869 [= RM 14,15]
Vi eu, senhor, vosso bon parecer

Vi eu, senhor, vosso bon parecer
por mal de min e destes olhos meus,
e non quis pois mia ventura nen Deus
nen vós que podess’eu coita perder;
e, pois me vós non queredes valer,
breu crey que sera mia vida,
gentil dona, poys no·us vey,
tan vos vey d’amor cabida.
Des que o vosso bon parecer vi,
nunca pois [...............................
..................................................
..................................................
.................................................]
Bella, dolça rens,
Deus preu que vos praya,
s·us prendatz merces
de mi, que joy aya.
Assi me ten en poder voss’amor
que sempre cuid’en como poderei
vosso ben aver, que non averei,
mal pecado, enquant’eu vivo for,
mais end’ei eu conort’e sabor.
Gentil dona, tan m’etz cara
que agaita mon vezir
quan veiray la vostra cara.
E d’amor esto m’ampara
lo gran sabor de servir
que ai, se non lo m’el matara.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscrits


B 875-876-877-878, V 459-460-461

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 287+288); Tavani (1993 [1963]: 106 [= LPGP 127]); Littera (2016: I, 127-128).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 169-170); Braga (1878: 87); Machado & Machado (1953: IV, 207-209); Fernández Pousa (1954: 26-27).
III. Antoloxías: Tavares (1943 [1923]: 37); Tavares (1961: 30).

Variantes manuscrites


4 coita] corta V   6 crey] creu B : cren V   7 no·us vey] (iten) uen B : nō uen V   8 vos vey] uos uay B : nos uay V; d’amor] caman V; cabida] courda B : conida V   9 vi] mj B   9-10 om. V   14 dolça] dolca B   15 preu] reu V; praya] p\r/aya V   16 s·us prendatz] Sos prendas B : sos prendas V   17 que joy aya] queo uaya B : que jouaya V   18 poder] om. B   18-19 voss’amor / que] uossa mor (que) / que V   21 vivo] ujno B   22 end’ei] entey BV   23 m’etz cara] mescara B : mestara V   24 agaita mon vezir] agay tan mun uegir BV   25 quan veiray] quam uigay BV   26-28 om. V   26 d’amor esto] damores tu B   27 servir] Serquir B

Variantes éditoriales


6 breu crey que sera ma vida] breve creo que será mha vida Nunes : brey crey que ser ma vida Tavani : breu crey que sera ma vida Littera   8-16 om. Nunes   22 end’ei eu] ent[ant’] ey eu Nunes : end’eu hei Littera   23-28 om. Nunes   24 agaita mon vezir] agaira mon vegir Littera   26 E d’amor esto m'ampara] E d’amores tu m'ampara Tavani : E d’Amor esto m'ampara Littera   28 ai] hei Littera; lo] já Littera

Paraphrase


(I) Vin eu, señora, a vosa fermosura para mal de min e destes ollos meus, e non quixo despois a miña ventura nin Deus nin vós que eu puidese perder a coita; e xa que vós non me queredes valer, breve creo que será a miña vida, xentil dona, porque non vos vexo, tanto vos vexo cumprida de amor.

(II) Desde que vin a vosa fermosura, nunca despois [...]

Bela, doce cousa, prégolle a Deus que vos praza que teñades mercé de min, para que eu sinta gozo.

(III) Así me ten en poder o voso amor que sempre penso en como poderei obter o voso ben, que non obterei, desgrazadamente, en canto eu estiver vivo, mais diso recibo conforto e pracer.

Xentil dona, tanto me é querida que a miña vista está atenta a cando verei a vosa cara.

E isto é o que me ampara de Amor: o gran gusto que teño de servir; se non, aló el me matara.

Métrique


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10a 7’C 7D 7’C (I [= RM 145:1]) + 10a [****] + 5C 5’D 5C 5’D (II [= RM 147:1]) + 10a 10b 10b 10a 10a + 7’C 7D 7’C + 7’C 7D 8’C (III [= RM 146:1])

Encontros vocálicos: 22 ma·is

Notes


Texte
  • *

    Esta composición, editada con pleno criterio filolóxico por vez primeira na edición crítica de Tavani, fora dividida por Nunes en dúas cantigas diferentes, constituídas pola estrofa primeira (cantiga CXXXIX) e terceira (cantiga CXL), sen os fragmentos provenzais. 

    A introdución destes textos en provenzal lembra o procedemento utilizado na cantiga 864, tamén de Airas Nunez, única no corpus por presentar cobras independentes que funcionan a modo de refrán.

  • 6

    A forma mia (<mha> BV) semella unha contaminación galega no problemático provenzal transmitido polos cancioneiros..

  • 22

    A partir da lección <entei> de BV, interpretado como end’ei, polo contexto tamén podería considerarse ant’ei: mais ant’ei eu conort’e sabor (‘Non terei o ben dela, antes teño conforto e sabor en poder vela’).

    A forma conorto constitúe outro provenzalismo, máis utilizado na poesía profana do que a variante patrimonial conforto. Cfr. nota a 624.16.
    Por outra parte, considerando a posibilidade de contaxe bisilábica de mais (Ferreiro 2016c), non é nececesaria reintegración ningunha para que o verso funcione como decasilábico.

Rechercher
    Aucun résultat trouvé