Crónica de 1344 (Cintra 1952-1990: IV, 408).

  1. ^

    Non achamos ocorrencias destas variantes, coas diversas formas gráficas, no TMILG. No CGPA e mais no CdP só se rexistran en obras do século XV, cronoloxicamente posteriores á poesía trobadoresca.

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat