I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 80); Tavani (1988a: 253 [= LPGP 485]); Cohen (2003: 137); Littera (2016: I, 567).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 95-96); Braga (1878: 50); Machado & Machado (1952: III, 318).
III. Antoloxías: Torres (1977: 137); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 114); Arias Freixedo (2003: 510-511).
4 morria] moiria BV 7 guarria] guairia B 9 ve[e]-lo] Volo B : uelo V 12 guarria] guarira BV 13 mandei] mando BV 14 por] Pre B : pe V; del] dele BV 18 gran] g̃ra B 19 mandei] mandoy BV; enton] encō V
10 quen] que[n] Nunes; o] no Nunes, Tavani 12 guarria] guarira Cohen, Littera 13 mandei] mando Tavani 14 del] dele Tavani
(I) Vistes, filla, estoutro día cando vos dixen que eu vía con moito agrado que fósedes ver o voso amigo que morría? Non volo dixen polo seu ben, senón porque alguén que o viu me dixera que xa non se salvaría.
(II) Por outra razón non vos mandaría velo, mais ouvín dicir a quen o viu así xacer que xacía tan coitado que non se salvaría por nada; mandéivolo ir ver por iso, polo mal que por causa del vos viría.
(III) E porque non podería falarvos nin coñecervos nin sentir o gozo da vosa presenza, aínda que moito vos amaba, mandéivolo ir ver entón por isto, non por outra razón, filla, por Santa María.
Esquema métrico: 3 x 7’a 8b 8b 7’a 8c 8c 7’a (= RM 161:284)
Repárese en como, a pesar do hiato versal, o pronome presenta o alomorfo no (v. 7) após quen (v. 6), tal como é frecuente ao longo do corpus embora sexa extraordinaria a súa aparición nun tal contexto.
Sendo teoricamente posíbel a aparición do antepretérito guarira neste verso, que os manuscritos mostran, é moi probábel que se trate dun erro pola forma guarria de pospretérito (tamén no v. 7), tal como todos os editores consideraron agás Cohen e Littera, que manteñen a forma dos apógrafos
Neste verso o contexto leva tamén a emendar a lección mando dos manuscritos para unha forma mandei de pretérito, paralela á presente no v. 19, considerando un erro <o>/<ei> que se rexistra nalgún outro contexto (véxase 460.20 <dota> deita[de-a]).
Nótese que a forma pronominal ele dos manuscritos provocaría un verso hipermétrico, como acontece nalgunhas outras pasaxes do corpus: o carácter espurio da forma máis antiga ele, fronte a el, é obvio en casos en que se trata de refrán, onde non cabe dúbida sobre a incorrección métrica de tal forma (véxase 1133.r1, que na estrofa I presenta o necesario el, fronte ao incorrecto <ele> de BV na estrofa II; algo similar acontece en 1641.r2, coa forma correcta el en todas as estrofas agás na primeira, tamén con <ele> en BV). Estes casos xustifican as necesarias emendas derivadas da métrica noutras pasaxes en que ele provoca versos hipermétricos (236.21, 491.6, 754.7, 1119.25, 1273.20 etc.).
A lección <mandoy> implica un banal erro <o>/<e> (<mandey>) para poder fixar unha forma de pretérito, aconsellada polo contexto (cfr. o adverbio enton), por moito que na edición tavaniana se prefira a forma mando de presente no v. 13, tempo ausente en toda a cantiga.