790 [= RM 81,20]
Vistes vós, amiga, meu amigo

Vistes vós, amiga, meu amigo,
que jurava que sempre fezesse
todo por mí quanto lh’eu dissesse?
Foi-se d’aqui e non falou migo:
e pero lh’eu dixi, quando s’ia,
que sol non se fosse, foi sa via.
E per u foi irá perjurado,
amiga, de quant’el a min disse,
ca mi jurou que se non partisse
d’aqui, e foi-se sen meu mandado:
e pero [lh’eu dixi, quando s’ia,
que sol non se fosse, foi sa via].
E non poss’eu estar que non diga
o [mui] gran torto que m’el á feito,
ca, pero mi fezera gran preito,
foi-se d’aqui sen meu grad’, amiga:
e pero lh’eu [dixi, quando s’ia,
que sol non se fosse, foi sa via].
E, se m’el mui gran torto fazia,
julgue-me con el Santa Maria.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscrits


B 793, V 377

Edicions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 186-187 [= LPGP 559]); Cohen (2003: 261); Fregonese (2007: 117); Littera (2016: II, 16)
II. Outras edicións: Monaci (1875: 143-144); Braga (1878: 71-72); Machado & Machado (1953: IV, 92-93).

Variants manuscrites


9 jurou] uírou B 

Variants editorials


5 e pero] e, pero Littera   11 e pero] e, pero Littera   17 e pero] e, pero Littera   20 Santa] Sancta Fregonese

Paràfrasi


(I) Amiga, vistes vós o meu amigo, que xuraba que sempre faría por min todo o que lle eu dixese? Foise de aquí e non falou comigo: aínda que lle dixen, cando se ía, que non se fose, seguiu o seu camiño.

(II) E por onde vaia irá como quen xurou en falso, amiga, de todo o que me dixo, porque me xurou que non se iría de aquí, e foise sen o meu permiso: aínda que lle dixen, cando se ía, que non se fose, seguiu o seu camiño.

(III) E non podo acougar sen lle dicir o gran dano que me fixo, pois, aínda que me fixera firme promesa, foise de aquí contra a miña vontade, amiga: aínda que lle dixen, cando se ía, que non se fose, seguiu o seu camiño.

(1) E, se el me facía moi gran dano, xúlgueme con el Santa María.

Mètrica


Esquema métrico: 9’a 9’b 9’b 9’a 9’C 9’C + 9’c 9’c (= RM 160:305)

Notes


Text
  • 2

    Nesta cantiga aparecen dous casos de utilización de pretérito de subxuntivo (fezesse, v. 2; partisse, v. 9) con valor de pospretérito. No corpus das cantigas profanas, existen casos similares:

    ca me jurou que nunca se ja de mí partisse (345.7);

    O que jurava que me non visse
    por non seer todo quant’el disse,
    par Deus, donas, aqui [é ja!] (653.7);

    Ca preit’avia comigo,
    ergo se fosse coitado
    de morte, que se veesse 
    o máis cedo que podesse 
    (711.r1);

    ...; mais sei que, des i,
    tanto [so]fresse com’eu sofr’aqui: / ... (859.1);

    Assanhou-s’o meu amigo 
    a mí porque non guisei 
    como falasse comigo (1123.3).

    De calquera xeito, na literatura coeva rexístranse máis ocorrencias deste uso, por exemplo, na Crónica Troiana:

    Depoys que el rrey Leomedón achou seu sobriño morto, prometeu que nũca entrasse en Troya, se o nõ vĩgasse (...) Sabede que, cõmoquer que era moyto ardido, en tal gisa foy desmayado que nõ soubo que fezesse, nẽ soubo de ssy tomar cõsello (Lorenzo 1985: 224-225);

    Tamén na Crónica Geral d’Espanha de 1344 se pode ver o mesmo uso:

    E, despois que lhe todo ouve dito, rogoulhe que a conselhasse como fezesse em tal coyta como esta (Cintra 1954: II, 306).

  • 14

    A reintegración de mui neste verso para resolver a hipometría vén indicada pola súa presenza no primeiro verso da fiinda: o [mui] gran torto que m’el á feito (v. 14) / E, se m’el mui gran torto fazia (v. 19).

Cercar
    No s'ha trobat cap resultat