I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 257-258); Cunha (1999 [1945]: 119-120); Monteagudo (1984: 339-340 [= LPGP 725-726]); Littera (2016: II, 229-230).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 161); Braga (1878: 81); Cotarelo Valledor (1934: 196-197); Machado & Machado (1953: IV, 161).
1 Vou] Nou B 3 fique] Riq̅ B 4 se vos algũa] se / uos algua B : se uos algua V; nembrar] nēlrar B 5 el] om. V; partirá] parcira B : parara V 6 e] et V; por] poi B 7 coraçon] coracō B 8 coraçon] corazō V 9 d’aqui] daq̄ V 10 nembre] nēl’ B 11 mesura] melura B 12 muit’outra] muj doutra B 13 fica atan gran] fica(r) Arā igrā B 15 pois] om. V 16 meu coraçon] meu coracō meu coracō B : meu coraçō meu coraçō V; par[tir]] par B : por V 17 vós] uꝯ BV 20 sen[h]or] señ B : rey V; por] per V 21 vos] uos BV
4 algũa] algúa Monteagudo 5 ca el de vós nunca se partirá] ca de vós nunca el [se] partirá Nunes, Cunha 6 mí] min Nunes 10 nembre-vos sempr[e], e faredes i] nembre-vos d’el sempr’, e faredes hy Nunes : nembre-vos (d’el) sempr’, e faredes i Cunha : némbreuos /del/ sempre, faredes hy Monteagudo 14 no[n] o] nõ-no Cunha 19 ca nunca soub[e] amar outra ren] ca nunca soub’amar [tant'] outra ren Nunes, Cunha : ca nunca soub’amar outra ren Monteagudo 20 por] per Nunes, Cunha
(I) Voume eu, señora, e quérovos deixar encomendado este meu corazón para que fique convosco, e obraredes ben, señora, se algunha vez vos lembrardes del, pois el nunca se separará de vós; e que será de min, por Deus, señora, xa que non levo o corazón comigo?
(II) Xa que o meu corazón fica convosco, ai miña señora, e dado que me vou de aquí, lembrádevos sempre [del] e obrarades niso con mesura, pois el nada sabe amar tanto como a vós, señora; e dado que fica convosco con tanto pracer, non o debedes desamparar.
(III) E que vos praza, pois convosco quere estar o meu corazón e nunca se apartar de vós, señora, nin ir a ningún outro lugar, senón que quere, señora, vivir sempre convosco, pois nunca soubo amar outra cousa; e acordádevos del, señora, polo gran ben e pola gran mesura que vos Deus quixo dar.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= RM 161:72)
A ausencia de til en algũa ten de ser un raro lapso de copia (conservado na edición de Monteagudo), o mesmo que a súa moi esporádica omisión nalgún ou en todos os manuscritos no repetido ũa dos cancioneiros: 14.37 (<Hua> B), 226.r1 (<uã> A, <hua> B, na estrofa III), 611.4 (<hu ha> B, <hu (q) ha> V), 639.4 (<huã> B, <hua> V), 872.r1 (<hua|> B, <huã> V, na estrofa I), 900.21 (<ua> A, <hũa> B, <huã> V), 1317.1 (<|ũa> B, <|ua> V).
Para alén do problema semántico levantado polo significado da forma presente en V, parara, que apunta a que esta debe ser corrixida, os datos relativos aos erros paleográficos presentes nos apógrafos italianos sinalan no mesmo sentido, ao mostrar a moi frecuente confusión <a>/<ti> (e <a>/<ci>): <para> B parti (18.18), <Maram> B Martin (115.8), <marã> B Martin (115.22), <ca aue> B cativ’e (118.13), <parar> B partir (627.9), <partido> B, <parado> V (727.4), <parado> BV partido (1326.21), <parar> V partir (1345.13), <conssenar> B consentir (1468.15), <ama> B cima (1489.47) etc.
A hipometría versal pode ser perfectamente corrixida recuperando a vogal final de sempre, pois este adverbio presenta hiato coa copulativa noutros contextos: que amei sempre e servi (135.25), de chorar sempre e andar sofrendo (634.31). Non é necesario, pois, recorrer á integración de del efectuada por Nunes, Cunha e Monteagudo.
A lección dos apógrafos italianos mostra un evidente erro na interpretación do pronome vós, tónico neste contexto, que se presenta como átono, <uꝯ>, un erro que se rexistra nos tres grandes cancioneiros. Así, en BV, pode verse a lección errada coincidente tamén en 402.11, 16 e 17 (cfr. <uos> na v. 5), 791.13, 855.13, 920.14, 929.r1 (vv. 5, 11 e 17), 1052.5, 1111.11, 1195.15, 1264.6 etc.; do mesmo xeito, aparece en cantigas transmitidas só por un dos cancioneiros italianos: 183.17 e 185.21 (en B); 1013.1 (en V). Porén, o lapso de copia rexístrase tamén no Cancioneiro da Ajuda fronte ao Cancioneiro da Biblioteca Nacional (vós <uꝯ> A : <uos> B) en 72.13, 88.20, 90.16, 133.10, 134.24, 138.14, 315.8; e aínda existe en pasaxes con diferente lección conforme os manuscritos: 900.7 (<uꝯ> B vs. <uos> AV), 1022.7 (<uꝯ> V vs. <uos> B).
A isometría do verso tamén pode ser conseguida coa restauración da vogal final de soube (menos interventiva que a adición de tant’ de Nunes e Cunha), que presenta hiato coa vogal seguinte no único contexto similar que localizamos no corpus: mui ben soube o que d’el[e] fazer (1387.17).